Actualidade / Artigo Avaliación do “Acordo de Pensións” Luís Burgos Diaz- Despois do “Decretazo” do Governo a favor da patronal, xeneralizando os casos de despedimento máis barato e incrementando a precariedade laboral, este novo acordo deixa clara a filosofía e os obxectivos estratéxicos do governo do PP neste eido, tanto respecto da ampliación do período de cálculo das pensións, como da rebaixa xeral das cotizacións, do fomento dos sistemas privados de pensións e da integración dos réximes especiais de traballadores autónomos do mar e do agro nun “réxime xeral de traballadores por conta propia”, inda que a súa concreción quede aprazada, de momento, en moitos aspectos. Como se sabe, en 1996, Comisiones Obreras e Unión General de Trabajadores asinaron un acordo sobre seguridade social que rebaixou as pensións por dúas vías: modificando as porcentaxes aplicadas en función dos anos de cotización e ampliando de oito a quince anos o período de cálculo da base reguladora. Agora, é Comisiones Obreras e a CEOE quen volta a comprometerse nese camiño de reducción das pensións, a partir do 2003, e de debilitamento do sistema de reparto, mentres se fomentan os planos e fundos privados de pensións. Proponse de novo que o acordo sexa para catro anos, polo que hai que contar con que pasado este período voltarase a reformar o sistema de pensións. Deste xeito constátase que nas cuestións importantes para a clase traballadora (normativa laboral e de protección social) estamos metidos, ou mellor dito, nos meten, nun camiño de empioramento continuo das condicións de traballo e das prestacións sociais. O acordo afonda nas liñas da reforma de 1996, salientando catro consecuencias claras:
A continuación analisaremos o contido do “Acordo” con algo máis de detalle: Idade de xubilación Mantén-se nos 65 anos a idade mínima de aceso á xubilación. Ao mesmo tempo, fomenta-se o atraso da idade de xubilación con medidas destinadas a favorecer a permanéncia no traballo das persoas maiores desa idade, como:
Todo isto responde a unha filosofia claramente contrária ás políticas de reparto de traballo que o sindicalismo vén defendendo tanto en Galiza como en toda Europa e prexudica a mocidade traballadora. Xubilación antecipada Introduce-se a xubilación antecipada como un concepto sumamente restritivo. As persoas que se afiliasen á Seguridade Social despois do 1 de xaneiro de 1967 poderán-se agora xubilar antecipadamente somente se cumpren os seguintes requisitos:
Polo tanto non se xeneraliza a xubilación antecipada aos 60 anos para todas e todos. Tampouco se configura como un direito que voluntariamente pode exercer o traballador ou traballadora, senón que vai depender da vontade do patrón. Ademais, mercé ao “Decretazo” tampouco agora se pode pactar libremente a xubilación antecipada na negociación colectiva. A rebaixa que se produce nos coeficientes redutores a partir dos 30 anos de cotización (entre o 8% actual e o 6% para aqueles que teñan 40 ou máis anos cotizados) é claramente insuficiente. Segue-se a penalizar excesivamente a xubilación antecipada e o resultado non é neutro para as contas da Seguridade Social (equilíbrio de perdas e ganáncias), senón claramente prexudicial para as persoas prexubiladas. Tampouco se garante unha situación xusta para os maiores de 52 anos que van ao subsídio de desemprego e despois ven-se abocados a unha pensión mínima. Non hai nengunha medida para que poidan chegar a ter unha pensión digna en relación aos anos anteriormente cotizados. Que pensións son as que soben? Non se equiparan as pensións mínimas ao Salário Mínimo Interprofisional, como a CIG sempre reivindicou. Tampouco se incrementan as pensións mínimas das persoas maiores de 65 anos, nen as de orfandade nen as pensións non contributivas. As melloras afectan:
Como todo o mundo pode entender, estas melloras están moi lonxe do que seria exixíbel en termos de xustiza social, se temos en conta o crecimento económico e mesmo a situación financeira da Seguridade Social. Nas pensións de viuvez o incremento acordado vai mellorar algo as pensións máis altas pero non vai mellorar en nada as pensións máis baixas, que en Galiza son a maioria, porque estas xa teñen complementos de mínimos. Pero, ademais, non se contempla nada en matéria de protección ao desemprego nen se aborda o chamado salário social, reivindicado insistemente polo noso sindicato. Desde o noso ponto de vista é urxente modificar a contia, a duración e o ámbito de protección do desemprego, garantindo, subsidiariamente, un salário social para todas as persoas que querendo e necesitando traballar non teñan posibilidade de achar un emprego. Ampliación do período de cálculo da base reguladora Como dicíamos ao principiar esta análise, ainda que non concrete, si que se estabelece que se revisará o sistema de cálculo da base reguladora, de xeito que se teña en conta, de forma progresiva, o esforzo realizado polo traballador ao longo da sua vida laboral. As medidas “oportunas” das que fala o acordo tomarán-se a partir do ano 2003. Esta via, xunto ao reforzamento da contributividade do sistema, pode debilitar o sistema de reparto e empobrecer as pensións dos máis necesitados. Reducións e bonificacións na cotización Seguen-se a reducir as cotas empresariais da Seguridade Social, unha das reivindicacións básicas da patronal; deste xeito, reducen-se os ingresos da Seguridade Social e xustificarán-se asi posteriores recortes das pensións. No Decretazo sobre a Reforma Laboral quedou patente que o governo está por esta via e agora no “Acordo” volve a insistir-se nesa dirección. En primeiro lugar, di-se que os excedentes se destinarán á mellora das prestacións e á redución das cotizacións sociais. Estabelecen-se tamén unha série de bonificacións ou reducións para os seguintes supostos:
Separación de fontes de financiamento e fundo de reserva. Estes son compromisos do Pacto de Toledo incumpridos polo governo. E agora preténde-se facilitar-lle o cumprimento e o lavado de cara. Dá-se-lle un prazo nada menos que de doce anos para o financiamento total dos complementos a mínimos das pensións da Seguridade Social a cargo dos Orzamentos Xerais do Estado. E fixa-se a contia do Fundo de Reserva nunha mensualidade ordinária do total do pagamento de prestacións periódicas que realiza a Tesouraria, máis o correspondente prorrateo das pagas extraordinárias de xullo e decembro. Estima-se a contia en 800.000 millóns para o ano 2004 e afirma-se que seria desexábel incrementar a contia deica un importe de 1.000.000 millóns, na medida que o permitan as posibilidades financeiras, e deberá ingresar-se, a finais do ano 2004, na conta que a Tesouraria da Seguridade Social ten no Banco de España. Converxéncia de réximes especiais Non se contempla a necesária reforma do Réxime Especial de Empregadas do Fogar, pero insiste-se na integración dos traballadores autónomos do mar e do agro nun réxime de traballadores por conta própria, o que ameaza seriamente cunha suba importantísima das cotas que virian a agravar a actual situación crítica destes sectores produtivos. Abordan-se tamén pequenas modificacións ou retoques como incluir no Réxime de Autónomos a prestación de incapacidade permanente total “cualificada”, cando o traballador autónomo teña 55 anos ou máis e non exerza unha actividade nen sexa titular dun estabelecimento mercantil ou industrial. Esta medida estendéra-se tamén aos autonómos do mar e do agro. Incluirá-se a cobertura dos riscos profesionais –e as cotizacións correspondentes– no caso dos traballadores autónomos do Réxime de Autonómos e do Especial do Mar.
ÚLTIMA REVISIÓN: 01/05/2001 |