Actualidade / Artigo Santiago, 4 de xaneiro de 2002 Arxentina, políticos e economistas
Que cada quen quite as conclusións que queira sobre o que está a ocorrer en Arxentina, con tal de que non se esquezan os supostos e hipóteses coas que os "peritos" analisaron a realidade dos paises latinoamericanos e as recomendacións de política que prantexaron. Particular interese e utilidade ten percatarse do papel decisivo que, nas últimas duas décadas, os peritos en economia tiveron na política da rexión. América Latina presenciou o desprestixio dos políticos como resuldado de longos períodos de penúrias económicas, coa sua secuela de mais pobreza, inseguridade persoal, o deterioramento institucional e a crónica inestabilidade política. Os peritos en economia foron presuntamente ao resgate cun discurso centrado na insoslaiábel necesidade de converter o manexo de variábeis económicas no eixo da acción pública. Os políticos latinoamericanos creron que, unha vez se respeitasen certas regras de xogo, case sagradas, todo o demáis se daria por añadidura. Por exemplo, a loita a morte contra a inflación era un princípio inviolábel, sen importar se o desemprego xerado rondaba 20 por cento. Cando alguén expresaba preocupación polo caso arxentino, a resposta que recebia era: non se poden esperar trocos tan pronto, se toma pola menos duas xerazóns para que se desenvolva unha nova economia produtiva e eficiente. Dos peritos en economia viñeron boa parte das políticas a seguer, entre elas a privatización de todo o privatizábel e a eliminación das barreiras arancelárias na medida posíbel. Con tanta forza e éxito promoveron-se ideas como éstas que se converteron en cousas óbvias. Cando alguén dicia que a privatización, como calquera outra política, debe ser analisada sen fanatismo, se respondia que xa nos paises latinoamericanos mais desenvolvidos, como Arxentina, non se descutian esas cousas. Os fanáticos da economia, que soen ter princípios sagrados para todo, moitas veces entran en contradiccións con eles mesmos. Até non hai moito tempo se predicaba que a taxa de cambio debia ser frotante; a quen se lle ocorrese dicer o contrário se lle trataba como un ignorante. Logo, cando en Arxentina se impuxo o esquema de caixa de conversión, Cavallo se converteu nun ídolo do establishment internacional e Menem en político exemplar que entrega o seu espírito a un economista, "brilante como poucos", que lograra encamiñar a Arxentina cara o desenvolvimento. Tanta fascinación causou a solución Arxentina que a Venezuela levaron a Steve Hanke, somo sacerdote dos currency boards, para que convencese ao presidente Caldeira das bondades da aplicación desta cura milagrosa. A dolarización é agora a receita mais recente. Ecuador adoptou-na. Amañecerá e veremos. Os peritos fan maravillas explicando por que certas medidas non deron os resuldados esperados, Asi, para alguns a caixa de conversión arxentina durou demasiado tempo e, ademais, non se fixeron certas reformas institucionais fundamentais como a do sistema xudicial. Os peritos descobriron a importáncia das instituizóns para que exista unha economia moderna, cousa que xa sabian os clásicos das ciéncias políticas. O que moitos predicadores recén chegados ignoran é que, desde hai moito tempo, o problema non consiste en saber o que hai que mudar se non como facé-lo, e que a sua prédica non ten nada de novidosa, comparten o mesmo coñecemento e a mesma ignoráncia dos vellos. O progreso, se algun, o vemos nas xustificacións porque na prática, no "como se fai", non vimos adianto significativo algun. A moralexa do crack arxentino estriba en que o deseño das economias non pode ser abordado como un experimento calquera no cal uns especialistas aplican os seus coñecementos provisionais como se fosen verdades absolutas, para logo -ao observar a fenda entre o esperado e o logrado- explicar que os políticos non tomaron tais ou cais medidas, ou que se utilizaron unha dose moi pequena ou moi alta da boa medicina. É inaceitábel que alguén como Cavallo, quen fixo moito diñeiro como vendedor de "solucións", pida perdón polos erros que, como perito, lle fixo a unha sociedade inteira. Os políticos teñen que escoitar aos peritos en economia como se escoita a calquera especialista, con coidado, e saber que, para os entender, algun criterio próprio debe ter-se . Por iso, un bon político non pode ser un ignorante craso en matéria de economia. E xa é hora de que os peritos en economia se convenzan de que a complexidade dunha sociedade está moi lonxe de ser abranxida polo saber económico.


 Confederación Intersindical Galega www.galizacig.com
ÚLTIMA REVISIÓN: 04/01/2002 |