Actualidade Vigo, 14 de agosto de 2001
Sintel, un éxito da loita Entrevista a Rafael Martínez Calzado, delegado da CIG
| |  | | Rafael Martínez Calzado. | | | Sobre 1.200 operarios de Sintel permaneceron 189 días acampados na Castellana en Madrid (deles uns 150 galegos). Agora fai 10 días conqueriron a maioría das súas reivindicacións. Foi un éxito da constancia, da unidade, da mobilización. Sobre este acordo fixémoslle varias preguntas a Rafael Martinez Calzado, delegado da CIG e presidente do Comité de Empresa en Galiza, así como delegado no Comité Inter-centros de Sintel. Como valorades os acordos? Valorámolos positivamente. O acordo que puxo fin a 189 dias de campamento na Castellana en Madrid foi un éxito, xa que acadamos un 85% do obxectivos. Anque entendemos que non esta pechado definitivamente todo e aínda existe a posibilidade (moi difícil por certo) de que un grupo industrial se faga cargo de todos os operarios, tal como pretendimos dende o primeiro momento. Asinachedes un documento? Hai un documento que aprobou o Consello de Ministros e que foi remitido a Presidenta do Congreso. O Governo respondía así a unha solicitude do Congreso, que instaba ao executivo para que dera unha solución positiva ao problema dos traballadores de Sintel. Que di ese documento? - O documento concreta pre-pre-xubilacións para un colectivo de 500 operarios.
- Recolocación de 800 a 1.000 en empresas que traballen directamente para Telefónica, así como a posibilidade doutras colocacións en colaboración coas autonomías. En todos os casos as recolocacións serán todas con contratos indefinidos e nas provincias nas que estaba traballando cada un.
- Cobro dos salarios adebedados.
- A administración favorecera aos traballadores no proceso de quebra de Sintel.
Terminou a loita de Sintel? Queda pendente unha querela contra os anteriores administradores da empresa, presentada por Garzon por indicación do Fiscal Xeral Anticorrupción, polo que a loita dos traballadores aínda non rematou. Os traballadores temos tamén presentada unha demanda, para que o xuíz retrotraia o proceso de quebra ate o día da venda por parte de Telefónica á familia Mas Canosa no ano 1996. Agora a quebra retrotraese ao ano 1998. Mantense en contacto o colectivo? Creouse unha comisión para a colaboración dos traballadores de Sintel, pensamos que se afiliara o 90% do persoal. Deste xeito faremos un seguimento do cumprimento dos compromisos do Governo, da liquidación da empresa e outros temas que se derivan da recolocación dos traballadores.
|