Actualidade Volver


Vigo, 21 de xuño de 2002

Vigo, unha mobilización xigantesca
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com



 Clic para aumentar
Clic para aumentar
A mobilización de Vigo, e do resto das cidades galegas, amosa realmente a súa verdadeira dimensión con dados contrastábeis. Non se convocan 150.000 persoas ás 12 horas da mañá nunha comarca de 500.000 habitantes se non existe un paro de actividades masivo. Ademais, a gran maioría dos asistentes eran persoas mozas ou de idade mediana. Mellor demostración da importancia do paro na bisbarra imposíbel. (Ver reportaxe gráfica).
Clic para aumentar
 
Facía moitos anos, moitos, que na cidade de Vigo non había unha manifestación tan numerosa como a realizada este 20 de xuño baixo a consigna de “Galiza contra a reforma”. Seica foron 150.000 persoas, agora ben, aínda que foran algúns máis ou uns poucos menos non deixaría de ser unha mobilización xigantesca, que reflicte o descontente da povoación galega coas políticas económicas e sociais do Partido Popular.

Para dar unha idea ao que non sexa de Vigo, ou non coñeza a cidade, sobre as dimensións que acadou a convocatoria, dicirlle que a mobilización que encetou no cruce dos Choróns chegou ao seu destino na Porta do Sol e aínda seguían manifestantes no ponto de partida. Falamos dunha distancia duns dous quilómetros e dunha rúa moi ancha. Aínda máis, xa tiña rematado o acto final, pasara media hora, e seria daquela cando unha columna de dez ou quince mil persoas (militantes do metal e da mocidade da CIG) facían a súa entrada na Porta do Sol, como se fora un acto exclusivo da central nacionalista.

A presencia do sindicalismo nacionalista (mais tamén doutras organizacións do nacionalismo) foi moi importante. Sen entrar en cifras, que non ven ao caso, quedou evidente que a nosa central ten unha forza incuestionábel na primeira cidade industrial de Galiza. Unha evidencia que xa se reflectira o pasado 1º de Maio, na folga xeral do día 15 de xuño do ano 2001, e en outros actos convocados en solitario ou conxuntamente con outras organizacións sindicais.

Sobre a incidencia do paro na folga xeral temos que facer un comentario, xa que o governo na máis absoluta manipulación rebaixa o apoio a cifras ridículas. A mobilización de Vigo, e do resto das cidades galegas, amosa realmente a súa verdadeira dimensión con dados contrastábeis. Non se convocan 150.000 persoas ás 12 horas da mañá nunha comarca de 500.000 habitantes se non existe un paro de actividades masivo. Ademais, a gran maioría dos asistentes eran persoas mozas ou de idade mediana. Mellor demostración da importancia do paro na bisbarra imposíbel.

Poderíase salientar que pararon todos os polígonos industriais, e que as empresas medianas na que traballaron parte do cadro de persoal por amezas da dirección son unha anécdota amarga da precariedade laboral. Destaca pola súa importancia que o persoal de Citroen se sumara á folga. No comercio, tan difícil nas últimos paros, pechou El Corte Inglés, aínda que abriu algún supermercado (de novo ameazando e presionando a cadros de persoal precarios, un tema a valorar mais detidamente no futuro). O transporte non circulou. Foi un paro total, agás o anecdótico. Un día de ledicia e loita para os traballadores e traballadores de Galiza que amosaron a súa capacidade mobilizadora e o nivel de consciencia social.

 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/06/2002