ActualidadeVolver


Vigo, 10 de xaneiro de 2001

A CIG perante a visita da Mesa do Parlamento galego á Arxentina
O Departamento de CIG-Migración denuncia a exclusión de organizacións representativas da colectividade galega (nacionalistas ou de esquerda) en Bos Aires por parte da Mesa do Parlamento.
 

CIG-Migración-



 Clic para aumentar
Castelao na Federación de Sociedades Galegas, en Bos Aires.
 
A CIG quere manifestar a sua preocupación unha vez máis sobre a falta de sensibilidade desta institución ante a grave situación pola que atravesa a nosa emigración neste país. Polo que sinalamos o seguinte:

Esta visita tería que estar centrada en coñecer directamente a través dos sectores máis afectados a actual situación de gravidade pola que atravesa a nosa emigración, que estes días estivo moi ben reflexada nos medios de comunicación galegos.

A pesar disto, a comitiva da Mesa do Parlamento está realizando un programa organizado polas institucións máis conservadoras da colectividade onde a nosa emigración, por carecer de recursos, elle imposibel asistir.

Que entre as actividades previstas está a homemaxe a Castelao, organizada por entidades que pouco tiveron que ver coa traxectoria do propio Castelao, e que neste caso excluíron dos actos ás entidades máis progresistas, como a Federación de Sociedades Galegas e o Centro Betanzos, tan vinculadas á vida de Alfonso Daniel Castelao.

Que a non visita institucional da comitiva ás instalacións da Federación de Sociedades Galegas en Arxentina, é un acto máis de discriminación e descoñecemento da nosa propia historia, xa que a Federación foi unha das institucións patrióticas máis importantes da historia da nosa emigración, chegando a ter dous deputados en representación da emigración, na Segunda República, e sendo a entidade que máis loitou contra o franquismo e a prol da liberdade de Galiza. Mentras que todas as entidades que vai visitar a delegación do Parlamento adicábasen a facer grandes comilonas e conqueteaban coas autoridades do réxime franquista.

Por último, queremos sinalar que, a parte do valor histórico da Federación, é a única institución que ten denunciado e mobilizado para esixir que o Governo español e galego tomen as medidas necesarias para resolver os graves problemas polos que atravesa a nosa emigración. E sen embargo esta delegación prefire visitar un colexio privado, onde a meirande parte do alumnado son coreanos, ir de banquete en banquete, aloxarse no Hotel Sheraton (un dos máis luxosos de Arxentina), e presenciar un dos espectáculos de tango máis caros da cidade de Bos Aires.


Vigo, 8 de xaneiro de 2001.

Lois Pérez Leira.
Coordinador do Departamento de Migración da CIG.

Volver


Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 10/01/2001