Actualidade / ArtigoVolver

Santiago, 21 de maio de 2002

A independéncia de Timor Lorosae: a conquista dun povo que endexamais claudicou
 
Rafa Villar-

CIG-Normalización Lingüística

Unha nova nación acaba de lograr os seus direitos como tal, mais non de nacer: Timor Lorasae (antiga Timor Leste) acaba de se constituir en estado independente, mais como nación de seu xa existia na vontade dos timorenses. Como xa existira, como República Democrática de Timor Leste, durante só dez dias a fins do ano 1975.

 Clic para aumentar
Á fronte do país vai estar Xanana Gusmão –histórico líder da guerrilla da FRETILIN que botou case sete anos anos (de 1992 a 1999) na cadea por mor de encabezar a resisténcia á dominación da Indonésia–, que viña de ser eleito co 83% dos votos para a presidéncia de Timor.
 
Tras anos e anos de loita, primeiro contra o colonialismo portugués (os portugueses chegaran no século XVI e mantiveron-se na illa até o ano 1975) e despois contra a feroz dominación da Indonésia –froito da política expansionista do ditador Suharto–, o povo maubere proclamou, co auspício das Nacións Unidas, a sua arelada independéncia. A data, un 20 de maio, que dificilmente esquecerán os homes e mulleres dun país, Timor Lorosae, tan castigado pola pobreza e analfabetismo hoxe como o foi entre 1975 e 1999 polo militarismo e a represión indonésia (un cuarto da sua povoación perdeu a vida nese período).

Á fronte do país vai estar Xanana Gusmão –histórico líder da guerrilla da FRETILIN que botou case sete anos anos (de 1992 a 1999) na cadea por mor de encabezar a resisténcia á dominación da Indonésia–, que viña de ser eleito co 83% dos votos para a presidéncia de Timor.

Os perto de 740.000 habitantes da nova nación timorense, na sua maioria xentes do rural, conforman un povo cunha traxectória de combate e unha capacidade de sofrimento colectivo admirábeis. A loita contra a pobreza e o analfabetismo é o próximo reto, pero cando menos por un dia os homes e mulleres mauberes puderon por fin sorrir.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2002.

Volver

Volver ao princípio

Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/05/2002