Actualidade Volver


Vigo, 21 de xuño de 2002

A folga xeral en Galiza acada un seguimento do 85%
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com



 Clic para aumentar
O peche de empresas emblemáticas que non tiñan parado en convocatorias anteriores de folga, evidencia e ratifica o éxito desta convocatoria.
 
A folga xeral convocada para o xoves 20 de xuño no Estado español, en Galiza acadou un seguimento do 85 por cento, cifra que evidencia o respaldo masivo dos traballadores a esta convocatoria e o éxito da mesma.

Por sectores, destaca o de panaderías cun seguimento do 90%, recollida de lixo cun 100%, transporte un 97%, grandes superficies un 70%, servizos públicos 78%, nos polígonos industriais atinxe a un 94%, en portos e pesca (buques en terra) a un cen por cento, na construcción un 90%, igual que en agroalimentación, no sector naval un 100%, en automoción un 95%, e nos sectores de comercio e hostaleira o seguimento da folga foi dun 75%.

O peche de empresas emblemáticas que non tiñan parado en convocatorias anteriores de folga, evidencia e ratifica o éxito desta convocatoria. Así paralizaron hoxe a súa actividade os centros de El Corte Inglés de Vigo e A Coruña, Citroën e Coren.

 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/06/2002