Actualidade  Vigo, 8 de abril de 2002
O martes 9 de abril concentracións nas principais cidades galegas en solidariedade con Palestina
| |  | | A violencia despregada por Israel nos territorios palestinos ocupados alcanzou uns niveis inaceptábeis para a comunidade internacional. A situación na que se atopa a presidencia da Autoridade Palestina e o asedio militar á que está sometida obrigan a unha acción firme e decidida da Unión Europea e das Nacións Unidas. Solidariedade co pobo palestina. Basta de represión. | | | As principais organizacións sindicais galegas, organizacións políticas e sociais e distintos organismos de solidariedade, manifestarán o próximo martes 9 de abril a solidariedade de Galiza coa causa Palestina. Ao día de hoxe están confirmadas as concentracións en A Coruña, Ferrol, Ourense e Vigo. A Coruña: ás 20:00 fronte a subdelegación do Governo. Ferrol: ás 20:00 horas (saída do Cantón de Molins). Ourense: ás 20.00 fronte a subdelegación do Governo. Vigo: ás 20:00 horas, na rua do Príncipe, fronte aos antigos xulgados. Lugo: ás 20:30 horas, no Concello de Lugo. Pontevedra: ás 20:30 horas, na praza da Ferreiria.
Texto da convocatoria da concentración en Vigo esixindo a retirada imediata de Israel dos territorios ocupados e en solidariedade co povo palestino
As organizacións abaixo asinantes queremos manifestar a nosa solidariedade co povo palestino, solicitar a presión dos organismos internacionais (con todos os meios) para rematar coa ocupación e garantir o direito á existencia dun Estado Palestino en Cisxordania e Gaza. A violencia despregada por Israel nos territorios palestinos ocupados alcanzou uns niveis inaceptábeis para a comunidade internacional. A situación na que se atopa a presidencia da Autoridade Palestina e o asedio militar á que está sometida obrigan a unha acción firme e decidida da Unión Europea e das Nacións Unidas. Diante de feitos tan graves, as organizacións asinantes deste manifesto pedimos ó Sr. Aznar, na súa calidade de Presidente de turno da UE, que interveña decididamente para que no seu nome esixa: - A imediata retirada das tropas e calquer outro tipo de medios de ocupación ou colonización israelí dos territorios autónomos de palestina.
- A liberación de todos os presos políticos palestinos.
- A garantía internacional do respecto á autonomía palestina e a concesións de axudas para a reconstrucción.
- Que a Organización das Nacións Unidas envíen unha forza internacional de protección e de interposición.
- A esixencia de que Israel cumpra nun prazo fixado de tempo coa resolución das Nacións Unidas a respeito de voltar ás fronteiras anteriores á guerra de 1967.
- Garantir o direito á autodeterminación dos povos, e polo tanto á existencia dun Estado Palestino, con capital no leste de Xerusalén.
¡¡SOLIDARIEDADE CO POVO PALESTINO!! ¡¡BASTA DE REPRESIÓN!!
Concentración o martes día 9 ás 20:00 horas en Marco (antigos xulgados da rúa Príncipe), Vigo. CCOO, CIG, UGT, BNG, EdeG, EU, PSOE, ATTAC, Asoc. Galego-Cubana "Francisco Villamil", Asociación de Inmigrantes Marroquíes "ELJIR", Arxentinos no Exterior, CAE, CAEF, COSAL, Fed. AAVV "Eduardo Chao", Galiza Nova.
|