O Congreso aprobou por 78 votos os novos Estatutos da Secretaría da Muller que representan unha renovación total con respecto aos anteriores, xa que se modifica totalmente a composición dos organismos tanto nacionais como comarcais, creándose ademais as Executivas Nacional e Comarcal.
Tamén foron debatidos e aprobados os relatorios de: Principios Ideolóxicos, Organización Interna, Acción Sindical e Mercado Laboral, contando en xeral co respaldo da maioría das asistentes.
Diante do Congreso foron presentadas seis Resolucións Especiais: - En contra da guerra e solidariedade cos pobos Afgano e Palestino.
- Apoio a loita que están levando a cabo as mariscadoras da Illa de Arousa.
- Apoio á proposta de Normativa Lingüística rexeitada pola Real Academia Galega.
- Solidariedade coa compañeira Estrella Gazapo despedida da Fundación Comarcal do Ribeiro de Ourense co agravante de acoso moral.
- En contra da LOU.
- Condena á represión policial contra os estudiantes exercida en Compostela o mesmo día do Congreso.
|