Actualidade / Reportaxe gráficaVolver
Vigo, 23 de novembro de 2001

Reportaxe gráfica da manifestación do 21-N en Vigo (1/3)
Continúan cos mesmos folgos as mobilizacións
contra a LOU

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


A folga universitaria do día 21 de novembro foi (de novo) un éxito como as que se realizaron os pasados días 7 e 14 deste mes, pero os xornais rebaixan a cifra de persoas que acudiron ás mobilizacións, mesmo hai algún (de gran tirada) que pon uns dados nas páxinas locais e outros na análise que realiza a nivel nacional. Solprende esta actitude, anque non é nova, e parece indicar que se quere desinflar a protesta, non mediante a negociación ou retirando a Lei, senón retocando a información, ou sexa, desinformando. Anque, neste campo, os meios de comunicación públicos, dependentes da Xunta de Galiza, levan todos os méritos de manipulación da información, polo que non é casual que vaian dirixidos contra eles unha boa parte dos berros e consignas nas mobilizacións.

O certo é que se repetiron de novo as cifras das mobilizacións e do paro, algo que é moi difícil ¡imposibel! de superar, porque están no tope. Unha vez máis a masividade aportárona os estudantes, aínda que houbo numerosos profesores e persoal administrativo e dos servizos (PAS) que participou nas manifestacións contra a Lei de Ordenación da Universidade que pretende impor o Partido Popular. Un texto privatizador, centralista, e que resta participación aos estudantes e aos PAS na direción das universidades. En fin, unha Lei que foi capaz de poñer a practicamente todos os sectores da universidade en contra, o que di moito sobre ela.
 

Clic para aumentarClic para aumentar
Clic para aumentar Clic para aumentar

 

Páxina seguinteÚltima páxinaPáxina seguinte / última páxina...

 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 23/11/2001