Actualidade / ArtigoVolver


Santiago, 27 de abril de 2001

En meio de protestas concluiu o III Cume das Américas
 

Ramón Maceiras-

CIG-Comunicación



A sombra que pesa no acordo son as extremas diferenzas que evidencian ingresos anuais por persoa da orde de 25.000 dólares en Estados Unidos e Canadá, cos de 530 dolares anuais promédio que se obteñen nas nazóns mais pobres do continente como Haiti, Nicaragua, Bolivia e Guyana.

Logo de que o pasado venres e sábado fixese-se sentir con mais intensidade a marea de protestas contra o III Cume das Américas celebrado o pasado fin de semana en Quebec, Canadá, este domingo 22 de abril, os chefes de estado do continente, con excepción de Cuba, concluiron o evento. O resuldado foi o que estaba previsto. Ratifica-se a vontade de formar o Area de Libre Comércio das Américas -ALCA- para o 2005. Logo da ráfaga sustida de discursos que dominou a primeira parte do cónclave, se procedeu á revisión dos documentos concluintes e á declaración conxunta. A mesma contén tres eixos básicos: asuntos políticos e sociais; integración económica; e medidas de seguimento.

Nos eixos políticos subliña-se a necesidade de que os acordos de cooperación e integración económica incluan somente a nazóns democráticas. A referéncia aqui é para isolar a Cuba, país contra o cal votaron en Suíza recentemente, nun evento sobre direitos humanos de Nazóns Unidas, vários dos gobernos mais conservadores do hemisfério, entre eles Estados Unidos, Guatemala e O Salvador.

Os eixos económicos constituiron o compoñente fundamental do cume, en particular a ratificación de criar para o ano 2005, unha zona de libre comércio entre os paises participantes. A declaración é xeral e deixa amplio marxe para a posíbel eliminación, secuencial e selectiva, das travas ao comércio hemisférico, a incluir cotas, tarifas e barreiras non arancelárias.

Respecto a este último ponto referen-se as medidas de seguimento. Segundo as mesmas, as negociacións sobre tarifas comerciais poden principiar tan pronto como o próximo mes de maio. E é aqui onde poden ir xurdindo posicións enfrontadas. Por exemplo, Washington inclina-se por negociacións directas cos paises membros nun sentido multilateral. Brasil e Venezuela, e até certo ponto Arxentina, sinalaron a sua posición a favor de que as negociacións se desenvolvan a partir de consensos logrados dentro dos principais tratados de libre comércio vixentes en América Latina: Mercado Común Centroamericano, Grupo dos Tres (Venezuela, Colombia e México), CARICOM no Caribe, Pacto Andino (Venezuela, Colombia, Perú, Ecuador e Bolivia) e o Mercado Comun do Sul, MERCOSUR (Brasil, Arxentina, Uruguay e Paraguay).

Coa posición adoutada por Brasil, este país trata de facer valer o seu peso na rexión. Trata-se da maior economia latinoamericana e da sétima economia no mundo con un total de 760,000 millóns de óolares de producción total anual (38 por cento da producción latinoamericana). Brasil e Arxentina teñen nexos comerciais mais diversificados entre Estados Unidos e Europa, situación que lles dá certa "solvéncia" para poder manexar flexibibelmente a sua dependéncia exportadora e importadora.

O atractivo de formar unha zona de libre mercado no continente é o chegar a integrar a uns 800 millóns de persoas nunha rexión que estaria a producir case 12 millóns de millóns de dolares anuais. Por xeografia e grande desenvolvimento do seu mercado interno, Estados Unidos é o mercado "natural" para a zona de México, o Caribe e Centroamérica. O tema vital é se realmente Estados Unidos e Canadá poden e queren chegar a executar un desmantelamento real das barreiras tarifárias e non tarifárias para produtos agrícolas, textis e de indústrias latinoamericanas que desde xa competen exitosamente coa produción estadounidense. Un tema de confrontación contínua nos noventa e que non perdeu vixéncia foi por exemplo o caso do aceiro. Washington impuxo significativas restrizóns á importación aceireira de Brasil debido a que os prezos mais baixos desta última ameazan con derrubar completamente a produción en Estados Unidos.

Pola sua parte, Washington ten un maior interese en que se respeiten os direitos da propriedade intelectual, se dean priviléxios maiores aos investimentistas, e amplien-se as suas posibilidades de produción e mercado na rexión. Pero todo isto vai acompañado polo feito de que os níveis de emprego que se xerarian non respeitan normas laborais e de protección ambiental. Este é un dos pontos chave que fundamentan as protestas contra o ALCA. É certo que en México o comércio con Estados Unidos promoveu un superávit comercial para o país latinoamericano, pero tamén é certo que iso se logrou en meio dunha devaluación significativa do peso que comezou a fins de 1994, e que os grandes benefícios da medra comercial non chegaron ás maiorias. De feito o sector que maior medra mostrou é o das maquiladoras no norte mexicano. Mentres tanto reporta-se que as 15 corporacións madereras estadounidenses que se instalaron en México co Tratado de Libre Comércio, cortaron xa un 40 por cento dos bosques da rexión centro-ocidental do país.


As bolsas caen e as divisas se desploman en Sudamérica

Os mercados financeiros de Sudamérica atravesan polos vaivéns mais violentos dos últimos anos debido ás preocupacións sobre a desaceleración da economia global. As dúvidas sobre a capacidade de Arxentina para financiar a sua déveda e lograr escapar á recesión tamén están desestabilizando a situación na zona. A isto soman-se os problemas de Brasil, cuxas cifras comerciais están-se deteriorando e os escándalos políticos están á orde do dia.

O luns pasado, tanto as accións como as divisas se desplomaron desde Brasil até Chile, como reacción ao último susto procedinte de Arxentina: o ministro de Economia, Domingo Cavallo, decidiu cancelar unha poxa de letras do Tesouro por un valor de US$350 millóns.

Os economistas oficiais afirman que Arxentina pode facer fronte a esa cantidade e outros compromisos de déveda a curto prazo durante o mes de maio, pero a cancelación da poxa semella ter horrorizado aos investimentistas. "A confianza fixo-se añicos", dicia a The Wall Street Journal Arturo Porzecanski, economista en chefe para mercados emerxentes de ABN AMRO Inc. "Crio que a histeria é absoluta. A xente está a vender sen importar a que prezo".

O bono de referéncia arxentino se desplomou ao seu nível mais baixo desde a crise do peso mexicano en 1995. Os bonos de Arxentina atinxiron un diferencial de 16,9 pontos porcentuais sobre os bonos do Tesouro de EE.UU., case tres pontos porcentuais mais que o peche do venres e uns sete pontos porcentuais por encima do fecho do mércores.

En comparación, cando Brasil devaluó a sua moeda en xaneiro de 1999, o bono se negociaba a case 12 pontos porcentuais por encima dos papeis do Tesouro estadounidenses. Durante a crise financeira de setembro de 1998 en Rúsia, os bonos se colocaron 15,7 pontos porcentuais por encima das emisóns do Tesouro.

O desplome dos prezos dos bonos arxentinos reflecte a preocupación de que Bos Aires declare un cese de pagos, reestructure a sua déveda ou, mesmo, chegue a devaluar o peso. En Brasil, a moeda local e os prezos das accións cairon en picada.

Cavallo buscou novamente apaciguar aos mercados, primeiro mediante unha carta aberta a Wall Street na que reprendia aos investimentistas por non recoñecer o que el dixo que constituen melloras fundamentais na situación fiscal do país desde que asumiu o seu cargo hai un mes. Mais tarde, en Bos Aires, negou novamente os crecentes rumores en torno a que Arxentina se veria forzada a reestructurar parte ou a totalidade da sua déveda externa duns US$128.000 millóns. "Non haberá reestructuración, non haberá reprogramación, imos traballar para manter abridos os prazas", dixo.

Segundo The Wall Street Journal, un funcionário do Tesouro de EE.UU. dixo o luns que Cavallo non solicitou financiamento adicional de Estados Unidos ou de axéncias multilaterais e que EE.UU. espera que Arxentina poda manexar a sua economia sen necesidade de dita axuda. Isto chega despois das declaracións do presidente George W. Bush o fin de semana no sentido de que é "demasiado pronto" para tomar unha decisión encanto a empréstimos para Arxentina e que esa decisión se tomará "se o caso o amerita".

A pesar do compromiso de Cavallo de reconquistar aos investimentistas, se espera que os mercados latinoamericanos permanezan volátis nas semanas vindeiras e tal vez por mais tempo. O problema é que non hai nada que Cavallo poda facer para surprender ao mercado cunha notícia positiva.

Mentres tanto, o banco central de Brasil anunciou o luns cifras de comércio e investimento que subliñan a vulnerabilidade do país. O déficit en conta corrente ao 31 de marzo ampliou-se a un 4,6% do Producto Interno Bruto. O aumento do déficit fai menos probábel que o país financie a fenda con investimento estranxeiro directa. Este atinxiu os US$2.100 millóns, un alza respecto de xaneiro e febreiro pero por embaixo do ritmo do ano pasado.
Volver


Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/04/2001