Actualidade / Artigo Santiago, 1 de novembro de 2002 Brasil non pode pagar
A competencia polo título de "a maior ameaza ao sistema" monetario, entre a débeda xaponesa, o déficit da conta corrente de Estados Unidos ou a burbulla especulativa dos bens raíces, foi encarnizada durante a xuntanza anual do FMI e o Banco Mundial do 27 ao 29 de setembro. Aínda así, a posibilidade dun cesamento de pagos da débeda externa de Brasil, de 500 mil millóns de dólares, foi un dos temas mais candentes entre os nerviosos banqueiros, especuladores, funcionarios gobernamentais e demais merodeadores que se reuniron en Washington. Tan só o pasado 7 de agosto, o FMI anunciara o pacote de resgate mais grande xamais outorgado a país algún, por un monto de 30 mil millóns de dólares. Este pacote estaba deseñado para "acougar aos mercados" e manter a solvencia económica de Brasil durante a transición e instalación do novo goberno, a realizarse o 1 de xaneiro de 2003. Os candidatos á presidencia vironse obrigados a xurar lealdade ás condicións impostas polo resgate do FMI, incluído Luiz Inácio "Lula" dá Silva. Sete semana mais tarde, Brasil estoupa de novo e o espectro do cesamento de pagos ronda en Brasil. Os financeiros esixen mais diñeiro, pero moito mais, para poder saquea-lo do Brasil en forma de pagos ou a través da fuga de capitais. Trinta mil millóns de dólares non lle dan a Brasil un colchón suficiente, declarou Roger Scher, analista da axencia inglesa Fitch, nunha das conferencias que seguiron ás xuntanzas do FMI e o Banco Mundial. Segundo os seus cálculos, Brasil terá que conseguer 63 mil millóns de dólares en 2003 para evitar un cesamento de pagos. Pero nin siquer 63 mil millóns de dólares impedirán que Brasil caia na insolvencia, e os banqueiros saben-o. A débeda do Brasil é impagábel, non importa quen sexa presidente. A como están as cousas, Brasil podería cair no cesamento de pagos aínda antes de que tome posesión o novo presidente en xaneiro, cando, como en Arxentina en 2001, non haberá reservas para pagar a débeda.


 Confederación Intersindical Galega www.galizacig.com
ÚLTIMA REVISIÓN: 01/11/2002 |