Actualidade Santiago, 8 de maio de 2001
“En Galiza CIG, o sindicalismo necesário” A CIG realiza o seu III Congreso os dias 12 e 13 de maio en Santiago
O vindeiro fin de semán a CIG realiza o seu 3º Congreso en Santiago de Compostela. Os días 12 e 13 de maio, 606 delegados e delegadas debatirán no Pazo de Congresos sobre os relatorios e as emendas, e elixirán novos cargos e membros para os organismos da Central Sindical.
Os relatorios apresentados son os de Organización, Estatutos e Ponencia Base, aos que foron apresentadas nas asembleias previas máis de 200 emendas. Nas 119 asembleias de empresa e sector foron elexidos 500 delegados e delegadas, e outros 116 son membros de pleno direito por formar parte do Consello Confederal e da Comisión de Garantías.
O Relatorio de Organización, que foi aprobado polo Consello Confederal e servirá de base para o debate no pleno do Congreso, e conta cos seguintes apartados: O noso traballo sindical; Necesidades e formas de mellora-lo; Desenvolvimento estructuras federativas; Eleicións sindicais; Formación sindical; Da participación da afiliación; Asesorías xurídicas; Fundo de solidariedade-caixa de resistencia.
O Relatorio Base trata os seguintes temas: A globalización neoliberal; A situación social e laboral na Unión Europea; No marco do Estado español; Evolución da situación en Galiza; Potenciación dos sectores productivos e defensa do sector público; industrialización e meio ambiente; Loita contra a precariedade; Reparto do traballo; Formación para o emprego; Economía social; Unha política fiscal máis xusta; Pola millora da proteción social, A renovación do Pacto de Toledo; Sistemas complementarios de pensións; Pola defensa do ensino público; Gañar a direción sindical na negociación colectiva; Saúde laboral e medio ambiente industrial; As mulleres traballadoras; A mocidade traballadora; As migracións; Dinámicas de participación e mobilización; Eleicións sindicais e representación; Direitos sindicais; Políticas comunicacionais; Cultura e lingua; Relacións sindicais en Galiza; Relacións internacionais; A CIG e a construción nacional; Os traballadores e a calidade de vida e o consumo.
A Executiva Confederal sainte acordou propor ao Pleno do Congreso o seguinte orde do día:
Sábado 12 de maio
| Hora | Acto | | 09:30 | Recepción de congresistas e convidados. Entrega de documentación. | | 10:30 | Inicio do 3º Congreso (Benvida a cargo do Presidente da Mesa do Congreso). | | 10:45 | Debate e votación do Regulamento. | | 11:00 | Presentación do Informe de Xestión da Executiva Confederal, a cargo do Secretario Xeral. | | 11:30 | Debate e votación do Informe. | | 12:30 | Proposta e eleición da Mesa Presidencial do 3º Congreso. | | 12:45 | Presentación do Relatorio de Organización e Estatutos. Inicio do debate. | | 13:30 | Intervención das delegacións convidadas. | | 14:00 | Xantar. | | 16:00 | Debate do Relatorio de Organización e Estatutos. | | 20:00 | Votacións. | Ás 20:00 horas remata o prazo de presentación de candidaturas. (En caso de demora unha hora despois de que acabe o debate dos Estatutos). |
Domingo 13 de maio
| Hora | Acto | | 09:30 | Presentación do Relatorio Base, debate e votación. | | 13:30 | Intervencións das delegacións convidadas. | | 14:00 | Xantar. | | 16:00 | Presentación das candidaturas aos congresistas. | | 16:30 | Eleición de cargos e membros dos organismos polo Congreso. | | 18:00 | Resolucións. | | 18:30 | Clausura. |
|