Actualidade / ArtigoVolver


Santiago, 27 de setembro de 2002

Claro panorama recesivo
 

Ramón Maceiras-

CIG-Comunicación



Os acontecementos no eido económico precipítanse día tras día para configurar un claro panorama recesivo mundial. A burbulla bolsista está estoupando pouco a pouco. O índice Dow Jones baixou aos niveis de 1998, data da crise asiática. O IBEX español caeu a cifras de 1997. O mesmo acontece nas prazas bolsistas europeas.

As expectativas de beneficios das principais empresas de todo o mundo apuntan á baixa. O sector financeiro e bancario da mostras de insolvencia, pola súa grande exposición no negocio dunha bolsa que se desinfla sen parar. A banca europea sofre fortes perdas polas dúbidas criadas en torno a súa situación real. Os bancos europeos caeron un 35% na súa cotización só en setembro. Os dados sinalan o incremento da morosidade e xa se están a dar evidencias dunha forte contracción do crédito. A banca española en particular é a máis exposta á incerteza latinoamericana. BBVA, e Santander son os que están en peor situación. O detererioramento da situación latinoamericana (principalmente Arxentina, México e Brasil) arrastrará aos bancos españois, ademais dos xigantes Citicorp e JP Morgan. Xapón non sae da recesión e o banco central xaponés ven de tomar unha decisión sen precedentes: mercar accións dos bancos privados para salvalos da bancarrota.

Os gobernos máis cautos prepáranse para una recesión sen precedentes. Europa ven de darlle largas ao obxectivo do déficit cero na zona euro plasmado no Plan de Estabilidade formulado no 2001. Alemaña, Francia e Italia están a piques de superar o límite máximo de 3% do PIB de déficit orzamentario. Estas tres economías representan o 75% do PIB europeo. Portugal xa está no 4,1% de déficit. Á Comisión Europea non lle quedou máis remedio que adaptarse á realidade e pospoñer ata o 2006 o obxectivo do déficit cero na zona euro. Só o goberno español mantense teoricamente no déficit cero, aínda que na práctica o déficit é de 0,5%, pero cuberto co superávit da Seguridade Social.

Alan Greenspan, o gran gurú da Reserva Federal, prepara unha nova baixa de tipos para conxurar a recesión e advertía esta semana contra o perigo dunha gran deflación mundial (caída de prezos), semellante á que aflixe á economía xaponesa desde hai anos.

En medio de todo esto, Bush prepara o ataque a Irak. Os desesperados da Casa Branca están dispostos a abrir a caixa dos tronos seguindo a doutrina Truman: se non podes resolver un problema, empeórao.
Volver


Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/09/2002