ActualidadeVolver


Santiago, 27 de setembro de 2002

A CIG continua a loita contra a reforma laboral con manifestacións nas principais cidades o 2 de outubro
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com



O próximo mércores 2 de outubro, a CIG realizará manifestacións contra o Decretazo e a reforma antilaboral do PP en oito cidades galegas.

Os lugares e horas son os seguintes:

HoraCidadeLugar
12:00BurelaConcentración no INEM.
20:00A CoruñaManifestación desde a Praza da Palloza.
 FerrolManifestación desde o local da CIG (Avenida do Esteiro).
 LugoManifestación desde o local da CIG (Ronda da Muralla).
 OurenseManifestación desde a Praza Maior.
 PontevedraManifestación desde a Praza da Ferreria.
 VigoManifestación desde a Doblada.
20:30CompostelaManifestación desde a Praza de Cervantes.

 Clic para aumentar
Non á reforma laboral.
 
Mália a contestación contundente contra a reforma laboral na folga xeral do pasado 20 de xuño, o PP non considera a retirada da reforma, declarando deste xeito o seu desprezo polas reclamacións da clase traballadora e demostrando que governan para os poderosos e contra os mais necesitados socialmente.

Tamén deben preocuparnos as mañas e formas dun governo que non ten escrúpulos en deformar virtualmente o alcance e seguimento da folga, manipulando sen aprensión nen rubor como nos tempos da escuridade do franquismo aos meios de comunicación que controla.

O descaro na aplicación da reforma laboral, impoñendo a sua aplicación instantánea por decreto, non evita que se teña que discutir agora nas Cortes do Estado. Por eso temos mais razóns os traballadores/as para proseguir coas mobilizacións e protestas, proclamando que se o PP non retira estas medidas contestadas de xeito masivo socialmente, deberia convocar-se una nova Folga Xeral. Esta reforma non debe pasar.

Nestes dous meses de aplicación da reforma xa comprobamos como todos os despedimentos non perciben os salários de tramitación, abaratando novamente a indemnización, como miles de traballadores/as perderon o dereito á prestación de desemprego, como se iniciaron expedientes de anulación da prestación asistencial a numerosos prexubilados, como se impón unha mobilidade xeográfica abusiva nos desprazamentos coa ameaza da retirada da prestación por desemprego. Todo esto evidencia un retroceso preocupante nas garantias e dereitos da clase traballadora. Pretende o PP un modelo laboral de precariedade sen límite para o negocio do capital privado.

Xa demostramos o 15 de xuño no ano pasado na folga xeral galega que somos un povo con dignidade, e confirmamo-lo na folga do dia 20 de xuño deste ano coas maiores mobilizacións do estado. Debemos agora parar esta reforma e frear as que a continuación nos teñen preparadas.

Temos Forza para pará-los!!!
Por unha nova folga xeral se o PP non retira o Decretazo!!!

 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/09/2002