Actualidade / Artigo Santiago, 18 de xuño de 2002 O proxecto de reforma da Lei de partidos políticos ou como apagar un lume con gasolina
O que se está a propor é a anulación, como forza política, dunha organización –Batasuna– que posue máis de 1.000 cargos públicos eleitos (lea-se: parlamentários nos diferentes parlamentos, desde o europeo até o de Navarra, alcaldes vários, concelleiros...). Unha organización que agrupa a máis dun 10% do corpo eleitoral vasco (por volta, dos 250.000 votos). E o que é máis tremendo, unha organización na que sen dúbida reside unha parte nada desprezábel da chave para a solución do denominado contencioso vasco.
| |  | | Todo isto hai que o ver á luz dese instinto depredador con que o PP contempla a política respeito das nacións do Estado e dos nacionalismos emancipadores, coa sua virulenta causa españolista, entendida como unha auténtica cruzada na que a única mensaxe posíbel son as ameazas e as proclamas de guerra. O proxecto de lei de partidos políticos vén a ser a última mostra disto. Agardemos que tamén sexa a derradeira. | | | Rematado o trámite pertinente no Congreso dos Deputados, o controvertido e reaccionário proxecto de reforma de Lei de Partidos Políticos segue o seu curso, en espera da sua aprobación polo Senado español o vindeiro dia 25 de xuño.A prol deste proxecto, maquinado desde a furibunda estratéxia anti-nacionalista do Partido Popular, tamén se manifestaron o PSOE (totalmente a remorque do partido direitista, ainda que con salientábeis excepcións: Odón Elorza, Txiki Benengas, Solé Tura, os socialistas cataláns, as xuventudes de Euscádi...), os cataláns de CiU (con certas dúbidas iniciais e a sua obxección a un apartado do texto), o sócio canário do partido do Governo, Coalición Canaria, e o único deputado do Partido Andalucista. En contra, o BNG –que apresentou unha emenda a totalidade do proxecto–, todos os partidos vascos de xorne nacionalista, asi como a igrexa vasca e a grande maioria das organizacións sociais e de todo tipo de Euskal Herria (mesmo unha enquisa sinalaba o maioritário rexeitamento do povo vasco a esta medida de excepción); tamén en contra do proxecto de reforma da Lei están Izquierda Unida, os cataláns de Iniciativa per Catalunya-Verds e de ERC ou a formación progresista Chunta Aragonesista. Organizacións como Jueces para la Democracia, o Foro de Madrid ou Amnistía Internacional igualmente están a cuestionar desde diferentes pontos de vista o contido do proxecto. Un proxecto legalmente cuestionábel e politicamente excluinte e reaccionário
A proposta desta Lei de Partidos nen moito menos responde á adecuación dun marco legal pre-constitucional (a anterior Lei é a 54/1978, xa que logo, anterior á Constitución vixente) a un novo marco post-constitucional, senón que se trata dunha auténtica lei de excepción que tenta poñer fóra do xogo político a unha organización, ao tempo que lanza un aviso a navegantes a todas aquelas organizacións que, ainda desde o respeito constitucional, avogan pola democrática superación do dito marco. É dicer, un ameazante aviso a navegantes a todas as organizacións dos diversos nacionalismos emancipadores do Estado español. Paradoxalmente (ou se cadra non tanto), coincide o debate da nova Lei de Partidos, coa celebración dos 25 aniversário das primeiras eleicións ditas democráticas no Estado español despois do período da ditadura franquista. Hogano, o que se está a propor é a anulación, como forza política, dunha organización –Batasuna– que posue máis de 1.000 cargos públicos eleitos (lea-se: parlamentários nos diferentes parlamentos, desde o europeo até o de Navarra, alcaldes vários, concelleiros...). Unha organización que agrupa a máis dun 10% do corpo eleitoral vasco (por volta, dos 250.000 votos). E o que é máis tremendo, unha organización na que sen dúbida reside unha parte nada desprezábel da chave para a solución do denominado contencioso vasco. Esta máis que anunciada actuación do Governo do PP de ilegalizar Batasuna (a tan división de poderes nun Estado do direito como o español deviria unha simples caricatura), á que parece que se vai sumar ese PSOE sen rumo, hai-na que ver tamén desde a luz doutras actuacións de índole político-legal realizadas contra a esquerda abertzale: o escandoloso peche do xornal 'Egin' e da emisora de rádio Egin Irratia; fustrigamento a organizacións sociais tais como AEK (de defensa da normalización do eusquera), ABK (de defensa do direito de autodeterminación), a Fundación Josemi Zumalabe (que propugna a desobediéncia civil); a ilegalización da organización xuvenil Jarrai e das suas continuadoras (Haika e Segi); a clausura de revista dirixida polo galego Pepe Rei, 'Ardi Beltza', ou mesmo a posta fóra da legalidade das Gestoras pro Amnistía... En definitiva, toda unha bateria de actuacións coas que o Partido Popular pretende afondar ainda máis no dramático conflito que vive Euskal Herria, e no que as solucións violentas se están a impor traxicamente ao camiño do diálogo e a negociación. Neste sentido, é ben lembrar a atitude do PP cando a última trégua da ETA e os ataques continuados á conformación desa maioria social nacionalista no País Vasco que tivo como plasmación o pacto de Lizarra-Garazi, pacto que, cualitativa e cuantitivamente, reunia a vontade maioritária do povo vasco e que –cumpre non esquecer– reafirmaba un novo escenário de autodeterminación e paz para Euskal Herria. E todo isto hai que o ver á luz dese instinto depredador con que o PP contempla a política respeito das nacións do Estado e dos nacionalismos emancipadores, coa sua virulenta causa españolista, entendida como unha auténtica cruzada na que a única mensaxe posíbel son as ameazas e as proclamas de guerra. O proxecto de lei de partidos políticos vén a ser a última mostra disto. Agardemos que tamén sexa a derradeira. O Milladoiro (Ames), 17 de xuño de 2002.
Algunhas obxeccións ao proxecto de Lei de Partidos:
– "A difusa redacción do artigo 8 xera riscos (...), penalizando incluso ideas en vez de actividades" (...) "O deseño que o proxecto realiza da leximitación ten un claro contido político ao atribuir esta aos que aprobaron a Lei (...) Ten que se evitar o intento de patrimonializar ou obter un aproveitamento partidista de calquer iniciativa neste sentido" [Jueces para la Democracia]. – [Respeito da Lei de Partidos] Preocupan-nos como pastores algunhas consecuéncias escuras que prevemos como solidamente probábeis e que, sexan cais foren as relacións entre Batasuna e ETA, deberian ser evitadas. Tais consecuéncias afectan á nosa convivéncia e á causa da paz. As nosas preocupacións non son só nosas. Son compartidas por unha porcentaxe maioritário de cidadáns de diversas tendéncias políticas, encomendados ao noso servizo pastoral. A convivéncia, xa gravemente alterada ¿non sofreria acaso unha meirande deterioración nas nosas vilas e cidades?" [Carta Pastorasl dos bispos vascos] – "A nosa organización amosa a sua preocupación de que, através dalguns artigos do proxecto de lei [de partidos políticos], se puidesen emprender procesos de ilegalización de partidos políticos que propugnen o cámbio de princípios constitucionais ou leis de forma pacífica" [sección española de Amnstia Internacional]. – "A non condena da violéncia constitue unha conduta eticamente reprochábel, pero non pode ser considerada delitiva, xa que nengun preceito do Código Penal a considera delito " (...) "Encontramo-nos cun Anteproxecto de Lei con severos problemas de constitucionalidade, cunha inspiración filosoficamente anti-democrática, que exprópria competéncias exclusivas da Xurisdición Penal de forma xuridicamente fraudulenta" [PNV]. – "O sistema de liberdades ve-se vulnerado por unha nova lei que afecta directamente á liberdade ideolóxica, á liberdade de pensamento e á liberdade de asociación (...) A nova lei en absoluto pretende regular a criación de partidos políticos nen estabelecer o réxime de funcionamento destes. Pola contra, estabelece a ilicitude dos fins perseguidos por unha formación política (...) pon fóra da lei a opinión pública de milleiros de eleitores, fai desaparecer a canle política da sua expresión e condena-as á clandestinidade" [Joseba Azkarraga, conselleiro de Xustiza do Governo vasco]. – "[A Lei de Partidos] na prática blinda a uns (PP e PSOE), ao tempo que condena as demais forzas políticas, a todas elas, a contar coa ameaza permanente dun proceso de ilegalización incoado, precisamente, polos seus adversários políticos e polos seus competidores eleitorais (...) o que se tenciona, máis que combater o terrorismo, é, por moito que digan os defensores do proxecto, proscreber ideas, impor unha adesión acrítica e incondicional ao modelo de Estado e á orde social que o PP está a impor" [Carlos Aymerich, deputado do BNG no Parlamento do Estado]. – Esta nova lei orgánica de procedementos de ilegalización de partidos políticos, mesmo coas emendas acordadas entre o Partido Popular e o Partido Socialista, mantén a obriga de os partidos respeitaren na sua actividade non só os princípios democráticos, senón os valores constitucionais, disposición que consiste nalgo xuridicamente indeterminado (...) nen o Poder Executivo nen o Lexislativo deben implicar-se nun proceso xudicial de ilegalización dun partido. Atribuir esta competéncia a unha parte do Parlamento ou ao Governo tinxe de interese político e partidista unha iniciativa que debe responder a estritos critérios de legalidade [Gaspar Llamazares, coordenador xeral de IU]. – Os contidos da "Lei de Partidos" afectan directa e restritivamente a direitos e liberdades tan relevantes como a liberdade ideolóxica, de expresión, de asociación ou de participación cidadá" (...) A lei de de partidos que agora se está a tramitar supón un ataque directos a princípios básicos do funcionamento democrático, como son a liberdade de opción política e liberdade de expresión eleitoral, xa que, de se proceder á ilegalización de Batasuna, se anularian formas de expresión, asociación e opción política ou ideolóxica lexítimas e con arraigo na realidade social do noso país. Non podemos compartir esta forma de modificar, interpretar e aplicar a ley e, en consecuéncia, manifestamos o noso profundo desacordo con esta [Manifesto da plataforma social vasca contra a lei de partidos "Todos os proxectos, todas as ideas, todas as persoas"]. – "O explícito obxectivo político de ilegalizar a Batasuna converteu-se nun «a priori» que guia e determina indisimulada e indeferenciadamente a acción executiva, lexislativa e xudicial. As leis que deben regular o interese xeral non se poden facer á medida de obxectivos políticos finalistas porque isto constitue unha perversión dos procedimentos garantistas e unna creba dos princípios democráticos" [Elkarri, organización pacifista vasca]. – "[Coa Lei de Partidos] corre-se asi o risco de criminalizar a colectivos por defenderen unicamente determinadas ideas ou por non expresar o seu rexeitamento da violéncia nos mesmos termos que poidan empregar outros partidos" [Foro de Madrid pola Paz]. |