Actualidade / InformaciónVolver


Vigo, 26 de marzo de 2002

Galiza precisa dun centro para o análise e tratamento das enfermidades derivadas do traballo
 

CIG-Saúde Laboral-

cig.saude-laboral@galizacig.com



O Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG fai chegar ao conxunto da sociedade que o rexeitamento no Parlamento galego por parte da maioría do PP da creación e posta en marcha da Unidade de Asbestosis en Ferrol non se trata unicamente dun tema político xeral sometido a maiorías e minorías parlamentarias. Trátase dun tema de saúde pública, do cumprimento por parte dos poderes públicos da Lei de Prevención de igual maneira que a teñen que cumplir os empresarios e os traballadores/as.

Efectivamente a Lei 31/1995, supón entre outras cuestións que debe cambiar radicalmente a práctica dos recoñecementos médicos que se realizan aos traballadores/as. Dos exámenes médicos inespecíficos, dos meros chequeos clásicos, deberán pasar a ser periódicos e específicos fronte aos riscos derivados do traballo, incluso prolongándose mais alá da finalización da relación laboral en algúns supostos como no caso das persoas expostas ao Amianto.

Pretender facernos creer que se cumple a Lei espallando por diversos hospitais e centros de saúde por todo o país aos traballadores e traballadoras post ocupacionais afectados polo Amianto e demais enfermedades profesionais é radicalmente o contrario ao que persegue a Lei de Prevención, toda vez que o que se pretende é “...a recollida armonizada e periódica de datos sobre riscos e enfermidades e o seu posterior análise e interpretación sistemático con criterios epidemiolóxicos, constitúe un dos instrumentos con que conta a saúde pública para poder identificar, cuantificar e priorizar e, polo tanto diseñar políticas de prevención eficaces...” (Protocolos de vixiláncia sanitaria específica).

Este imprescindible precepto legal non se pode cumplir dende Oviedo. Dende alí, ademais dos custes económicos que ten, non se pode cubrir a responsabilidade da Consellería de Sanidade nin có Amianto nin coas demais enfermidades profesionais.

E polo que, dende a CIG, conxuntamente con CCOO e UGT seguiremos insistindo na necesidade de que Galicia conte cun centro para o análise e tratamento das enfermidades derivadas do traballo, para o que estudiaremos alternativas de presión, empezando xá coa convocatoria da mesa sindical de Ferrol e posteriomente na reunión que o Consello Galego de Seguridade e Hixiene ten prevista para o vindeiro 17 de abril.


CIG-Gabinete Técnico de Saúde Laboral.

 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 26/03/2002