Actualidade / ArtigoVolver


Santiago, 29 de decembro de 2000

A recesión frota sobre a economía de EEUU
 

Ramón Maceiras-

CIG-Comunicación



Cada vez mais cifras indican que Estados Unidos entrou nunha etapa de rápida desacelerazón. Tras o anúncio de que EEUU rexistrou un menor crecemento do esperado durante o terceiro trimestre (2,4%), o governo de EE.UU. apresentou novas cifras que indican unha menor atividade económica: a caída dos ingresos persoais e o aumento do desemprego. De continuar esta liña descendente, a recesión está en portas e as consecuéncias para a economia mundial serian devastadoras.

O forte enfriamento no crecemento da economía estadounidense no terceiro trimestre (PIB de 2,4% fronte a 5,2% no segundo trimestre) xunto a unha continua caída nos prezos das accións provocaron que se espere que a Reserva Federal (FED) abandone este mes a sua posición a favor de elevadas taxas e abra o camiño cara unha pronta redución nas taxas de interés.

Ainda que dixo que a economia de Estados Unidos non está tan en perigo como o estivo en outono de 1998, cando a Fed tivo rapidamente que cortar as taxas de interés, Alan Greenspan (presidente da FED) indicou que estaba preocupado por várias sinais que indicaban unha pronunciada desacelerazón.

Os ingresos dos particulares en Estados Unidos sofreron en octubre a sua primeira caída en case dous anos ao mesmo tempo que a medra do gasto se desacelerou de maneira substancial. Os ingresos persoais cairon un 0,2% durante o mes pasado tras a forte suba do 1,1% en setembro, dixo o Departamento de Comércio.

Os aforros dos particulares, como porcentaxe de ingresos dispoñíbeis, cairon dunha taxa negativa do 0,2% en septiembre ao 0,8% este mes.

Por outra parte, o número de estadounidenses que solicitaron por primeira vez o seguro por desemprego subiu durante a última semana ao nível mais alto nos últimos dous anos, o que tamén demostra unha clara desacelerazón na economía.

O Departamento de Traballo de EE.UU. informou nun comunicado o xoves que as solicitudes de seguro de desemprego aumentaron en forma inesperada en 19.000 a 358.000 na semana finalizada o 25 de novembro.

Pero outro grande problema albisca-se no horizonte: as empresas estadounidenses encaran un exceso de capacidade en sectores cruciais da economia.


Crise de sobreprodución

De Detroit a Newark, Delaware, as fábricas de veículos agardan mentres a indústria loita con inventários enormes. O venres pasado, as tres principais empresas automotrices estadounidenses reportaron as piores vendas no que vai do ano. Unha enquisa mais amplia realizada aos xerentes de compras emitida durante os mesmos dias mostra que os fabricantes estadounidenses, desde textis até papeleiras, frearon o seu paso en novembro por cuarto mes consecutivo.

A medida que a expansión económica sen precedentes de Estados Unidos comeza a desacelerarse despois de cinco anos de exuberáncia, cada vez mais empresas están a descobrir que teñen mais capacidade da que necesitan. Isto poderia ser un argumento a favor de reconsiderar a tan cacarexada invulnerabilidade da Nova Economía e un mau sinal para a prosperidade de EE.UU. nos próximos meses.

Durante anteriores momentos de auxe, os executivos de negócios tendian a deixar-se levar, construindo demasiadas novas tendas e fábricas mesmo cando a demanda polos seus productos se releixaba. Iso empiorou o golpe cando finalmente chegou o desplome e se viron obrigados a desfacer-se da sua capacidade inutilizada.

Esta vez decía-se que ia ser diferente. Os mercados de capital subpuña-se que farian un traballo moito mellor que o que fixeron os banqueiros cando deixaron de financiar ás empresas. As novas tecnoloxias, como os sofisticados programas de software que rastrexan compras, inventário e liñas de fornecemento, subpuña-se que darian mellor información acerca dos seus mercados. Iso ia-lles permitir axustar a produción á demanda e de paso allanar, ou mesmo eliminar, os vellos ciclos de auxe e caída.

Pero non foi asi e novos focos de exceso de capacidade xurden cada semana, o que aumenta a preocupación de que -se a demanda dos consumidores cai drasticamente- o exceso de inventário se converterá no grande problema do ano que ven. O tema sona semellante ao ocorrido en Xapón, onde os titáns corporativos se expandiron confiadamente durante os 80, proclamando unha nova era de alto crecemento. Cando os mercados financeiros e de bens raíces colapsaron e a demanda se desplomou a princípios dos 90, as empresas estaban atascadas con moita mais capacidade da que se necesitaba, o que axudou a profundar o atolladero económico do que ainda ten que sair a nación nipona. "Non creo que estexamos fronte a un problema de exceso de capacidade", dicia William Dudley, economista de Goldman, Sachs & Co, a The Wall Street Journal. "Pero non se sabe até que chega a caída, Japón se via ben até que deixou de ver-se ben", agrega. Toda unha ironía sobre o que se aveciña...
Volver


Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 29/12/2000