Actualidade As armas da nova orde mundial de Washington son capaces de provocar cámbios climáticos Michel Chossudovsky- O importante debate sobre o quecimento global baixo os auspícios da ONU non dá mais que unha visión parcial do cámbio climático, fóra dos impactos devastadores das emisións de gases de efeito invernadoiro sobre a capa de ozono, o clima do mundo pode agora ser modificado como parte dunha nova xeración de sofisticadas "armas non letais." Tanto os estadounidenses como os rusos desenvolveron a capacidade de manipular o clima do mundo. Nos EEUU a tecnoloxia está a ser aperfeizoada baixo o High-frequency Active Aural Research Program (HAARP) [Programa de Investigación de Aurora Activa de Alta Frecuéncia] como parte da Iniciativa de Defensa Estratéxica (SDI) ("Star Wars".) A evidéncia científica recente suxere que o HAARP está en funcionamento e que ten a capacidade potencial de desencadear inundacións, secas, furacáns e terremotos. Desde un ponto de vista militar, HAARP é unha arma de destrución masiva. Potencialmente, constitue un instrumento de conquista capaz de desestabilizar selectivamente os sistemas agrícolas e ecolóxicos de rexións inteiras. Ainda que non hai evidéncia de que se utilizase esta mortífera tecnoloxia, é seguro que as Nacións Unidas debesen considerar o tema da "guerra ambiental" xunto os impactos climáticos dos gases de efeito invernadoiro. Apesar dunha vasta cantidade de coñecementos científicos, o tema das manipulacións climatolóxicas deliberadas para uso militar non constituíu xamais unha parte da axenda da ONU sobre o cámbio climático. Nen as delegacións oficiais nen os grupos de acción ecolóxica participando na Conferéncia da ONU sobre o Cámbio Climático da Haia (novembro do 2000) apresentaron o tema xeral da "guerra climática" ou "as técnicas de modificación medioambiental (ENMOD)" como relevantes a unha comprensión do cámbio climático. O choque entre os negociadores oficiais, os ecoloxistas e os grupos de presión do empresariado estadounidense centrou-se na negativa absoluta de Washington de cumprir cos compromisos sobre os obxectivos de redución do dióxido de carbono adoptados no protocolo de 1997 en Kyoto. Os impactos das tecnoloxias militares sobre o clima do mundo non son un tema de discusión ou preocupación. Limitada estreitamente aos gases de efeito invernadoiro, a discusión actual sobre o cámbio climático serve os obxectivos estratéxicos e de defensa de Washington. Guerra climatolóxica A científica de reputación mundial Dr. Rosalie Bertell confirma que "científicos estadounidenses... están a traballar con sistemas climáticos como armas potenciais. Os métodos incluen a intensificación de tormentas e a diversión de correntes de vapor na atmosfera terrestre para producir secas ou inundacións dirixidas". Xa nos 70, o antigo Conselleiro Nacional de Seguranza Zbigniew Brzezinski previra no seu ensaio Between Two Ages que: "A tecnoloxia porá á disposición dos líderes dos principais países, as técnicas necesárias para conducir unha guerra secreta, das que se necesita informar só a un mínimo indispensábel das forzas de seguridade. Poderia-se empregar técnicas de modificación do clima para producir períodos prolongados de seca ou treboada." Marc Filterman, un antigo oficial militar francés, descrebe vários tipos de "armas inconvencionais" utilizando frecuéncias de rádio. Refere-se a "guerra climatolóxica," indicando que os EEUU e a Unión Soviética xa "chegaron a dominar o know-how requerido para desatar cámbios bruscos de clima (furacáns, seca) a princípios dos 80". Estas tecnoloxias "posibilitan a provocación de alteracións atmosféricas utilizando [ondas] de radar de frecuéncia extremadamente ". Un estudo de simulación de futuros "panoramas" de defensa encarregados pola Forza Aérea dos EEUU solicita: "Que as forzas aeroespaciais dos EEUU "dominen o clima" aproveitando as tecnoloxias emerxentes e concentrando o desenvolvimento daquelas tecnoloxias cara a aplicacións bélicas. Desde o melloramento das operacións aliadas ao transtorno daqueles do inimigo através do axuste en pequena escala de modelos climáticos naturais ao domínio completo das comunicacións globais e o control do espazo contrário, a modificación do clima oferece ao belixerante unha ampla gama de posíbeis opcións para derrotar ou coaccionar a un adversário... Nos Estados Unidos, a modificación do clima converterá-se probabelmente en parte da política nacional de seguridade con aplicacións tanto nacionais como internacionais. O noso governo proseguirá unha política semellante, dependendo dos seus intereses, a diferentes niveles". Programa de investigación de aurora activa de alta frecuéncia (HAARP) O Programa de Investigación de Aurora Activa de Alta Frecuéncia (HAARP) baseado en Gokoma, Alaska - administrado conxuntamente pola Forza Aérea dos EEUU e a Marina dos EEUU -fai parte dunha nova xeración de armas sofisticadas baixo a Iniciativa Estratéxica de Defensa dos EEUU (SDI). Realizada polo Directorado de Veículos Espaciais do Laboratório de Investigación da Forza Aérea, HAARP constitue un sistema de poderosas antenas capaces de criar "modificacións locais da ionosfera". O científico Dr. Nicholas Begich - involucrado activmente na campaña pública contra o HAARP- descrebe-o como: "Unha tecnoloxia súper-poderosa de transmisión de ondas de rádio que eleva áreas da ionosfera (capa superior da atmosfera) focando un feixe e quentando esas áreas. As ondas electromagnéticas rebotan entón cara á terra e penetran todo - vivos e mortos." A Dra. Rosalie Bertell descrebe ao HAARP como "un xigantesco calefactor que pode causar unha maior disrupción na ionosfera, criando non só buracos, senón longas incisións na capa protectora que impede que a radiación mortífera bombardee o planeta." Enganando á opinión pública HAARP foi apresentado á opinión pública como un programa de investigación científica e académica. Os documentos militares estadounidenses parecen suxerir, sen embargo, que o obxectivo principal de HAARP é "explotar a ionosfera para propósitos do Departamento de Defensa.". Sen se referir explicitamente ao programa HAARP, un estudo da Forza Aérea dos EEUU menciona o uso de "modificacións ionosféricas inducidas" como un meio de alterar os modelos climáticos asi como transtornar as comunicacións e o radar do inimigo. De acordo coa Dra. Rosalie Bertell, HAARP forma parte dun sistema integrado de armamentos, que ten consecuéncias ecolóxicas potencialmente devastadoras. "Relaciona-se con cincuenta anos de programas intensos e crecentemente destrutivos para comprender e controlar a atmosfera superior. Seria precipitado non asociar HAARP coa construción do laboratório espacial que está a ser planeado separadamente polos Estados Unidos. HAARP é parte integral dunha longa história de investigación e desenvolvimento espacial de natureza militar deliberada. As implicacións militares da combinación destes proxectos son alarmantes... A capacidade da combinación HAARP/Spacelab/foguete espacial de producir cantidades moi grandes de enerxia, comparábel a unha bomba atómica, en calquer parte da terra por meio de feixes de láser e partículas, é estarrecedor. O proxecto será probabelmente "vendido" ao público como un escudo espacial contra a entrada de armas ao território nacional ou, para os máis inxénuos, como un sistema para reparar a capa de ozono." Fora da manipulación climática, HAARP ten unha série de outros usos relacionados: "HAARP poderia contribuir a cambiar o clima bombardeando intensivamente a atmosfera con raios de alta frecuéncia. Convertendo as ondas de baixa frecuéncia en alta intensidade poderia tamén afectar aos cerebros humanos, e non se pode excluir que teña efeitos tectónicos. En forma máis xeral, HAARP ten a capacidade de modificar o campo electromagnético da terra. É parte dun arsenal de "armas electrónicas" que os investigadores militares dos EE.UU. consideran unha "guerra máis suave e bondadosa". Armas da nova orde mundial HAARP forma parte do arsenal de armas da Nova Orde Mundial baixo a Iniciativa de Defensa Estratéxica (SDI). Desde pontos de comando militar nos EEUU, poderia-se potencialmente desestabilizar economias nacionais completas através de manipulacións climáticas. O que é máis importante, isto pode ser implementado sen que o inimigo teña coñecimento diso, a un custo mínimo e sen comprometer a persoal ou equipa militar como ocorre nunha guerra convencional. O uso de HAARP -se fose aplicado- poderia ter impactos potencialmente devastadores no clima do mundo. Respondendo aos intereses económicos e estratéxicos dos EEUU, poderia ser utilizado para modificar selectivamente o clima en diferentes partes do mundo, o que resultaria na desestabilización de sistemas agrícolas e ecolóxicos. Tamén paga a pena sinalar que o Departamento de Defensa dos EEUU destinou recursos substanciais ao desenvolvimento de sistemas de intelixéncia e monitoraxe dos cámbios climáticos. A NASA e a Axéencia de Imaxinaria e de Mapas do Departamento de Defensa (NIMA) traballan en "imaxinaria para estudos de inundacións, erosión, perigos de escorregamentos de terras, terremotos, zonas ecolóxicas, prognósticos do tempo, e cámbios climáticos" con información transmitida por satélites. Inércia política das Nacións Unidas De acordo coa Convención Marco sobre o Cámbio Climático (UNFCC) asinada no Cúmio Mundial de 1992 en Rio de Janeiro: "Os Estados teñen... de acordo coa Carta das Nacións Unidos e os princípios da lei internacional, a responsabilidade de asegurar que as actividades dentro da sua xurisdición ou control non causen dano ao meio ambiente doutros Estados ou a áreas fóra dos limites da xurisdición nacional." Tamén paga a pena lembrar que unha Convención internacional ratificada pola Asamblea Xeral da ONU en 1997 proíbe "o uso militar ou hostil de técnicas de modificación ambiental que teñan efeitos amplos, duradoiros ou severos". Tanto os EEUU como a Unión Soviética asinaron esta Convención. A Convención define as "técnicas de modificación ambiental" como calquer técnica para mudar -mediante a manipulación deliberada de procesos naturais- a dinámica, a composición ou a estrutura da terra, incluindo a sua biota, litosfera, hidrosfera e atmosfera ou o espazo sideral". Por o que entón decidiu a ONU -ignorando a Convención ENMOD de 1977 asi como a sua própria Carta- excluir da axenda os cámbios climáticos resultantes dos programas militares? O Parlamento Europeo admite os impactos do HAARP En febreiro de 1998, respondendo a un informe da Sra. Maj Britt Theorin - membro do Parlamento Europeo por Suécia e defensora da paz de toda a vida - o Comité do Parlamento Europeo de Política de Relacións Exteriores, Seguranza e Defensa, mantivo audiéncias públicas en Bruxelas sobre o programa HAARP. A "Moción para Resolución" sometida polo Comité ao Parlamento Europeo: "Considera ao HAARP... en virtude do seu profundo impacto sobre o meio ambiente como unha inquietude global e apela a que un corpo internacional independente examine as suas implicacións legais, ecolóxicas e éticas... ; [O Comité] lamenta a repetida negativa da Administración dos Estados Unidos... a prestar evidéncia á audiencia pública. sobre os riscos medioambientais e públicos [do] programa HAARP". En funcionamento Ainda que non hai evidéncia concreta de que HAARP fose utilizado, as conclusións científicas suxeren que está en condicións de pleno funcionamento na actualidade. O que isto significa é que HAARP poderia ser utilizado potencialmente polos militares dos EEUU para modificar selectivamente o clima dunha "nación inamistosa" ou dun "estado delincuente" a fin de desestabilizar a sua economia nacional. Os sistemas agrícolas tanto nos países desenvolvidos como en via de desenvolvimento xa están en crise como resultado das políticas da Nova Orde Mundial que incluen a desregulación dos mercados, o dumping das matérias primas, etc. Documentou-se amplamente que a "medicina económica" imposta ao Terceiro Mundo e aos países do antigo bloque soviético polo FMI e o Banco Mundial, contribuíu en grande parte á desestabilización da agricultura nacional. Á sua vez, as provisións da Organización Mundial de Comércio (OMC) apoiaron os intereses do mangado de conglomerados agro-biotécnicos ocidentais na sua intención de impor sementes xeneticamente modificadas (GMO) aos agricultores en todo o mundo. É importante comprender o lazo entre os procesos económicos, estratéxicos e militares da Nova Orde Mundial. Neste contexto, as manipulacións climáticas baixo o programa HAARP (acidentais ou deliberadas) exacerbarian inevitabelmente estes cámbios ao debilitar as economias nacionais, destruindo a infraestrutura e provocando potencialmente a bancarrota dos agricultores en vastas áreas. Sen dúbida os governos nacionais e as Nacións Unidas deberan considerar as posíbeis consecuencias do HAARP e doutras "armas non- letais" sobre o cámbio do clima.
ÚLTIMA REVISIÓN: 17/12/2000 |