Actualidade / ArtigoVolver


Santiago, 5 de outubro de 2001

Ás portas da recesión, EEUU decide subsidiar á banca baixando os tipos de xuro por debaixo da inflación
 

Ramón Maceiras-

CIG-Comunicación



A diminución dos tipos de xuro ubicou os tipos dos fondos federais para créditos interbancários en 2,5%, o seu nível mais baixo desde 1962, e por embaixo da inflación de 2,7% rexistrada en agosto. A medida presuntamente ten por obxecto estimular o ritmo de consumo dos norteamericanos, seriamente afectado despois dos atentados do 11 de setembro. A medida é un subsídio directo á banca norteamericana, que non trasladará esa baixa ao mercado.

A Reserva Federal baixou as taxas de interese de curto prazo en meio ponto porcentual, o noveno recorte que realiza no que vai de ano, e dixo que o fará de novo de ser necesário para "salvar á economia de Estados Unidos dunha recesión". O Comité de Mercado Aberto, que determina a política monetária de Estados Unidos, recortou a taxa dos fondos federais para créditos interbancários a 2,5%, o seu nível mais baixo desde 1962. A taxa de desconto, que se aplica aos empréstitos de emerxéncia da Reserva aos bancos, tamén foi recortada en 50 pontos básicos, a 2,0%. Despois dunha xuntanza a portas pechadas, o titular do banco, Alan Greenspan, e os seus colegas anunciaron a decisión. Se espera que os bancos comerciais reducirán as suas taxas primárias de empréstitos en meio ponto, a 5,5%, a cifra mais baixa desde outubro de 1972. Esas taxas son básicas para os empréstitos a consumidores e empresas.

A Reserva dixo que os ataques do 11 de setembro en Nova York e Washington aumentaron significativamente a incertidume na debilitada economia do país. "Sen embargo, as proxeccións a longo prazo da medra da produtividade seguen sendo favorábeis, e deberia facer-se evidente unha vez que as inusuais forzas que están a restrinxir á demanda desaparezan", dixo a Reserva nun comunicado explicando a decisión. As accións estadounidenses perderon terreo despois do anúncio.

No seu comunicado, a Reserva dixo que a economia enfrenta maior risco de debilidade económica que de inflación, un sinal de que o banco central ainda está disposto a seguir baixando as taxas. Os economistas de Wall Street previran, na sua maioria, un novo recorte de meio ponto porcentual nas taxas. A Reserva actuou con rapidez despois dos ataques do 11 de setembro para tratar de suavizar o golpe sobre a confianza e para manter unha abundante liquidez na economia. O banco central estadounidense recortou a taxa de fondos federais en meio ponto porcentual o 17 de setembro, antes da xuntanza prevista para analisar os seus níveis, medida que tomou conxuntamente con vários sócios comerciais de Estados Unidos. Asimismo, os bancos centrais o redor do mundo colocaron mis de millóns de dolares no sistema bancário para garantir que as empresas e os consumidores non teñan problemas en realizar operacións comerciais. Logo do último recorte, a taxa de fondos federais atopa-se por embaixo da taxa anualizada de inflación de 2,7% rexistrada en agosto. Economistas privados din que é case seguro que a economia entrará en recesión debido a unha esperada diminución do gasto do consumo, o cal alimenta dous tércios da atividade económica. O goberno de Bush estivo a traballar co Congreso para elaborar un pacote de estímulos fiscais ademais dos recortes de taxas.

Todas estas surprendentes medidas de emerxéncia indican un claro abandono das políticas neoliberais que pregonaba Estados Unidos, e unha volta ás políticas keynesianas, cuxas consecuéncias ainda están por estudarse.


Cru á baixa

Os prezos do petróleo continuan en baixa ante os prognósticos de que a demanda de cru en Estados Unidos, o maior consumidor, seguirá mostrando sinais de debilidade mentres a oferta se mantén constante.

O barril do cru marcador Brent do Mar do Norte negociou-se o martes en Londres con unha baixa de 0,31 dólares, para ubicarse en 22,57 dólares o barril; e o cru lixeiro de Estados Unidos diminuiu 0,13 dólares, para chegar a 23,15 dólares.

Pese a que o prezo do petróleo mostrou unha recuperación de 2 dólares por barril fronte aos mínimos da semana pasada, segue 5 dólares por embaixo dos níveis que atinxiu antes dos ataques do 11 de setembro en Estados Unidos.

As preocupacións pola desaceleración da economia mundial e o seu efeito negativo na demanda de petróleo causaron un impacto forte neste mercado, mentres que os tanques de almacenamento de cru non semellan baixar os seus níveis.

Ese fenómeno, xunto co impacto dos ataques en Estados Unidos, reduciu o desexo dos estadounidenses por viaxar en avión ou en automóvil. Encanto á oferta, os prezos tamén sofreron a presión á baixa tras a decisión da OPEP, a semana pasada, de manter os limites de producción pese á débil demanda de cru.


A "Conexión Saudita"


Dos 19 presuntos secuestradores que levaron a cabo o ataque terrorista o pasado 11-S, doce proveñen de Arabia Saudita, e dous deles foron reportados como fillos dun ex-secretário da embaixada saudita en Washington. Sen embargo, a guerra total "contra o terrorismo e quen o alberga" se esta librando en Afganistán.

Un artigo de Andrew Duffy publicado no Ottawa Citizen o pasado 27 de setembro, suxere a participación da "Conexión Saudita" no ataque terrorista a Nova York e Washington. Segundo Duffy, o presidente Bush nen siquer se pronunciou ao respecto polo papel estratéxico que cumpre o seu principal proveedor de petróleo e aliado militar no Golfo Pérsico. Neste sentido, o historiador Stephen Schwartz sustén que o Wahhabismo, unha deformación violenta do Islam que contribuiu á radicalización de xóvenes musulmáns, esta subsidiado directamente por Arabia Saudita; pero que o goberno norteamericano xamais poderá cuestionar o seu papel nos ataques terroristas porque "as empresas norteamericanas dependen moito do contínuo fluxo de petróleo mentres que os políticos norteamericanos foron moi condescendientes cos mandatários sauditas." (Stephen Schwartz: "Ground Zero and the Saudi connection." The Spectator, 2001). Duffy argumenta que é precisamente a pracenteira relazón entre estes dous paises, unha das razóns que permitiu o xurdimento do terrorismo islámico en Arabia Saudita.

Desde a década do 70, Arabia Saudita foi un supridor de petróleo clave para os Estados Unidos. Actualmente, mais do 20% das importacións de cru proveñen dese país. Asimismo, 30 mil norteamericanos son empregados por compañas sauditas e os investimentos norteamericanas sobrepasan os 5 millardos de dólares anuais. A importáncia estratéxica de Arabia Saudita tamén silenciou as críticas á sua pésima actuación en direitos humanos. Un reporte do próprio Departamento de Estado di que "os problemas principais de direitos humanos en Arabia Saudita incluen o abuso a prisioneiros e detención incomunicada; proibición ou severas restrizóns de liberdade de expresión, prensa, relixión e asociación pacífica; negación de direitos cidadáns para mudar de goberno; discriminación sistemática contra a muller e minorias étnicas e relixiosas; e supresión de direitos laborais." Non obstante, este país efectuou importantes compras militares aos Estados Unidos que incluen aeronaves F-15s e AWACs, helicópteros UH-60 Blackhawk, tanques Abrams, veículos de infantería M-2 Bradley, e mísis Patriots e Hawks.

As reaccións contra esta relazón político-económico-militar iniciaron-se en 1991 cando mais de 100 mil tropas norteamericanas se apostaron na península Árabe para bombardear a Irak na Guerra do Golfo. As recias críticas e os ataques verbais do multimilionário Osama bin Laden ao Rei Fahd e a sua família real por tolerar tropas estranxeiras nos territórios mais sagrados do Islam: Meca e Medina, produciron o seu exílio. Non obstante, outros militantes Islámicos sauditas e o clero extremista deste país se fixeron eco das denúncias de bin Laden contra os "invasores" e tamén foron expulsados. Eugene Rothman, profesor da Universidade de Carleton en Ottawa en estudos do Meio Oriente, sustén que coa expulsión forzada destes radicais se "exportou a semente do terrorismo."

O sentimento anti-norteamericano continuou medrando ainda despois da guerra debido á permanéncia de 5 mil tropas norteamericanas "corrompendo" territórios sagrados. En novembro de 1995, unha bomba en Riyadh produciu a morte de 5 estadounidenses; e en xuño de 1996, un camión bomba estoupou nas Torres de Khobar e matou a 19 e feriu a centos de persoas. Nunha entrevista transmitida pola cadea ABC en 1998, bin Ladem asumiu ter inspirado os ataques terroristas en centos de seguidores provenientes das províncias marxinadas de Asir e Bafa ao sul de Arabia Saudita. Esta rexión, que non desfrutou a prosperidade e benefícios do petróleo, é berce do maior sentimento anti-norteamericano, terra fértil para o descontento, e caldo de cultivo para o terrorismo como "meio lexítimo de combate." De acordo co Washington Post, cinco dos presuntos secuestradores proveñen de Asir e catro de Bafa.

En 1998, Harvey Morris escrebeu que "o apoio ao fundamentalismo do Islam en Arabia Saudita, o cal unha vez tivo o seu propósito (no contexto da guerra sagrada‚ contra os soviéticos), pudo ter criado un Frankenstein que tornou para perseguir a Estados Unidos." Asimismo, Robert Fisk escrebeu o mesmo ano que o crítico mais voraz da presenza de Estados Unidos en Arabia Saudita non era precisamente Bin Laden se non o próprio Príncipe Abdullah: "a metamorfose de Arabia Saudita nunha nazón anti-norteamericana ocorre fronte aos nosos próprios ollos." (Robert Fisk: "The Saudi Connection", The Independent, Agosto de 1998) Pola sua parte, Seyyed Vali Reza Nasr, profesor de ciéncias políticas da Universidade de California en San Diego e perito en extremismo islámico en Pakistán dixo que "se os Estados Unidos desexan facer algo en contra do Islam radical, terán que lidiar con Arabia Saudita, que a diferenza de Irak e Libia é onde se atopa a causa mas importante do apoio á radicalización, ideoloxización e fanatización xeral do Islam."
Volver


Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/10/2001