ActualidadeVolver


Santiago, 18 de maio de 2001

Manifestación e peche dos traballadores da Fábrica de Armas de A Coruña
 

Rafa Villar (Mares de Sinbad)-

CIG-Normalización Lingüística



 Manifestación traballadores/as de Santa Bárbara
Os traballadores de Santa Bárbara se manifestaron contra a privatización da empresa.
 
A prática totalidade dos máis de douscentos traballadores da fábrica de armas de A Coruña secundaron o pasado martes 15 de maio a mobilización de protesta polas ruas da cidade, convocados polas centrais sindicais CIG e UGT, mentres CCOO non participaba da convocatória.

Á mobilización seguiu-lle un peche de vintecatro horas no interior da factoria, protagonizado polos membros do comité de empresa, entre eles seis compañeiros da nosa central sindical.

Estas protestas hai que as enmarcar na defensa que os traballadores de Santa Bárbara están a facer do carácter público da empresa, e en contra da sua privatización, coa venda á firma estadounidense General Dynamics.

Segundo temen os representantes dos traballadores, detrás desta da venda da factoria pode haber de maneira encoberta unha operación que dea no peche da Fábrica de Armas coruñesa, coa anuéncia e responsabilidade da SEPI e do Governo do PP.

Asi mesmo, están a denunciar a discriminación que se está a facer sobre a Fábrica de Armas de A Coruña respeito das outras plantas radicadas no Estado, xa que General Dynamics anunciou unha série de investimentos económicos, cunhas contias que se repartirian como segue: 5.000 millóns para a factoria de Múrica, 2.700 para a de Astúrias, 2.500 para a de Granada, 90 para a de Paléncia e só uns 48 millóns para a factoria galega.

Ante a situación criada, os traballadores da fábrica de armas de A Coruña tamén anunciaron novas e máis contundentes mobilizacións.

Volver


Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/05/2001