Actualidade / Artigo Santiago, 9 de novembro de 2001 Só os bancos apoian o canxe de déveda de Arxentina lanzado por Cavallo
O goberno arxentino recebeu o martes apoio dos bancos locais para un canxe de déveda doméstica de até US$60.000 millóns que lanzará nos próximos dias, pero várias axéncias cualificadoras de risco descreberon a operación como unha cesación de pagos encuberta. O respaldo dos bancos, que son os principais acreedores de déveda doméstica, é chante para as intencións do presidente, Fernando da Rúa, de alonxar ao país dun incumprimento de pagos mediante o canxe de déveda cara por outra mais barata. Pero mentres vários banqueiros se reunian co mandatario para lle mostrar o seu apoio, a cualificadora de risco Fitch disparou con munición grosa contra a operación e asegurou que agacha un incumprimento de pagos. Un incumprimento de pagos da déveda arxentina -que chega a US$132.000 millóns- teria consecuéncias catastróficas sobre os paises da rexión e poderia estender os seus efeitos negativos até Asia. O director designado da Organización Mundial de Comércio (OMC), Supachai Panitchpakdi, dixo en Kuala Lumpur que as consecuéncias negativas serán mais pronunciadas nos mercados de Hong Kong e Singapur, donde se negocia regularmente a déveda arxentina. A operación que, segundo o ministro de Economia Domingo Cavallo, evitaria que o país se "estrele" -inclue nun primeiro tramo só bonos domésticos e poderia converter-se nunha das operacións financeiras mais grandes xamais levada a cabo por unha economia emerxente. Nos próximos meses, a operación ampliará-se aos bonos en mans de acreedores estranxeiros. "A atitude é unha atitude de apoio, e positiva" cara o canxe de déveda, dixo Manuel Sacerdote, titular de BankBoston Arxentina e vice-presidente primeiro da influente Asociación de Bancos da Arxentina. Segundo os cálculos do ministério de Economia, a reestruturación permitirá ao Estado aforrar-se uns US$4.000 millóns por servizos de déveda desde o 2002, o que aliviaría a pesada carga dunha déveda que lle obriga a destinar un 20% do seu orzamento ao pago de intereses. Ademais, seria un paliativo para unha economia estancada desde 1998. A crise económica vapuleou a capacidade de pago do Estado, que tivo que recurtar salários públicos e pensións para afrontar os seus vencimentos de déveda. Sen embargo, o goberno arxentino cansou-se de aclarar que honrará todos os seus compromisos de déveda, ainda que Cavallo convidou aos investimentistas a participar no canxe, e suxerir que de non facé-lo se ficarian con papeis aos que o Estado non pode garantir a devolución. As cualificadoras, escépticas
Para Fitch, a operación é en realidade forzosa. "Ainda que o proposto canxe de déveda foi descrito como voluntário, as declaracións públicas de funcionários arxentinos implican que en auséncia de tal canxe é pouco probábel que a déveda pública en mans de inversores locais vaia a pagar-se ", indicou a cualificadora. Pola sua parte, Moody's dixo que a operación ten a apariencia dun incumprimento de pagos. "O canxe, como está descrito, certamente ten as características que representarian un incumprimento'', dixo Vincent Truglia, director xerente de calificacións soberanas de Moody's. A decisión das calificadoras non surprendeu aos analistas, xa que coincide co que estiveran a anunciar, que aos canxes que implicaban unha perda os ian a calificar como default [incumprimento de pagos...]. A sinuosa operación de Cavallo apenas resolve o problema de Arxentina e tenta salvar-lle a faciana ao governo de De la Rua, que acaba de receber un sério réves eleitoral o pasado 14 de outubro. A história das renegociacións de déveda realizadas nos últimos quince anos por distintos governos latinoamericanos só serviron para que determinados presidentes gañaran tempo político e só agravaron e engordaron ainda mais o peso da déveda externa nos orzamentos públicos a meio e longo prazo.

 Confederación Intersindical Galega www.galizacig.com
ÚLTIMA REVISIÓN: 09/11/2001 |