Actualidade / Artigo Santiago, 5 de marzo de 2002 Os mercados non comparten o optimismo de Greenspan
O presidente da Reserva Federal estadounidense, Alan Greenspan, asegurou ante o Congreso que EEUU "está probabelmente pasando dunha contracción a unha recuperación económica tenue". Pero os últimos dados económicos coñecidos seguen caracterizándose pola sua ambigüidade. E é que fronte ao optimismo con que alguns economistas observan o futuro contexto económico, outros seguen advertindo sobre a posibilidade dunha segunda desaceleración tras a recuperación actual. Asimesmo, Greenspan afirmou que o PIB estadounidense medrará entre un 2,5% e un 3% este ano. Ademáis, o presidente da Fed afirmou que "emerxeron indicios crecentes de que algunhas forzas que constriñan á economia no último ano comezan a diminuir, e que comeza a afirmarse a actividade". Greenspan, comparecía este mércores ante o Congreso para facer un diagnóstico sobre a economía de EEUU. Os últimos dados publicados mostran ambigüidade: os pedidos de bens duradeiros ás fábricas aumentaron un 2,6% en xaneiro, por terceiro mes consecutivo, máis do esperado polos analistas; mentres que a compra de vivendas novas caiu un 14,8%. Greenspan expuxo os seus argumentos ante o Comité de Servizos Financeiros da Cámara de Representantes en meio de indicios de recuperación atemperados por informes dun descenso da confianza do consumidor que semella non crer no retorno á prosperidade. Os indicios positivos en EEUU vironse reforzados por unha redución do desemprego de 5,8% en decembro a 5,6% en xaneiro, ademais dunha redución de inventarios acumulados que revela un aumento do consumo que representa dous tercios da actividade económica total do país. Pero, os últimos dados económicos coñecidos seguen caracterizándose pola sua ambigüidade. E é que fronte ao optimismo con que algúns economistas observan o futuro contexto económico, outros seguen advertindo sobre a posibilidade dunha segunda desaceleración tras a recuperación actual. Fronte ás expectativas de subidas de tipos que manexan os mercados de diñeiro, o presidente do Buba (Bundesbank) considera necesario manter sen trocos a política monetaria "até coñecer os efeitos dos últimos recortes de tipos". E mesmo temos tamén a algúns economistas que non descartan máis recortes de tipos na zona euro. O último, o Instituto alemán DIW. Outros dous dados obrigan a ser máis escépticos sobre a recuperación a corto prazo: o descenso na medra xermana durante a última parte do ano (descenso trimestral e anual) e un novo descenso no crédito interno ao sector privado en xaneiro, e referido a toda a zona euro. Por contra, a medra anual da M3 mantense durante este mes nos mesmos níveis do anterior: 7,09% desde o 8,0% anterior. Pero, sen dúvida, é a economía estadounidense a que mais atención acapara nos mercados. Os resuldados da enquisa dos consumidores de febreiro foron como unha xarra de auga fría ao mercado. Tanto sobre a situación actual como no referinte ás expectativas, os níveis foron inferiores aos do mes anterior (mesmo o dado xeral é inferior ao resuldado de decembro). Apoiados pola chamada á moderación do Indice de Confianza, os analistas sinalaron que Greenspan non anunciaría de maneira definitiva o fin da recesión, pero reiterou o que dixo o mes pasado de que "a actividade económica comezou a afirmarse". Nos últimos doce meses, a Reserva Federal reduciu os tipos de interese en once ocasións para apuntalar a economía que comezou a desacelerarse a meados do pasado ano e entrou en recesión. Pero, segundo os especialistas, o que diga Greenspan servirá pouco para impedir a volatilidade do mercado bursátil que sofreu primeiro a caída das empresas tecnolóxicas, os atentados de setembro e, por último, a quebra da compaña enerxética Enron, a maior da história corporativa do país. Esa bancarrota levou á ruína de mis de investimentistas e á maioria dos seus empregados e en meio das investigacións témese que haxa outras empresas que, como Enron, falseasen as suas situacións contábeis. O euro se debilita
O euro se enfrenta a un novo posíbel desplome tras se confirmar a recesión en Alemaña nos últimos tres meses do ano 2001 —cando o Producto Interior Bruto (PIB) sofreu, por terceiro trimestre consecutivo, un retroceso real, do 0,3%—. Así, ao pouco de se coñecer o dado do parón na maior economía de Europa, o euro se debilitou até se mudar a 86 centavos de dólar. Desde o ponto de vista técnico, é difícil non aventurar que o euro se vai a enfrentar a corto prazo cos seus mínimos anuais, e mesmo podería rompelos á baixa. É dicer, o seguinte obxectivo tras a ruptura do 0,863 dólares do martes é 0,855-0,858. E é que, segundo os dados publicados pola Secretaria Federal de Estatísticas, o PIB alemán se reduciu no cuarto trimestre de 2001 nun 0,3% respecto aos tres meses precedintes, o que non anima á moeda única. Asimismo, a Secretaria de estadísticas confirmou que a medra económica en 2001 foi do 0,6%, tal como adiantara en xaneiro ao apresentar os seus cálculos provisionais; mentres que no terceiro trimestre se rexistrara xa un retroceso do 0,2%. Por primeira vez desde comezos de 1996 a economía alemana sofreu tamén un retroceso na comparación interanual ao recuar o PIB nun 0,1% respecto ao último trimestre de 2000. O PIB de Reino Unido, ao pior nível desde 1992
O Producto Interior Bruto (PIB) do Reino Unido rexistrou unha medra nula nos últimos tres meses de 2001 respecto ao trimestre anterior, e sitúa a taxa interanual no 1,7%, segundo dados publicados pola Secretaria Nacional de Estatística. Este estancamento do PIB británico no cuarto trimestre é o pior resultado desde o segundo trimestre de 1992, período no que o Reino Unido sofreu a sua última recesión, con un retroceso do 0,3% do PIB. O comportamento da economía inglesa no último trimestre estivo por embaixo das previsións realizadas fai un mes, que estimaban unha suba do 0,2% neste período. No terceiro trimestre, o PIB de Reino Unido medrou un 0,5%, o que situou a taxa interanual no 2,2%. Este descenso debe-se fundamentalmente á menor producción do sector servizos, sobre todo dos servizos informáticos, a hostelería e a restauración, que sofreron as consecuencias dos atentados do 11 de setembro. A producción do sector servizos caiu un 0,7% no último trimestre de 2001, e un 3,6% en todo o ano. O sector industrial sen contar coa manufactura desceu un 2,1% no cuarto trimestre, e un 4,7% en 2001. A industria manufactureira atopa-se nunha situación “crítica”. A producción deste sector diminuiu un 1,7% durante os tres últimos meses do ano, e 5,6% en 2001.Este sector, que representa un 20% de PIB británico, está en recesión desde a primavera de 2001.


 Confederación Intersindical Galega www.galizacig.com
ÚLTIMA REVISIÓN: 05/03/2002 |