Actualidade / ArtigoVolver


Santiago, 20 de novembro de 2001

Cuba acolleu a celebración do Encontro Hemisférico de Loita contra a ALCA
Participaron perto de 800 delegados en representación de 39 países
 

Rafa Villar-

CIG-Normalización Lingüística



Entre os dias 13 e 16 de novembro celebrou-se na cidade da Habana o Encontro Hemisférico de Loita contra a Área de Libre Comércio para as Américas (ALCA), impulsado por diversas organizacións da illa, como a Central de Traballadores de Cuba (CTC), o Instituto Cubano de Amizade cos Povos (ICAP) ou a Federación de Mulleres Cubanas (FMC).

O dito Encontro, no que participaron case 800 delegados e delegadas en representación de 39 países, tiña como obxectivo denunciar o significado da ALCA, "un proxecto estratéxico hexemónico de Estados Unidos para consolidar a sua dominación sobre América Latina e o Caribe, ampliar as suas fronteiras económicas e asegurar un gran mercado cativo, eliminando da competéncia á Unión Europea e ao bloque asiático".

En paralelo a este obxectivo, os participantes avaliaron e propuxeron a realización dunha série de medidas que, dunha banda, informen ás suas respectivas sociedades do alcance que vai ter a ALCA e, doutra, crien unha consciéncia crítica e mobilizadora para impedir esta nova poutada do neoliberalismo sobre as economias latinoamericana e caribeña.

De entre o material que se manexou no dito Encontro, recoller tres documentos que nos parecen de interese. O primeiro é o relatório apresentado polo economista cubano Osvaldo Martínez, titulado "Área de Libre Comércio para as Américas (ALCA): proxecto para a anexión"; o segundo o Plano de Acción Hemisférica de Loita contra a ALCA (Área de Libre de Comércio das Américas) aprobado no Encontro; e por último a Declaración Final do Encontro Hemisférico de Loita Contra a Área de Libre Comércio das Américas (ALCA).

 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 20/11/2001