Actualidade / ArtigoVolver


Santiago, 1 de febreiro de 2002

Plano imperial contra América Latina
 

Heinz Dieterich Steffan-

Rebelión


O plano de guerra de Washington, destinado a devolver os latinoamericanos a un estado de submisión "normal" e tolerábel para o império, depende da natureza do problema que enfronta o seu sistema de dominación no subcontinente. Para entender este plano que o Consello de Seguranza Nacional (NSC) de Estados Unidos está a idear actualmente, é necesário, polo tanto, comprender a fundo a crise política latinoamericana.



 Invasión illa caribeña de Grenada, en outubro de 1983
O imperialismo norteamericano invadiu militarmente a illa caribeña de Grenada, en outubro de 1983, para lle poñer remate á experiéncia socialista que se estaba a dar neste país.
  
Con Afganistán pacificado a meias e o Oriente Médio en lapas, a Estados Unidos abriu-se-lle unha terceira fronte rexional: América Latina. En Afganistán, o plano de guerra de Washington basea-se en bombas e dólares e no Oriente Médio sustenta-se no despiedado terrorismo de Estado de Israel. A pergunta central para América Latina é, polo tanto, que fisionomia terá o proxecto bélico do império para vencer na terceira fronte?

As sublevacións das "tribos" que povoan o Terceiro Mundo –a diferenza dos civilizados que habitan no Primeiro Mundo– resultan, esencialmente, das mesmas causas nas tres frontes: 1.- un modelo de explopación económica que fai imposíbel unha existéncia humana digna para as maiorias; 2.- a exclusión política absoluta das maiorias en democrácias formais que funcionan só para os banqueiros e, 3.- o entreguismo total das suas elites aos centros do neocolonialismo mundial, na educación, a identidade nacional, a economia e a política.

O plano de guerra de Washington, destinado a devolver os latinoamericanos a un estado de submisión "normal" e tolerábel para o império, depende da natureza do problema que enfronta o seu sistema de dominación no subcontinente. Para entender este plano que o Consello de Seguranza Nacional (NSC) de Estados Unidos está a idear actualmente, é necesário, polo tanto, comprender a fundo a crise política latinoamericana. A ofensiva imperial e as posibilidades de se enfrentar a ela son funcións desta análise.

As tarefas máis urxentes dos planificadores do NSC –que aglutina as múltiplas axéncias de espionaxe de Estados Unidos, ao Pentágono e ao Departamento de Estado, baixo a dirección da Casa Branca– fronte a América Latina, no ano en curso, son seis: 1.- impedir a ruptura do control oligárquico-neoliberal de Arxentina, polo movimento popular e de clase média; 2.- impedir o triunfo eleitoral do Partido dos Traballadores (PT) no Brasil; 3.- impedir o triunfo eleitoral da alianza indíxena-popular-militar en Ecuador; 4.- impedir o fortalecimento das guerrillas en Colómbia; 5.- debilitar o governo de Hugo Chávez en Venezuela, para que aceite o proxecto imperial ou sexa derrocado; 6.- impedir a conversión do MERCOSUR nun bloque rexional de poder que deixe de ser pátio traseiro do Norte.

A lóxica xeral do plano de guerra para América Latina pode inferir-se dos seguintes indicadores: a) a entrega da dirección de asuntos hemisféricos aos delincuentes políticos da guerra suxa do presidente Ronald Reagan, entre eles: Otto Reich, Lino Gutiérrez, John Negroponte, Roger Noriega e Elliot Abrahams; b) o aumento do orzamento militar para este ano e o seguinte, atinxindo xa a suma estratosférica de 400.000 millóns de dólares; c) a multiplicación de axentes da Central de Intelixéncia (CIA), o aumento do seu orzamento, a (nova) formación de unidades paramilitares e a sua autorización de asasinatos; d) o abandono do Tratado Internacional de Limitación de Armas Estratéxicas (SALT); e) a intervención militar nas Filipinas e Colómbia e a cínica actuación da Casa Branca, do FMI ("sen sofrimento non sairán da crise") e do Secretário do Departamento do Tesouro, Paul O'Neill ("gostan de estar nese tipo de situacións"), fronte á crise arxentina; f) o apoio aberto e incondicional ao terrorismo de Estado israeli, que inclue asasinatos políticos, escuadróns da morte estatais, a tortura, a detención sen procedimentos xurídicos e unha che doutras violacións dos direitos humanos.

Todos eses indicadores dan unha idea xeral da futura política exterior de Bush II que se ve facilitada pola habitual cobardia e cumplicidade das elites políticas e intelectuais europeas, o 'appeasement' (servilismo) do governo chinés e o oportunismo político do governo ruso, fronte ao rufián da aldea global; que somente ten que aguentar á verdade, cando o valente presidente de Cuba, Fidel Castro, se pronúncia.


[Artigo tirado da publicación electrónica 'Rebelión', 29 de xaneiro de 2002]

 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 01/02/2002