Actualidade / Biografía  Vigo, 27 de agosto de 2000 Outro ex-militar arxentino acusado de gravísimas violacións aos dereitos humáns foi detido en México
Miguel Ángel Cavallo está acusado de asesiñar á galega María Elsa Martínez Mesejo (nacida en Couso-Gondomar) e o seu compañeiro Raimundo Villaflor tamén está acusado de secuestrar á ferrolana Susana Leiracha. Trátase de MIGUEL ÁNGEL CAVALLO, alias "Marcelo" e "Sérpico" que co grado de Tenente da Fragata da Armada arxentina integraba o sector Operacións do centro clandestino de detención Escola de Mecánica da Armada (ESMA) nos anos 1977 e 1978. Este militar retirado, ao igual que o arxentino Jorge Oliveira detido recentemente en Italia por orde do xuiz francés Roger Le Loir, figura tamén como querellado-imputado no sumario que o xuiz B. Garzón instrúe por Xenocidio e Terrorismo contra os militares arxentinos do período 1976-83. A Cavallo se lle atribúen, como integrante do sector Operacións, a execución dos secuestros, a sustraccións dos automóbiles e os saqueos das vivendas; ademáis de ser responsábel do sector chamado "Pecera" dentro da ESMA, onde quenes estaban no cautiverio eran reducidos á servidume. Acusáselle particularmente dos tormentos infrinxidos a Thelma Jara de Cabezas e dos asesinatos de Mónica Jáuregui, Alba Delia Aldaya, Elsa Martínez Mesejo, Raimundo Villaflor, etc. Estos macabros antecedentes non valeron para que puidera ser xulgado na Arxentina, polo que Cavallo gozando da liberdade da que se benefician os criminais cando hai impunidade, desenrolando unha próspera carreira empresarial en México DF onde reside. Fai tres días foi nomeado Director Xeral de RENAVE, o Rexistro Nacional de Vehículos de México. Sendo recoñecido o mércores por ex-detidos-desaparecidos como o seu torturador, o único lugar do mundo onde podería refuxiarse pra escapar á acción da xustiza -hoxe por hoxe e paradóxicamente- é Arxentina, país onde cometeu os seus crímenes, toda vez que as anticonstitucionais Leis de Obediencia Debida e Punto Final o amparan. Cara a Arxentina fuxía onte a tarde nun voo Cidade de México-Bos Aires con escala en Cancún. En Cancún aproximadamente ás 20:00 horas -hora española- foi detido por axentes de Interpol de México. Os organismos que integramos a acusación popular, entre as que se atopa a CIG como entidade personada na causa, solicitamos na mañá de onte ao xuiz Ruiz Polanco, sustituto temporal do xuiz Garzón, que acorde librar Orde de Detención contra Cavallo con miras a pedir a súa posterior extradición e con carácter de urxencia llela remita á sección da Interpol de México polo que se está esperado que diga o xuiz. Lois Pérez Leira é coordenador de CIG-Migración. |