ActualidadeVolver


Vigo, 29 de novembro de 2000

Manifestación en apoio aos/as traballadores/as do Concello de Dozón, en Lalín o venres 1 de decembro
Contra a represión sindical que está a sufrir a compañeira delegada Ana Lois Navaza
 

CIG-Administración Pública-



 Clic para aumentar
Clic para aumentar
Pola dignidade laboral no Concello de Dozón. Para rematar coa dictadura.
 
Hai practicamente dous anos, na campaña das anteriores Eleccións Municipais, algúns funcionarios do Concello de Dozón decidiron presentarse en candidaturas de partidos da oposición.

Ao mesmo tempo, constituíuse a Sección Sindical da CIG no Concello, á que se afiliaron cinco dos seis funcionarios que había naquel momento, e posteriormente foi elexida delegada nas Eleccións Sindicais a compañeira Ana Lois Navaza.

A partires destes feitos, comenzaron as actuacións abusivas e ordes arbitrarias por parte do alcalde contra os/as traballadores/as. Até sete cambios de horarios no ano 99; cambios de despacho deixando aos traballadores/as illados, sen teléfono, sen traballo, e coa prohibición de ler na xornada de traballo, é dicer, “mirando para o teito”; prohibición de ter teléfono móbil xa que nen lles pasa as chamadas no Concello; sen calefacción nun lugar de montaña como é Dozón, tendo que levar cada ún/ha da súa casa unha estufa para non morrer có frio, chegando ao extremo de “incautar” o próprio alcalde a estufa a unha funcionaria, devolvéndolla despois de solicitalo reiteradamente, mais inutilizando os enchufes para non podé-la utilizar.

Aínda foi mais aló, castigando, aos funcionarios que o cobraban, coa supresión do seu complemento específico.

Seguindo có relatorio de despropósitos, o alcalde abríulle dous expedientes de suspensión de emprego e soldo á delegada de Persoal, o primeiro por ano e medio, e o segundo por seis meses.

Até o momento, todas estas “barbaridades” cometidas polo alcalde están contestadas por dez sentencias favorabeis aos/ás traballadores/as, nas que se califica a súa actuación como desviación de poder, sancións encubertas, persistente actitude de adoitar decisións non conformes ao ordenamento xurídico, etc.

A CIG solicitou entrevistas có próprio alcalde, có Valedor do Povo, có secretário xeral do PP, e outras instancias, sen poder solucionar o problema.

Igualmente, a Executiva Confederal da CIG decidiu celebrar, o mes pasado, o seu Secretariado Confederal Ordinario en Dozón, solicitando entrevistarse có alcalde, ao que non accedeu.

Tamén se presentaron Proposicións non de Lei, preguntas orais e outras iniciativas parlamentares no Parlamento de Galiza, a través do BNG, para que se tomen medidas que supoñan o remate desta persecución obsesiva por parte do alcalde.

Diante desta situación, o Secretariado Confederal acordou convocar unha manifestación para o venres, día 1 de decembro, ás 11,30 horas, en Lalín, en apoio aos/as traballadores/as do Concello de Dozón e contra a represión sindical que está a sufrir a compañeira delegada Ana Lois Navaza.

-POLA DIGNIDADE LABORAL NO CONCELLO DE DOZÓN.

-NA DEFENSA DAS LIBERDADES E DEREITOS FUNDAMENTAIS.

-CONTRA A ACTITUDE CACIQUIL DO ALCALDE DE DOZÓN.

¡PARTICIPA NA MANIFESTACIÓN DO VENRES, DÍA 1 DE DECEMBRO, QUE SAIRÁ ÁS 11,30 HORAS DO VELLO CAMPO DA FEIRA DE LALÍN!

Volver


Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 30/11/2000