Actualidade / ArtigoVolver


Santiago, 30 de abril de 2002

O Hizbolah libanés
 

Isaac Bigio-

I.Bigio@lse.ac.uk



 Clic para aumentar
Hizbola tende a ser aceitado polas diversas elites libanesas e por Síria quen o ven como un movimento que está a contribuir á nova orde libanesa. O Partido de Deus ven-se coidando de non atacar aos EEUU senón a Israel. É máis, Hizbola condenou os actos do 11 de setembro.
 
Hizbolah, o Partido de Deus, vén adquirindo particular notoriedade nas notícias. Dos 4 grupos que Bush mencionou no seu discurso ante a Unión como exemplos de terrorismo, este é o único que conseguiu vitórias e é unha fonte de inspiración do resto, en particular da Jihad Islámica e do Hamas palestinos. Porén, a sua história é pouco coñecida e moitas outras fontes, como o conservador 'The Economist' británico, ve-no como un modelo de grupo armado que se vén integrando no legalismo parlamentário.

Este naceu impulsado polo clero chiíta despois de dous importantes acontecimentos que mudaron meio oriente: a invasion israeli do Líbano (1978) e a revolución iraniana (1979).

En 1975 unha guerra civil foi provocada por que os mahometanos (incluindo os refuxiados palestinos) se converteran na maioria e cuestionaban que o poder seguise en mans dos maronitas pro-ocidentais.

Tradicionalmente o partido que representara aos chiítas no Líbano era Amal, o mesmo que realizaria cruentas batallas contra a OLP de Arafat. En 1984, dous anos despois do masacre de Sabra e Shatila e da chegada de 1.500 gardas revolucionários iranianos, o Partido de Deus saíu á luz. Alguns dos seus compoñentes estiveron asociados coa mega-atentado de 1983 onde 240 marines estadounidenses perderon a vida.

A inicial razón de ser do Hizbolah é a de loitar contra Israel e contra os seus aliados do Exército do Sul do Líbano. Os combatentes do Hizbolah conseguian a protección da povoazón civil chiíta en emboscadas contra as tropas inimigas chegando a patrocinar o emprego de atacantes suicidas contra brancos militares. O Hamas palestino e os perpetruadores do 11 de setembro retomarian esas accións 'kamikazes' pero empregando-as contra civis.

O Partido de Deus libanés reivindica que tivo máis de 1.300 'mártires' nesa loita e que é o único movimento árabe que logrou derrotar os sionistas. Hai dous anos as FFAA israelis retiraron-se do Líbano.

En 1989 Hizbolah subscrebeu xunto ao resto dos partidos libaneses o acordo de Taif co cal se comezaria a pór fin á guerra civil. Desde aquela este movimento foi-se incorporando ao sistema parlamentário. Dos 129 congresistas libaneses 8 pertencen ao Hizbolah e 4 a forzas islamistas similares. De acordo co profesor Norton este converteu-se no 'máis efectivo e eficiente partido no Líbano' contando cunha 'rede social impresionante'. Hizbola conta con numersosas estacións de rádio asi como de TV, escolas e centros de saúde. Os seus hospitais teñen a reputación de ser mellores que os nacionais e estar abertos a doentes non chiítas.

O Partido de Deus veu operando unha evolución ideolóxica. Inicialmente non aceitaban o Líbano como unha entidade separada pois querian formar unha grande república de todo o Islam. Postulaban un governo dos xuristas relixiosos que transcendese os lindeiros criados anteriormente polas poténcias coloniais. O seu emblema son as suas siglas en árabe cun puño que agarra un fusil, un libro e unha espiga. Tanto a sua simboloxia como o seu discurso anti-imperialista e a sua base social plebeia fan que Hizbola puidese aparentar afinidades con outros movimentos insurxentes terceiromundistas. Porén, Hizbola non é nen marxista nen socialista. Combina posicións anti-colonialistas, proteccionistas e asistencialistas con fundamentalismo relixioso e elementos de conservadorismo social.

Hizbola tratou de gañar aliados dentro das comunidades cristiás, sunnita ou drusa do Líbano, pero non entre os hebreus. Tende a ver a Israel como un todo mao no cal non ve maior distinción entre os xudeus de todas as clases e orixes étnicas.

A moderación e liberalización do réxime dos aiatolas iranianos influíu sobre os seus camaradas do Hizbola, que hoxe se inclinan a aceitar o Líbano e propugnan que eles non buscan a islamización forzosa do resto da povoación senón o respeito a outros credos e unha gradual influéncia ou conversión.

Hizbola tende a ser aceitado polas diversas elites libanesas e por Síria quen o ven como un movimento que está a contribuir á nova orde libanesa. O Partido de Deus ven-se coidando de non atacar aos EEUU senón a Israel. É máis, Hizbola condenou os actos do 11 de setembro.

Hizbola, contodo, abertamente impulsa a segunda intifada. As suas estacións que son captadas mesmo en Europa promoven a loita armada contra a 'entidade sionista'. As últimas accións de comandos do Hamas contra brancos militares israelis di-se que viñeron sendo inspiradas ou se cadra asesoradas por Hizbola.


Isaac Bigio, profesor e investigador da 'London School of Economics & Political Sciences'.

Volver


Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 30/04/2002