Actualidade / EntrevistaVolver


Vigo, 31 de xullo de 2001

Entrevista con Rafael Martinez Calzado, delegado da CIG no Comité de Empresa de SINTEL e membro do Comité Intercentros
Sintel, máis de 300 días de paro e 180 días acampados
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com



 Clic para aumentar
Rafael Martinez Calzado é delegado da CIG no Comité de Empresa de SINTEL.
 
Rafael Martinez Calzado é delegado da CIG no Comité de Empresa de SINTEL e membro do Comité Intercentros do grupo.


Cal é o cadro de persoal de Sintel no Estado español e cal en Galiza?

A empresa Sintel conta nestes momentos con 1.800 traballadores a nivel do Estado español dos cais 160 están na Galiza.

Qué representación ten a CIG en Galiza?

A CIG ten 4 representantes no Comité de Empresa, ocupando a presidencia do Comité e tendo 1 membro no Comité Intercentros.

Cando comenzáchedes a folga e o campamento en Madrid e por qué?

A día de hoxe, 4 de xullo do 2001, levamos dende o día da venda de telefónica a MAS-TEC, finais de marzo de 1996, 300 días de folga e 157 días acampados na Castellana. O de acampar na Castellana foi como última medida, ante a falta de pago por parte da dirección da empresa, e a desfeita que existía na dirección, o que nos levaba a pensar, que se quería destruir a empresa.

Cais son as vosas reivindicacións?

Estamos reivindicando o pago dos salarios atrasados, dende outubro máis pagas extras (10 meses total). Ademais queremos unha solución industrial, sair de Madrid cunha empresa con viabilidade de futuro.

Fixéchedes moitas mobilizacións, cais salientarías das feitas?

Nestes cinco anos levamos feito moitas mobillizacións, dende manifestacións a concentracións. Fixemos 4 marchas a Madrid e durante 4 meses estivemos concentrándonos un día a semán diante do Parlamento Galego, e da Xunta.

Cómo valoras a solidariedade conseguida?

A solidariedade conseguida neste tempo e mais despois de estar acampados na Castellana, poderíamos dicir que é incomparabel. Sindicatos, partidos políticos, comités de empresa, seccións sindicais, concellos, algunhas deputacións, asociacións e persoas individuais, colaboran para que o campamento da esperanza, poida seguir adiante, pois con esas axudas morais, monetarias e de alimentos, permítese a resistencia no campamento.

E a contribución da CIG e dos nosos afiliados en Sintel ao conflicto?

A contribución da CIG foi total ao problema de Sintel. Tanto en asistencia ás manifestacións en Madrid, como en visitas ao campamento ou en apoio moral e económico.

Houbo outros apoios dende o nacionalismo?

O BNG tamén ten apoiado a mobilización de Sintel, tamén partidos nacionalistas de Euzkadi e Cataluña.

Cal é a situación actual do conflicto?

Nestos momentos está habendo negociación con Telefónica, o Governo e segundo parece con algún grupo industrial para dar saída ao conflicto. O governo acepta a rescisión de contratos de 796 traballadores ca excusa de que Sintel non dará en quebra. Ao pouco tempo preséntase outro Expediente de Rescisión para o resto da plantilla e a empresa é declarada polo xuiz en quebra. O xuiz retrotraeu a quebra ao 8 de xuño de 1998, supón que naquela aínda non se vendera ningunha filial de Sintel, e Telefónica aínda non cobrara a empresa, cousa que fixo a partires de aí, sacando 4.000 millóns da caixa de Sintel, cousa totalmente ilegal.

E a moral dos traballadores despois de tantos meses?

A moral dos traballadores de Sintel cecais non sexa a do primeiro día, pero o persoal sabe que isto é o único que temos, quere manter a cabeza alta, e demostrar que os traballadores tamén temos dignidade. Aguantaremos até o final.

Tamén é certo que os apoios morais que recibimos de xente do teatro, do cine, actuacións musicais (entre outros o Grupo Río de Goia e o cantautor angoleño Alberto tamén residente na vila miñota), Miguel Ríos, Luis Pastor, escritores como José Saramago e un longo etc, fan que os días pasen mellor.

Cais son os motivos polos que o Governo e Telefónica non deron aínda unha sáida a Sintel?

Os motivos polos que Telefónica e o Governo non deron unha solución a Sintel son distintos:

O Governo non quere ceder ante as acusacións feitas dunha venta acordada polo PSOE e o PP nun momento de transición, na que non existía governo. Celebráranse eleccións, gañara o PP pero non tomara posesión. A venda por parte do PSOE (Telefónica aínda era pública e Sintel era o 100% filial) a Mastec, propiedade de Mas Canosa, íntimo amigo de Aznar, causa problemas a éste. Ademais estaba a relación do PP ca FNCA, Fundación Anticastrista, tamén presidida por Mas Canosa.

Telefónica queríase desfacer da filial máis grande que tiña, unha empresa co 85% de afiliación sindical, e que non lle conviña para as súas prácticas de desregular o sector, e de obter un emprego precario.

Pensas que aínda é posibel atopar solucións para todo o colectivo?

Agora as solucións terán que ser globais para toda a plantilla, aínda que non toda vaia a traballar e haxa prexubilacións, etc.

Cais van ser os próximos pasos que ides dar?

Como agora hai negociacións esperaremos até mediados de xullo, para ver como se desenvolven. Se non hai nenguha saída para esa data teremos que ver si cambiamos o paso e facemos máis presión, aínda que sabemos que nos meses de vran en Madrid queda pouca xente, mesmo así o campamento ten que continuar.

 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 31/07/2001