Actualidade / ArtigoVolver


Santiago, 22 de marzo de 2002

O 21 de marzo o povo curdo celebrou o seu Dia Nacional
Curdistán: un povo esquecido no fundo da história
 

Rafa Villar-

CIG-Normalización Lingüística


O povo curdo é unha nación sen estado, a máis grande das nacións sen estado do mundo: 30.000.000 millóns de habitantes, que se reparten fundamentalmente entre catro estados: Turquia (aproximadamente 15 millóns), Irán (case seis millóns e meio), Iraq (perto de catro millóns e meio) e Síria (un millóns de curdos), alén dos exilados e desprazados a Europa, nomeadamente a Alemaña, que concentra unha importante colónia de orixe curda.



 Curdistán: un povo esquecido no fundo da história
A voz dos curdos é apagada pola indiferenza internacional, mentres estes permanecen privados case de todo direito, sobretodo por mor da represión exercida sobre eles en Turquia, onde toda manifestación de identidade curda está praticamente proibida.
 
O povo curdo é unha nación sen estado, a máis grande das nacións sen estado do mundo: 30.000.000 millóns de habitantes, que se reparten fundamentalmente entre catro estados: Turquia (aproximadamente 15 millóns), Irán (case seis millóns e meio), Iraq (perto de catro millóns e meio) e Síria (un millóns de curdos), alén dos exilados e desprazados a Europa, nomeadamente a Alemaña, que concentra unha importante colónia de orixe curda.

Sen direitos nacionais, coa sua língua proibida e as suas manifestacións culturais minguadas, o povo curdo afronta a celebración cada 21 de marzo do seu Dia Nacional, o Newroz, dia no que fan emerxer a sua identidade e se reivindican como povo diferenciado no concerto de povos do mundo.

Mais a voz dos curdos é apagada pola indiferenza internacional, mentres estes permanecen privados case de todo direito, sobretodo por mor da represión exercida sobre eles en Turquia, onde toda manifestación de identidade curda está praticamente proibida.

Frente a esta indiferenza, importantes sectores do povo curdo seguen a manter viva a chama da reivindicación nacional, que no caso do Curdistán pasa pola reunificación e o recoñecimento do direito á autodeterminación.

Precisamente, afondar nos direitos nacionais do povo curdo foi o obxectivo da Conferéncia Nacional Curda pola Paz, celebrada os pasados dias 13 e 14 de decembro de 2001 en Bruxelas, convocada polo Congreso Nacional Curdo.

Na dita Conferéncia participaron máis de 120 representantes de partidos políticos e organizacións curdas, e que deu lugar as seguintes conclusións:

1ª. A conferéncia condena a atrocidade cometida o 11 de setembro de 2001 en EEUU. Ao mesmo tempo, solicita-lle aos Estados Unidos, a ONU e a Unión Europea que condenen o sistemático estado de terror ao cal o povo curdo foi exposto durante anos; o asasinato do Dr. Sadik harafkendi e a dos seus colegas en Alemaña, sendo estes parte do patrón de tais actos.

A Conferéncia condena todo tento de cualificar como terrorista a loita pola liberación nacional do povo curdo e deplora a categorización do PKK como unha organización terrorista. Demanda a eliminación do PKK de tais listas, ao mesmo tempo que pede a imediata nulidade de calquer decisión adpotada en apoio ao veto das actividades do PKK.

2ª. Convocamos aos partidos políticos curdos a criar unha atmosfera que conduza ao diálogo e ao debate xa que este é o único camiño cara a unha solución permanente. A liberdade das actividades políticas debe ser respeitada. Unha garantia de paz e democrácia tenderá as bases dunha estratéxia nacional.

3ª. A conferéncia condena o uso de armas para resolver conflitos internos entre as forzas curdas en calquera parte do Curdistán, en calquer momento e baixo calquer circunstáncia.

4ª. A conferéncia, unanimemente, condena o secuestro do líder do PKK, M. Abdullah Oçalan e demanda a sua liberación imediata.

5ª. A conferéncia convoca os governos de Turquia, Irán, Iraq e Síria a recoñecer os direitos dos curdos dentro do marco dos princípios da autodeterminación.

6ª. A conferéncia solicita-lles aos partidos políticos curdos de todas as partes do Curdistán a non utilizar os seus contactos cos governos da rexión en detrimento de curdos noutras partes do Curdistán.

7ª. A conferéncia respeita a experiencia do Curdistán Sul e insta a que todo esforzo sexa feito en prol do desenvolvimento e a reunificación do governo rexional do Curdistán. Debemos traballar no fomento das dimensións democráticas desta experiéncia. Pedimos que as forzas do sul, en cooperación coa comunidade internacional, realicen maiores esforzos para realzar estes logros.

8ª. O KNK debe, en correlación cos seus esforzos, traballar cara á organización doutra conferéncia que contará coa participación de todos aqueles partidos políticos e personalidades que asistiron á actual conferéncia e a concorréncia dos que non asistiron á presente conferéncia para a paz e estabelecimento dunha estratéxia nacional curda.

9ª. A conferéncia espera que o KNK continue cos seus esforzos por contactar cos partidos políticos do Curdistán, que xogue un rol efectivo no proceso de paz no Curdistán Sul e que garanta que a paz permanente e a cooperación entre as forzas do sul e o PKK prevalezan.

10ª. A conferéncia, en relación ao terrorismo, condena a chamada "Jundul-Islam" no Curdistán Sul.

11ª. A conferéncia cre que mentres a cuestión curda non sexa resolta por meios xustos, pacíficos e democráticos, a opresión en relación á nación curda continuará. Polo tanto, dentro do marco da Carta das Nacións Unidas, o povo curdo ten o direito á auto-defensa a través de meios lexítimos.

Entre os asinantes estaban: Prf. Ismet Cheriff VANLY-President of Curdistan National Congress (KNK); Yaiar KAYA-Ex-president of Curdistan Parliament in Exile (DEP) KNK Executive Council; Zübeyir AYDAR-Ex-MEP from Democracy Party (DEP) KNK Executive Council; Ali YIGIT-Ex-MEP from Democracy Party (DEP) KNK Executive Council; Remzi KARTAL-Ex-MEP from Democracy Party (DEP) KNK Executive Council; Nizamettin TOGUC-Ex-MEP from Democracy Party (DEP) KNK Executive Council; Danielle MITTERRAND-President of France Liberte; Lord QUINAN-MSP; Lord HYLTON-Member of House of Lords; Feleknas UCA-MEP European Parliament; Hans BRANSCHEIDT-médico internacional; Dr. Mahmut OSMAN-Politician; Adem UZUN-Curdistan Workers Party (PKK); Prf. Esat XEYLANI-KNC North America; Saleh GEDO-PSKS Syria Xeral Secretary; M Emin PENCEWINI-Presideny of Curdish Institut in Berlin; Hamd SHWAN-KKP Iraq; Sakine ZAGROS-Free Women Party (PJA); Okkes KOLUSARI-Curdistan Communist Party (KKP-North Curdistan); Fikri AHO- Beth Nahrin Asyrian Chaeldeer; Sadik ERMIS-Islamic Movement of Curdistan (HIK); Seyidxan YILDIRIM- Curdistan Artists Union (YHK); Bubo YILDIZ-Curdistan Yezidi Union (YÊK); Haci SOLEMAN-Syrian Curdish Left Party (PCKS); Biruske NICAR-Syrian Democratic Curdish Party (PNPKS); Hewa JAFF-Liberal Democrats Britain; Sorkat FATTAH-Curdish Salvation Party (RPK); Eqbal NURI-Association of Curds in Exile; Nuray SEN-Confederation of Curdish Associations in Europe (KON-CURD); Hamdullah KANSIRAY-Union of Curdish Lawyers; Hikmet SERBILIND-Curdish Islamic Party (PIK); Duriye EWNY-Xornalista; Mirhem YIGIT-President of Curdish Institut in Stockholm; Wekil MUSTAFAYEV-Ex-president of Rede Curdistan; Ali Haydar CILASUN-Romancista; Haydar ISIK-Romancista membro do PEN; Saman SALI-KNC North America; Prf. Izzedin Mustafa RESUL-University of Suleymania; Prf. Dr. Salah JMOR-University of Geneve; Dr. Sirac BILGIN-Curdish Politician from Sweden; Seyit BEDIRXAN-Curdish Politician from North America; Prf. Samoel KOCOI-Director of Moscow State Law Academy; Cahit MERVAN-Union of Curdish Journalists; Muxire MUFTIZADE-President of Curdish Women Organisation/London; Mehdi ZANA-Former Major of Diyarbakir; Ali YALCIN-Patriotic Union; Bekir HESEN-Democratic Movement South.


Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2002.


Da xornalista curda Elif Gunes recollemos o artigo "
O berro de liberdade dos curdos" e de Mauricio Correa, Juan Cruz Tolarovic e Rosalyn Ruiz, do Observatorio de Conflictos, o intitulado "A resisténcia curda máis alá das suas catro partes".

 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 22/03/2002