|
Actualidade / Biografía
Vigo, 9 de outubro de 2000
Xosé Antonio Velo Mosquera
| |
|
Lois Pérez Leira (Enciclopedia da
Emigración)-
|
| |
 |
| Xosé Antonio Velo Mosquera. |
| |
Xosé Antonio Velo Mosquera naceu en
Celanova o 21 de abril de 1916.O seu pai Lino Velo Castiñeira faleceu cando Velo era aínda un neno.
A súa nai, Manuela Mosquera Alvarado, anos despois volveu casar cun veciño do pobo.
Desde moi novo Velo manifestou moito interese polo estudio, isto motivou que comezase algunhas carreiras que nunca
rematou. Estudiou Filosofía e Letras, realizou dous cursos de Medicina, aínda que foi a política
a súa verdadeira paixón.
A Celanova daqueles anos era una gran vila rural, e toda Ourense estaba impregnada por unha vaga de sentimentos
anticaciquis. A voz sonora e combatiente de Basilio Álvarez, o galeguismo de Risco e Otero Pedrayo; ata
Celanova tiña un alcalde republicano e masón. Todo este clima foi forxando a unha camada de mozos
inquedos, que rapidamente apreixaron o ideario galeguista. Por aqueles anos comezou unha estreita amizade con Celso
Emilio Ferreiro, veciño de Velo, con quen compartiu o gusto pola poesía e o desexo de reivindicar
a terra.
Os dous amigos constituiron o primeiro grupo das Mocedades Galeguistas, coordinado con Elíxio Rodríguez
de Bande e outros rapaces da zona, como Carlos Román e Manolo Soto.
En 1935 realizouse a II Asemblea da Federación das Mocedades Galeguistas na ciudad de Celanova, alí
foi elexido Velo, Secretario Xeral das mesmas, compartindo a dirección con mozos como Celso Emilio Ferreiro,
Avelino Pousa Antelo, Ramón de Valenzuela, etc, que anos despois foron destacadas persoalidades do mundo
cultural e político galego.
Elíxio Rodríguez, quen fora compañeiro de Velo nas Mocedades Galleguistas de Ourense lembrara
deste xeito a súa íntima relación:
| |
 |
| Pepe Velo cun neo no colo, xunto co grupo das
Mocedades Galeguistas de Celanova, diante a Casa do Concello. |
| |
“Fomos moi amigos, intimos, e 'irmáns' nas Mocedades Galeguistas, dende o día de estalar a guerra
perdemos o contacto por completo até 25 anos despóis co gallo da aventura do 'Santa María',
cando esporadicamente mantivemos algo de correspondenza.
Lémbroo como nazonalista a ultranza, activo, intelixente, extraordinario orador e, sobre todo, un grande
engado carismático que captivaba a quenes o escoitaban. Forméi equipo co il en varias ocasións
para dar mítins de propaganda en feiras da nosa comarca”.
A súa vida política mixturábaa coa literaria, a súa primeira poesía editada,
foi na revista "Nós", no ano 1935, tendo por título "Alciprés". Poema
este que demostra un estilo propio, profundo e moderno para aqueles tempos. Os seus versos son libres, cheos de
imaxes que xogan coa palabra e que a fan estalar en poesía.
Un año despois, xunto a Celso Emilio fundou a revista "Cartafol de poesía"
Celso Emilio Ferreiro no seu libro "A taberna do galo", fai unha síntese que nos achega á
figura de Velo.
“...Alto, fraco, de longo naríz, Velo fora un orador nato da escola de Basílio Álvarez. Falaba
con voz tronante pondo os brazos abertos coma un Cristo labrego. As súas palabras, que lle abrollaban dun
manantío profundo, era convincentes cheas de senso popular. Era un grande poeta, si de escasa obra, de abondosas
desventurazas.
A edade de 17 anos pubricou un poema na revista NÓS que, polo seu lirismo de avagarda, chamou a atención
da Galicia literaria daquel tempo...”.
| |
 |
| A súa dona Jovita Pérez cos seus
fillos, Lino, Manuela e Víctor, no ano 1919. |
| |
Aos 19 anos, Velo casa con Jovita Pérez con quen tivo tres fillos, Lino, Manuela e Víctor.
Cando estoupa a guerra civil, a policía detívoo, co obxectivo de que entregara os arquivos das Mocedades.
Fronte a súa negativa de delatar aos seus compañeiros foi deixado en liberdade, mais ao pouco tempo
foi enrolado no exército. Ao rematar a guerra comezou a traballar como mestre en Celanova.
Nos anos 40, Velo radicouse en Vigo. Onde puxo unha academia na rúa Carral, impartindo clases de matemáticas.
As súas actividades clandestinas leváronno a ser detido, no ano 1944. Foi acusado de actividades
antifranquistas e recluido no cárcere de Vigo onde compartiu cela, co doutor Francisco Comesaña.
Posteriormente foi trasladado ao Castelo da Coruña. Onde foi maltratado e torturado, tempo despois logrou
sair en liberdade condicional. O único lugar que tivo para agacharse, foi Celanova e para alí marchou,
refuxiándose na aldea de Moreira. Neste escondite estivo un ano e medio logrando fuxir para Portugal no
ano 1947.
O seu paso por este país foi novamente difícil, xa que a policía do réxime portugués
descubriu a súa presencia e foi detido. A dictadura lusa ten decidida a súa expulsión, mais
a presión internacional impediu dito obxectivo. O Presidente de Venezuela, Rómulo Gallegos, simpatizante
da República española interesouse polo seu caso e logrou que lle fose entregado un pasaporte de emerxencia.
Deste xeito, Xosé Velo chegou a Caracas en 1948. O seu primeiro traballo foi na ensinanza, dirixindo o colexio
Orto, que por aqueles anos, tivo fama entre os republicanos e a xente progresista de Venezuela. Tamén traballou
dando clases, como profesor na Escola da Administración do Exército Venezolano.
Ao pouco tempo de chegar, incorporouse rapidamente na colectividade galega e na loita antifranquista. Participou
de "Galeuzca", organización que estaba formada polo Consello de Galiza, os nacionalistas vascos
e cataláns.
Presidiu o Lar Galego de Caracas e participou das máis diversas actividades dos galeguistas daquel entón.
| |
 |
| Pepe Velo falando no Primeiro Congreso da Emigración
Galega en Bos Aires, ano 1956. |
| |
En 1956 representou a Venezuela no Primeiro Congreso da Emigración Galega, que se realizou en Bos Aires.
Velo tivo unha participación moi destacada neste Congreso, chamando a atención da maioría
dos asistentes, provenientes de distintos paises do mundo. A súa idea era lograr convencer a unha parte
do Partido Galeguista, da necesidade de ter unha política máis combativa con respecto ao franquismo.
En Venezuela fundou con outros exiliados do estado español a Unión de Combatientes Españois
Antifranquistas Nacionalistas Galegos (CEANGA) que dirixía o xeneral español Alberto Bayo. Entre
as iniciativas de Velo en Caracas salientamos a creación das radios "La Voz Patria" e "Radio
Claridad" quen foron portavoces da oposición antifranquista.
Co triunfo da revolución Cubana produciuse unha forte vaga rebelde, en toda América Latina. Velo
por aqueles anos militaba nas filas do marxismo, combinando sempre, coas seus ideais nacionalistas. Mentres tanto
o Partido Comunista de España abandoaba a loita armada contra Franco. Velo creía que era necesario
coordenar as loitas da esquerda do estado español e as de Portugal, para poder derrotar ás dúas
dictaduras. Este entusiasmo revolucionario levouno a fundar co xeneral portugués Humberto Delgado, Galvao
e Soutomaior o Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL).
A experiencia do asalto ao Cuartel Moncada en Cuba, fixo pensar ao Directorio na
necesidade de realizar unha acción propagandística que chamase a atención de todo o mundo
sobre a situación pola que atravesaba o estado español e o portugués. Foi así, que
o DRIL decidiu tomar por asalto o buque "Santa María", de bandeira portuguesa. Os primeiros días
de xaneiro de 1961 un grupo comando galego-portugués, dirixido por Velo, secuestrou o barco con centos de
pasaxeiros que se dirixían cara ao porto de Vigo. A noticia conmoveu ao mundo, durante semanas páxinas
enteiras estaban dedicadas a este acontecemento. Ata o recén asumido Presidente Norteamericano J. F. Kennedy,
tivo que interceder ante a magnitude dos sucesos.
| |
 |
| Libro de Hernan Muñoz Garrido, narrando
os acontecimentos do secuestro do Santa María. |
| |
Sobre este acontecemento dixo Luís Seoane no seu programa radial "Galicia Emigrante":
–“Pasaron aproximadamente dous meses, tal vez máis, desde o remate da aventura heroica do Santa María.
Os xornais deixaron de facer enquisas aos profesores de Dereito Internacional sobre se constituía ou non
un acto de piratería e acción do capitán Galvao e os seus compañeiros de empresa, esquecendo
nas súas respostas eses especialistas que apoderarse dun castelo en terra, e a historia de Portugal, unha
das máis ilustres de Europa, está fundamentada en accións mariñas. Polos camiños
máis descoñecidos do oceáno e en aventuras similares á de Galvao, consolidouse, no
pasado, o impérito e a liberdade portuguesa. A nós importa-nos agora somentes a acción dese
grupo de portugueses e galegos que fixeron cárrego do Santa María. Non nos importan as declaracións
posteriores de Galvao. E posíbel que non supere esa acción romántica de ter sabido converter
nun acto audaz o Santa María no Santa Liberdade, soñando-a para a integridade da península
Ibérica...”.
“...Un dos xefes da expedición rebelde era o profesor ourensán Xosé Velo co nome de guerra
de Xunqueira de Ambía, ao que acompañaba o seu fillo, e que o xefe de navegación era un mariño
de guerra español, exiliado, Jorge Fernández de Soutomaior. Que toda a peninsula estaba representada
por estes portugueses, galegos e de outros paises españois presentes no barco, e que a empresa fracasada
por causas seguramente alleas a eles, volvía a unir sentimentalmente ás xentes emigradas dos países
de España no soño dunha reconquista de signo parecido, e da liberdade e a do próprio chan,
a iniciada contra os musulmáns nas montañas de Astúrias hai bastantes séculos, que
eses vintecatro homes impacientes, multiplicados no seu afán, que se apoderaron no barco no caribe soñaban
na liberación dos seus povos distintos, entendéndo-se para o compromiso nas suas línguas irmás...”.
Os sucesos do Santa María foron un dos acontecementos máis importantes de denuncia da loita contra
ambas dictaduras.
A falta de coordenación e de obxextivos comúns entre os componentes do DRIL, fixo fracasar o proxecto
inicial de rematar a travesía en África, coa finalidade de alentar ás forzas anticolonialistas
a que se ergueran contra Salazar.
| |
 |
| O transatlántico Santa María chegando
a Recife-Brasil, logo da rendición, no ano 1961. |
| |
O grupo revolucionario do Santa María rematou negociando a fin da odisea, cando o goberno brasileiro lles
permitiu entregarse no porto de Recife e lles ofreceu refuxio e asilo aos combatientes.
Xosé Velo e o seu fillo Víctor, tamén integrante do comando, quedarán radicados nese
país, trasladándose a vivir a San Paulo. Nesta cidade Velo fundou a librería e editorial "NÓS"
Publicacións Galiza Ceibe, que editou unha traducción ao portugués dun libro de
poesías de Rosalía de Castro. Os últimos anos da súa vida dedicouse a escribir en distintos
xornais e revistas. Escribiu o seu libro inédito "Morra España, Viva Hespaña", onde
deu a coñecer en profundidade o seu pensamento político, facendo fincapé na necesidade de
reconstruir unha nova España, baseada na Federación das Nacións Ibéricas. Tamén
escribiu unha obra para nenos "A Rebelión dos Sinais". Comezou varios ensaios, deixando inconcluso
o seu libro de poesía, con máis de douscentos poemas, a mayoría deles sen editar. Aos 55 anos,
logo de sufrir unha longa enfermidade, falleceu o 30 de xaneiro de 1972, sendo enterrado no cemiterio paulista
de Morumbi, xunto a súa querida bandeira azul e branca de Galiza.
Lois Pérez Leira


Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com
ÚLTIMA REVISIÓN: 09/10/2000
|