Actualidade / Artigo Daniel Olesker-
E nese sentido podemos atopar polo menos catro eidos de análise deste proceso de pasaxe de responsabilidades do público ao privado. Eles son: • Privatización através da venda dos activos públicos, trasferindo a propriedade dos meios de produción. • Privatización de mercados que implica a transferéncia de cotas de mercado. • Privatizacións periféricas, o que implica a transferéncia de servizos parciais do Estado ao capital privado. • Privatización das políticas sociais o que supón ou a redución do gasto do Estado nas ditas políticas, ou unha redefinición do papel do Estado rediseñando o seu actuar ou finalmente un ingreso do mercado na prestación dos servizos públicos.
Esta é a forma mais tradicionalmente analisada do proceso privatizador e a que, a nível mundial, se deu con moita forza nos últimos 30 anos no marco do novo modelo de acumulación capitalista que chamamos modelo LACE (liberal, aperturista, concentrador e excluinte). Neste terreo e no marco das reformas liberalizadoras que emprendeu a administración Lacalle aprobou-se unha lei de empresas públicas que habilitaba á privatización. Froito das loitas e a resisténcia popular esta lei foi parcialmente derrogada evitando en proceso de privatización en especial de Antel. Pero ao mesmo tempo a sua derrogación parcial posibilitou avanzar no proceso de venda de activos públicos para os casos de Pluna, a liquidación de ILPE e o proceso paralelo na compañia do gas. Porén, a diferenza doutros países como é o caso de Arxentina ou de Chile onde foi o factor predominante, o compoñente privatizador pola via de venda de activos públicos foi, para o caso uruguaio, de menor releváncia relativa.
Unha segunda forma de privatización refere-se a transferir ao sector privado mercados pola redución da participación pública como axente de produción. Este proceso iniciou-se en Uruguai durante a ditadura coa eliminación praticamente definitiva da produción estatal en carnes (frigorífico nacional e Anglo). Seguiu despois coa case extinción do transporte de pasaxeiros de AFE, o peche da produción pública de azucre e completou-se coa case desaparición do ILPE na pesca. Nestes casos pola via da redución da actividade de empresas públicas, a porción do mercado que antes estaba nas suas mans transfere-se ao sector privado que queda coa ganáncia correspondente. Moitas veces, sen dúbida a maioria, a redución do nível de actividade das empresas pública é decidida desde o poder político deteriorando a sua capacidade de competir co sector privado e xustificando con iso o seu desmantelamento. Esta forma de privatizar é a que adquiriu maior preeminéncia para o caso uruguaio nos últimos anos, despois de que o plebiscito de 1992 detivo parcialmente a posibilidade de venda de activos. E neste governo adquiriu unha transcendéncia central através dos procesos de desmonopolización de servizos públicos. Nestes casos nun mercado ao que só acedian empresas do Estado, renúncia-se ao monopólio e permite-se o ingreso de empresas privadas. Iso permite que unha parte das ganáncias pola prestación do servizo pase a mans privadas (correo, telefonia móbel, chamadas de longa distáncia e propon-se o mesmo para a refinaria de combustíbeis). Pero a consecuéncia non se detén na perda de mercados e na pasaxe de parte das ganáncias da sociedade aos capitalistas privados. Nun mercado como o uruguaio e nun marco no que a displicéncia no manexo xerencial das empresas públicas é o predominante, iso permite gañar máis terreo ás empresas privadas, o que finalmente se transforma nunha privatización total pola case desaparición da empresa pública.
Outro camiño de privatización de servizos públicos é o de transferir á área privada parte dos servizos que realiza a empresa pública. É o caso das cobranzas ou as reparacións de teléfonos públicos de Antel ou as estacións de servizo de Ancap, entre outras. Aqui o debate é sobre o carácter estratéxico do servizo que se privatiza perifericamente e da sua implicación no funcionamento global do servizo. Para dar un exemplo de impacto negativo dunha privatización periférica vexamos o que ocorreu co BPS cando o translado dos afiliados por Disse da mutualista Comaec. Para evitar a compra venda de sócios debíamos dispor dunha información desagregada dos afiliados no momento do peche. O representante do BPS na negociación dixo que o que se pedia implicaba un reprocesamento da información, que a informática estaba terceirizada e que pedir esa información implicaba pagá-la con custos que o BPS non podia asumir. É dicer, o manexo privatizado da información foi un atranco ao traballo.
As privatizacións das políticas sociais poden ter vários camiños que non sempre significan menos recursos públicos e mesmo ás veces significan máis recursos. 4a) A redución do gasto público na política respectiva A forma máis comunmente analisada é o retiro do estado da execución de certas políticas sociais sobre a base dunha caída dos recursos asignados. No caso uruguaio é moi evidente o caso da vivenda e no ámbito educativo é claro o tema da educación superior onde os recursos desde o retorno á democrácia baixaron sistematicamente. 4b) A reconfiguración do papel do Estado nas políticas sociais Outra veta de análise no caso da privatización das políticas sociais é o cámbio de critério en canto á construción das ditas políticas. Isto particularmente queda claro (ainda que hai outros elementos) através da definición destas como accións focalizadas cara aos sectores de maior exclusión, o que deixa o terreo para o desenvolvimento do groso das políticas sociais á oferta privada. Nese sentido van por exemplo as accións alimentárias, de vivendas através dos núcleos básicos evolutivos, as campañas de abrigo e mesmo a educación dos sectores máis pobres na sua fase de ciclo básico. Por iso non é estraño, senón que afirma esta tese, que nos últimos anos no Uruguai houbese un aumento importante do orzamento educativo que se concentrou na educación básica desde o ponto de vista curricular e nos chamados bairros carenciados. En troca, cae o gasto na educación superior como xa dixen e mesmo nos níveis de bacharelato, agás excepcións, análise que escapa a esta nota. 4c) O ingreso do mercado nos servizos públicos Outra forma alternativa de privatizar un servizo público é incorporando-o á prestación de servizos a privados no mercado como unha forma de obter recursos extras que o orzamento nega. É coñecido o caso das consultorias da Universidade pública a empresas privadas que utilizan servizos a moi baixo custo e, sobretodo, e este é o quid da privatización, orientan o gasto público en función de necesidades privadas. En síntese a privatización, fenómeno que supón transferir responsabilidades públicas tanto económicas como sociais ao sector privado, ten múltiplas formas e non se reduce á venda de activos ou baixa de gastos sociais. E desde esa perspectiva podemos dicer que o proceso avanzou moito en Uruguai e o governo empurra con toda a sua forza neste período para completar o proceso privatizador. [Artigo tirado da públicación electrónica uruguia 'Bitácora', núm. 53, | |||
ÚLTIMA REVISIÓN: 28/12/2001 |