|
Actualidade / Biografía Xosé María Barreiro: Periodista,
agrarista, fundador da Casa de Galiza de Montevideo Lois Pérez Leira-
Enciclopedia da Emigración
Desde mozo tivo unha gran inclinación polas letras e a música. Pertencía a unha familia de boa situación económica, a cal fixo os esforzos necesarios para que o seu fillo tivera unha cultura e unha formación moi difícil de conseguir por aquelos anos. Cando Barreiro cumpre a maioría de idade comeza a relacionarse cos xoves escritores e artistas da súa época. É así como establece amizade en Santiago de Compostela con Rafael Dieste e Alfonso Castelao. Nos seus anos xuvenís comeza o seu amor pola música fundando en 1900 a Banda Popular de Música de Baiona. No ano 1905 funda o Orfeón “Os Baioneses”. En Vigo estrea en 1911 a Zarzuela “A Virxe da Roca” con música de Ángel Redulfo. As súas inquietudes literarias e os seus fortes conviccións agraristas o levan a fundar o 31 de agosto de 1902 o semanario independente “El Valle Miñor” que saía os domingos a tan só dez céntimos. No 1904 edita o semanario “El Miñor” poñendo como director a Cándido del Río Jiménez. O periódico era tamén semanal, tiña catro páxinas e contaba cunha imprenta propia. O 24 de outubro de 1910 comeza a editar o “Heraldo de Baiona”, o cal saía os martes. Barreiro comeza a ser un escritor comprometido cos interese de Galiza fundamentalmente coa loita agrarista de principios do século XX. Con estas ideas funda o 19 de marzo de 1914 o periódico “Pueblo de Bayona” onde encabeza unha campaña contra os caciques propietarios da terra. No 1915 participa do II Congreso Agrario Provincial de Pontevedra. As ideas de Barreiro por aquelos anos estaban moi ligadas á librepensamento e á rexionalismo galego de Murguia.
Nos conta Zuvillaga que Barreiro estreo varias obras teatrais: “Gente de mar” (1917), drama en verso cuia acción ocorre en Baiona en 1880; “La Romería de San Roque de Vigo” (1918), Sainete Lírico; “Pan Quente” (1919), comedia de costumes. Barreiro escribiu poesías en galego e castelán foi director de orquestra e coros. Segundo nos conta Zuvillaga “ao campo da case inexistente filmografía galega aportou un documental sobre costumes e paisaxes de Galiza, de 1918”. Barreiro intenta converter ao Centro Galego de Montevideo nunha entidade mutualista, fronte á resistencia dos directivos se decide a impulsar unha nova sociedade. Desde o seu periódico impulsa a fundación dunha nova casa de unidade galega de carácter mutualista-asistencial, semellante aos centros galegos de Cuba e Arxentina. “A aspiración de reunir a todos os galegos nunha entidade capaz de concretar as aspiracións e anhelos de emancipación moral que sentía a colonia estaba latente no pensamento de moitos paisanos. Pero faltaba o espírito audaz capaz de alcanzar a aspiración por sobre todos os prexuízos do ambiente e que prendera a chispa inicial do movemento que había de producirse máis tarde. E este espírito chegou por fin, cun paisano que traía no seu ánimo grandes arrestos e unha facultade extraordinaria de emprendedor no seu intelixencia. Este paisano se chamou Xosé María Barreiro, e do seu breve pero fecunda actuación quedou memoria imperecedoira na obra transcendental que veñe contando”. Respondendo a súa iniciativa e previa preparación do ambiente cunha intensa campaña da súa revista “Tierra Gallega” se reunían en magna asemblea o día 4 de agosto de 1917 todos os paisanos partidarios da Unión dos Galegos con o fin de atopar o rexurdimento colectivo. Este foi o acto precursor da “Casa de Galicia”. (Revista Celtiga 1927). Será o 1 de outubro de 1917 cando oficialmente se constituía a fundación da Casa de Galicia, realizándose a primeira festa cultural o 23 de decembro de 1917. Ese mesmo ano Barreiro funda e dirixe o Orfeón Pascual Veiga pertencente á propia Casa de Galicia. A visión e o impulso de Barreiro converteron a Casa de Galicia nunha das institucións sanitarias máis importantes do Uruguai e unha das máis grandes dos galegos do exterior. En 1923 comeza a padecer unha grave enfermidade pola cal decide regresar a Baiona onde fina ese mesmo año. O historiador baionés Héctor Barreiro Troncoso quen realizou unha pequena semblanza do noso biografiado o considero un destacado orador, cunha clara intelixencia e unha prodixiosa memoria. Tantos os seus veciños de Baiona como os asociados da Casa de Galicia o recordan a través de sendos monumentos (un no cemiterio de Baiona e outro na porta do Sanatorio Casa de Galicia) en honor a súa prestixiosa figura.
Lois Pérez Leira.
Bibliografía consultada:
ÚLTIMA REVISIÓN: 26/11/2000
|
|||||||
|