Actualidade / ArtigoVolver


Santiago, 12 de marzo de 2002

Bush quer un Pinochet en Venezuela
 

Ramón Maceiras-

CIG-Comunicación



Coa prática dun auténtico terrorismo informativo en contra do presidente Hugo Chávez, está-se a repetir en Venezuela a campaña publicitaria que hai 30 anos antecedeu en Chile a un golpe de Estado que provocou a morte de Salvador Allende e deu inicio a máis de cinco lustros de tiranía e ao asasinato masivo dos opositores a Pinochet.

O máis curioso da campaña de acoso e derruba contra Chávez é que se desenvolve contra un gobernante que pretende conciliar a “man invisíbel” do mercado co controlo do Estado sobre as atividades económicas estratéxicas do país. Non se trata dun furibundo comunista enfrontado ao capitalismo, se non dun nacionalista liberal de visión reformista que cometeu o delicto de colocar a soberanía nacional de Venezuela por encima das apetencias imperiais norteamericanas.

Chávez dixo o 12 de febreiro que os grupos minoritarios que soñan con un Pinochet se van ficar coas realidades. "Da nosa forza armada é imposíbel que xurda un Pinochet, imposíbel que xurda un tirano" declarou á axencia AFP. Respondeu así ás magnificadas especulacións que emerxeron cando un descoñecido e desprestixiado coronel lanzou un ataque público ao Presidente, quen é á vez chefe supremo das forzas armadas.

Resultan evidentes as diferenzas que hai entre os casos de Chile e de Venezuela, non só por se tratar de distintas épocas, das particularidades de cada país, se non tamén, por exemplo, se consideramos o apoio castrense, que para Allende foi minoritario, e é moi presumibelmente mayoritarío para Chávez, un político que provén do exército.

Sen embargo, no que se refere á montaxe publicitaria antiChávez que se realiza en Venezuela e en todo o planeta, a situación é idéntica ao ocorrido antaño en Chile, onde a Central Intelligence Agency (CIA), organismo estatal norteamericano, manexou ou guiou á grande prensa local e aos afiliados da Sociedade Interamericana de Prensa (SIP) nunha campaña de propaganda negra contra Allende. Ademais, ambos presidentes foron vítimas dos disparos verbais desde que foron candidatos á xefatura do Estado.

Primeiro como presidente da República de Venezuela e logo para o mesmo cargo da nacente República Bolivariana de Venezuela (ambos comicios en 1998), Chávez foi electo co 57 e o 60 por cento dos votos, respectivamente. Posto que as forzas políticas que apoian ao goberno son maioría no Parlamento, non hai mecanismo legal ou constitucional que permita defenestrar ao Presidente...salvo o golpe de Estado que é o que peden a berros personaxes como Carlos Andrés Pérez.

Petar as portas dos cuarteis é táctica universal das capas dominantes cando perigan os seus intereses e en tal incordio a democrácia liberal, o respeito ás maiorias, se van ao lixeiro. Asi aconteceu en Chile. Nos tempos do nazismo, a burguesía francesa clamaba: Preferimos a Hitler antes que ao comunismo. En Venezuela, a consigna é: Preferimos a un Pinochet antes que ao proceso bolivariano.


Satanización mediática

En contra de Chávez actua unha xauría disposta a cazar a súa presa e composta polos periódicos asociados ao Bloco de Prensa Venezolano (BPV) e milleiros de publicazóns membros da SIP, trincheira que conta co apoio de outros organismos empresariais, como a Asociación Mundial de Diarios (WAN, en sigla inglesa). A este poderoso aparello publicitario unense entidades que din ser de xornalistas "independentes" e defensores da liberdade de prensa, como Reporteiros Sen Raias (RSF). (Os próprios xornalistas venezolanos están divididos entre quen apoian os trocos do proceso bolivariano e aquilos que participan da ideoloxía empresarial).

Segundo o comproba a tráxica experiencia chilena, a colosal campaña publicitaria á que temos aludido é o produto dunha planificación, é algo moi sistematizado e que conta, obviamente, con abultado financiamento. Segundo o modelo chileno, os elementos dese tipo de propaganda son:

  • Concentración solidaria dun fronte informativo representativo das alianzas políticas;
  • Concentración dunha temática e dun encadre conceptual;
  • Desenvolvo dunha estratexia informativa propriamente dita;
  • Converter aos meios de comunicación en personaxes do conflito ideolóxico(1).


En Venezuela, a acción conxunta BPV-SIP (e apostaríamos, coa participación da CIA) está movendose ao ritmo de toda esa escala. Ainda que se pode ler e escoitar toda clase de "noticias" provenientes do mentideiro antiChávez, a liña central da propaganda é unha suposta e nunca comprobada carencia de liberdade de expresión. Isto tampouco non é fortuito, foi eleito porque é un fronte que produce dividendos.

No informe que emitiu o Senado de Estados Unidos acerca da acción encuberta en Chile, se le: "O tema da liberdade de prensa foi o máis importante dentro da campaña internacional contra Allende". (sic) Agrega: "O principal proxecto de propaganda da CIA financiou un variado suministrado (...) Producia varias revistas de circulación nacional. Elaboraba materiais para colocalos na cadea El Mercurio; en todos os diarios de oposición; en todas as estacións radiais controladas polos partidos de oposición, e en varios programas regulares de televisión en tres canais(
2)".

O que non figura nese documento, pero que tamén está probado, é que a radiodifusión chilena foi utilizada polos confabulados golpistas para enviar mensaxes en chante. Verbigracia, o 21 de agosto de 1973, unha estación da cidade de Porto Montt, transmitiu: "Somos mais que pensamos. Caperuciña Vermella tamén está con nós". O nome da nena do conto correspondía a...Pinochet e o estrano mandado anunciaba que este decidira unirse á conspiración. Traxicómica retranca.

Nunca houbo en Chile máis libertade de expresión que durante o goberno da Unidade Popular, coalición política que apoiaba ao presidente Allende, mas a SIP-CIA, con machaconería sustiña o contrario. O diário máis favorecido porque recebeu millóns de dólares foi El Mercurio, cuxo director-proprietario, Agustín Edwards, era á vez vice-presidente da SIP e de... a Coca Cola. Este periódico se autoclausurou por un dia (non foi editado nen circulou) so pretexto de ameazas e co obxectivo de armar un escándalo desinformativo que clamara "polo fecho" de El Mercurio. As falacias foron de tal carácter que a campaña "denunciaba" que se agrediría á prensa cortando-lle o suministro de papel. A verdade: o goberno non tiña arte nen parte no negocio do papel, xa que o produtor monopólico dese elemento era unha empresa privada.

Empeiro, cando a ditadura lisa e chamente liquidou a liberdade de expresión, os únicos diarios permitidos, El Mercúrio e La Tercera, como asimismo a SIP, permaneceron mudos de protesta durante 17 anos. Posuen eses episodios algunha semellanza co que ocorre agora en Venezuela?


Perseguidos de papel

Se non fose polo obxectivo de levar a cabo unha guerra psicolóxica con fins desestabilizadores, o que acontece en Venezuela se emprestaria para a sorna. Pois, que a grande prensa protesta e escandaliza porque o presidente Chávez ten un programa radial. Ah, e ademais fala moito, moi longo! Reclamarán en Estados Unidos polo programa radial dominical de Bush e en Chile polo que montou Ricardo Lagos para, entre outros fins, responder ás perguntas dos auditores?

Outro ángulo dese asunto é que aos empresarios da noticia lles amola moitísimo que o Presidente os critique e diga a miúdo que están de certo modo conxurados para difundir falsidades. Este ataque carece de base, pois se trata do sector que precisamente é dono das ferramentas que lle permite responder por escrito e nos meios electrónicos. A actitude empresarial contradí a esencia do periodismo, que é a crítica e ninguén que cumpla unha función social debe erixirse como intocábel.

O prestixioso xornalista venezolano, Eleazar Díaz Rangel, sinalou recentemente que a represión á prensa no seu país foi de envergadura durante os gobernos que se subpoñen democráticos e que seguiron ao derrocamento da ditadura de Marcos Pérez Jiménez en 1958. Rómulo Betancourt ten duplo falta nese sentido, pois reprimiu en 1948, ano do seu derrocamento, e despois nos anos sesenta. Con detalles, Díaz Rangel mencionou a persecuzón praticada baixo as presidencias de Raúl Leoni, Carlos Andrés Pérez e Jaime Lusinchi. Engade que nunca houbo unha protesta, unha condena, do Bloco de Prensa nen menos da SIP. A pesar de que houbo clausuras, censura por decreto e outras formas de coerción(
3).

A meados de febreiro, somouse ao complot contra Chávez a Organización de Estados Americanos (OEA). Nun insólito documento, Santiago Cantón, "Relator Especial de Liberdade de Expresión", critica a Constituizón venezolana, rexeita as cadeas gubernamentais de radio e televisión —incluso o horario delas— e, asimesmo, desaproba a forma en que se distribui a publicidade estatal.

En breve, o informe de Cantón, quen visitou recentemente a Venezuela, é unha evidente inxerencia nos asuntos internos dese país, incluído a sua lexislación. Cantón toma partido xunto aos adversarios do goberno nun acto de intromisión que afecta a un Estado membro da OEA e pretende, desa maneira, actuar como un poder supranacional, alleo, polo demáis, aos proprios estatutos do organismo.

A partir de que os feitos, e non as invencións, determinan que en Venezuela non se constata a adopción de medidas gubernamentais que afecten á liberdade de expresión, a OEA se uniu perigosamente a unha sorte de conxura política que procura comprometer aos estamentos castrenses, postura que en moitas lexislacións se denomina subversión.

 
 

 
Notas:

(1) Ver: Uribe, Hernán. Os meios: armas da guerra encuberta, México, UNAM, 1979.

(
2) Carlos Valencia. A CIA: 10 anos contra Chile. Documentos do Senado de Estados Unidos, Bogotá, 1976.

(
3) Díaz Rangel, Eleazar. Discurso na Asamblea Nacional de Venezuela na sesión especial con motivo do aniversario 44 do 23 de xaneiro de 1958, Caracas, 2002.
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 12/03/2002