Actualidade / Reportaxe gráfica Vigo, 21 de decembro de 2001
Reportaxe gráfica (1/4) Asunción de Fraga como presidente da Xunta de Galiza 15-D: Malleira policial contra estudantes anti-LOU
O pasado día 15 de decembro, co gallo da asunción de Fraga como presidente da Xunta de Galiza, mais de 500 estudantes que se manifestaban contra a LOU (Lei Orgánica de Universidades) en Compostela foron dispersados violentamente polos "especiais" da policía. Non eran os únicos que estaban protestando, uns 300 traballadores do sector público, convocados polas centrais sindicais (entre elas a CIG) facían o propio, aínda que neste caso a policía mantivo unha actitude menos belixerante. En todo momento a consigna da policía foi a de evitar que estudantes e traballadores se xuntaran. A seguinte reportaxe gráfica reflicte as tensións e incidencias que alí se viviron. |