Actualidade Vigo, 5 de marzo de 2003
A situación laboral da muller no 2002
Como cada 8 de Marzo, á hora de comemorar o Dia Internacional da Muller Traballadora, toma especial releváncia a sua situación actual dentro do mercado de traballo, xa que, loxicamente, neste dia, non só se lembran uns feitos acontecidos, senón que se reivindican melloras até, cando menos, acadar a "plena igualdade cos homes".Esta máxima, que non por manida deixa de ser necesária, esta moi lonxe de alcanzar-se e cobra especial importáncia nun momento en que os retrocesos a nível laboral son palpábeis e cuantificábeis. Pero palpábeis e cuantificábeis para homes e mulleres, polo cal estas últimas necesitan dun dobre esforzo xa que en calquer situación de crise os máis débeis son os primeiros e máis prexudicados, e dentro do mercado laboral galego este papel xoga-no as mulleres.
Os dados que nos achega a Enquisa de Povoación Activa (EPA) deste último ano permiten-nos facer a devandita aseveración. A evolución das principais variábeis básicas foi a seguinte: | Principais variábeis |  | | | 2001 | 2002 | Total | Home | Muller | Total | Home | Muller | | Pov > 16 anos | 2.360,4 | 1.126,9 | 1.233,5 | 2.372,2 | 1.132,0 | 1.240,2 | | Activos/as | 1.194,5 | 693,4 | 501,1 | 1.220,5 | 704,6 | 515,9 | | Ocupados/as | 1.062,7 | 639,7 | 423,0 | 1.072,2 | 646,8 | 425,4 | | Parados/as | 131,8 | 53,7 | 78,1 | 148,3 | 57,8 | 90,5 | | Inactivos/as | 1.163,3 | 430,9 | 732,4 | 1.151,8 | 427,4 | 724,3 |  | | Fonte: IGE. EPA. Dados en miles |
Mália representar as mulleres máis do 52% da povoación galega con máis de 16 anos, é dicer, en idade de traballar, a falla dunha plena incorporación das mesmas ao mercado de traballo queda en evidéncia coa primeira variábel que mide esta situación: activos/activas. Somente o 41,6% das mulleres en idade de traballar, están traballando ou en busca de emprego, fronte ao 62,2% dos homes. Esta baixa taxa de actividade e forte diferenza de máis de 20 pontos con respeito aos homes, que xa é histórica no mundo do traballo en Galiza, explica-se polas enormes dificuldades con que se encontran as mulleres galegas para incorporaren-se ao mundo laboral. A falla de postos de traballo coa que nos atopamos reflecte-se nunhas altas taxas de paro asi como períodos moi longos nesta situación até encontrar traballo..., ante o cal, moitas optan por abandonar a busca de emprego e pasan a ser inactivas: amas de casa. A esta elevada inactividade tamén contribue a precariedade na que a maioria das mulleres desenvolven o seu traballo: forte temporalidade, alta rotación no emprego, baixos salários, horários inadecuados..., que fan imposíbel conciliar a vida laboral e familiar, obrigando, maioritariamente á muller, a abandonar o mercado de traballo, para se facer cargo da família. Dicíamos, anteriormente, que a taxa de actividade somente acadaba o 41,6% das mulleres en idade de traballar, pero dese 41,6% de mulleres activas apenas traballan o 82,4% mentres que do 62,2% de homes activos traballan o 91,8%; é dicer, incorporan-se moitas menos mulleres que homes ao mercado de traballo, e destas hai moitas máis paradas que homes. No último ano, o cativo aumento de criación de emprego, un 0,9%, repartiu-se: 0,5 % para mulleres e 1,1% para homes. Atoparon traballo 2.400 mulleres e 7.100 homes, é dicer, case o triple, o cal afonda as fortes diferenzas xa existentes. Xunto a esta cativa criación de emprego entre as mulleres non podemos deixar de falar da calidade do mesmo, e é aqui onde a evolución ainda é máis negativa; proba disto é a evolución do número de asalariados segundo tipo de contrato e sexo neste último ano: | | 2001 | 2002 | Diferenzas | | | | Absolutas | Relativas | | Empresários sen asalariados | 196,8 | 186,1 | -10,7 | -5,4 | | Empresários con asalariados | 64,1 | 65,7 | 1,6 | 2,5 | | Axudas familiares | 47,2 | 35,4 | -11,8 | -25,0 | | Asalariados/as | 750,1 | 780,8 | 30,7 | 4,1 | | Outros | 4,6 | 4,2 | -0,4 | -8,7 | | Total | 1.062,7 | 1.072,2 | 9,5 | 0,9 |  | | Fonte: EPA. IGE. Médias anuais. Dados en miles. |
O emprego que se criou en 2002 foi emprego asalariado fundamentalmente -agás un leve aumento das empresárias con asalariados-, no resto das categorias destrue-se emprego tanto entre os homes como entre as mulleres; asi neste intre, o 71,5% das mulleres galegas participan no mercado laboral como asalariadas. Este forte incremento da asalarización que se está producindo en Galiza é debido, fundamentalmente, ao declive que desde hai anos, e sen perspectivas de cámbio, está a padecer o sector primário en Galiza. O peche de explotacións agrárias, ao que ano tras ano estamos asistindo, destrue -xunto ao posto de traballo do titular da explotación, xeralmente un home- o da axuda familiar correspondente, xeralmente a unha muller. No resto dos sectores económicos o peso dos asalariados é moito maior, e é nestes, onde se está criando o pouco emprego novo en Galiza. Pero este aumento da asalarización vén acompañado dun medre da temporalidade en Galiza; os dados do último ano son alarmantes. Vemos como no ano 2002 o aumento do emprego asalariados foi maioritariamente emprego temporal no caso das mulleres, mentres que entre os homes medrou máis o emprego fixo que o temporal; asi, a taxa de temporalidade feminina aumentou fortemente e a masculina desceu. | Porcentaxe de asalariados segundo tipo de contrato e sexo |  | | | 2001 | 2002 | Homes | Mulleres | Total | Homes | Mulleres | Total | | Contrato indefinido | 66,8 | 64,1 | 65,7 | 67,2 | 62,0 | 65,2 | | Contrato temporal | 33,2 | 35,9 | 34,2 | 32,8 | 38,0 | 34,8 | | Total | 100 | 100 | 100 | 100 | 100 | 100 |  | | Fonte: EPA. IGE. Médias anuais. Dados en %. |
| A taxa de temporalidade entre as mulleres situa-se no 38% |
Con estes dados a taxa de temporalidade feminina disparou-se até un 38% (5,2 pontos superior á masculina e 2,1 pontos superior ao ano anterior), mentres a dos homes está por debaixo do 33% e por debaixo da do ano anterior. Ainda que ambas son moi altas, no caso das mulleres é alarmante; é a primeira vez na história que se acadan estes valores. Un 38% de temporalidade feminina é inadmísibel, máxime nun momento onde se están destinando cuantiosos fundos públicos para paliar esta situación, fundos que se veñen dotando desde 1997, a raiz da reforma laboral deste mesmo ano, e acadan de média os 36 millóns de euros anuais, só os destinados pola Xunta de Galiza a medidas activas de emprego, sen ter en conta os destinados polo governo central. A inestabilidade no emprego fora o argumento principal para xustificar a devandita reforma, e a incidéncia da mesma é maior no caso dos homes que no das mulleres, co agravante de que as mulleres son máis numerosas entre os colectivos de desempregados nos que a contratación se pretendia inducir. Os dados son significativos: no ano 1996, anterior á reforma, a taxa de temporalidade entre as mulleres era do 31,6%, a dia de hoxe está no 38%. O aumento da precariedade foi alarmante. A temporalidade é froito do tipo de contratos utilizado. No caso das mulleres o ter unha maior temporalidade significa que aumentou o número de contratos de duración temporal asinados por elas. No cadro seguinte vemos, segundo as distintas modalidades de contratación, os contratos asinados por sexo ao longo de 2002. Temos que ter en conta antes de analisarmos os dados que modificacións metodolóxicas producidas a finais do 2001, non permiten comparacións homoxéneas nalguns casos con anos anteriores. Os contratos a tempo parcial desapareceron como contratos iniciais a partir de decembro de 2001; cada contrato sumara todos os formalizados baixo a sua modalidade independentemente do tipo de xornada. Esta modalidade ao ser moi utilizada entre as mulleres e agora está repartida entre as outras, fai que as comparacións non poidan ser directas con anos anteriores. | Porcentaxe de asalariados segundo tipo de contrato e sexo |  | | | 2001 | 2002 | Homes | Mulleres | Total | Homes | Mulleres | Total | | Duración temporal | 382.955 | 274.446 | 657.401 | 370.293 | 287.045 | 657.338 | | Por obra ou servizo determinado | 160.505 | 67.492 | 227.997 | 173.241 | 95.532 | 268.773 | | Eventual por circunstáncias da producción | 127.141 | 67.122 | 194.263 | 141.937 | 120.898 | 262.835 | | Interinidade | 16.248 | 33.443 | 49.691 | 18.772 | 42.326 | 61.098 | | Temporal para minusválidos | 315 | 77 | 392 | 358 | 107 | 465 | | Substitución por xubilación aos 64 anos | 53 | 29 | 82 | 24 | 20 | 44 | | A tempo parcial | 44.388 | 82.100 | 126.488 | | | | | Prácticas | 2.958 | 2.731 | 5.689 | 3.324 | 3.030 | 6.354 | | Formación lei 63/97 | 8.199 | 4.459 | 12.658 | 9.265 | 5.577 | 14.842 | | Minusválidos en CEE | 285 | 166 | 451 | | | | | Temporal de inserción | | | | 2.453 | 2.331 | 4.784 | | Xubilación parcial | | | | 411 | 18 | 429 | | Outros | 22.863 | 16.827 | 39.690 | 20.508 | 17.206 | 37.714 | | Duración indefinida | 18.091 | 10.224 | 28.315 | 17.964 | 13.227 | 31.191 | | Indefinidos ordinários | 11.169 | 2.722 | 13.891 | 12.205 | 4.281 | 16.486 | | Indefinidos lei 63/97 | 6.502 | 7.371 | 13.873 | 5.077 | 8.766 | 13.843 | | Minusválidos | 420 | 131 | 551 | 286 | 127 | 413 | | Relevo | | | | 396 | 53 | 449 | | Total contratos | 401.046 | 284.670 | 685.761 | 388.257 | 300.272 | 688.529 |  | Fonte: Elaboración própria a partir dos dados do INEM. Nota: No cadro anterior fallan os dados de convertidos en indefinidos ao non dispormos desta información por sexos; son, polo tanto, todos contratos iniciais. |
Entre os homes, desceu o número de contratos temporais asinados no último ano con respeito ao anterior, mentres que entre as mulleres aumentou. Ainda que tamén aumentou o número de fixos, en valores absolutos foi moito maior o aumento dos de duración determinada, de aí o forte aumento da temporalidade que sofreron estas últimas. O 95,6% dos contratos rexistrados a nome de mulleres foi baixo algunha das modalidades de duración temporal vixentes, sendo as modalidades máis utilizadas, por obra ou servizo determinado e eventuais por circunstáncias da produción (en torno ao 80% do total); estes últimos cun forte aumento no último ano ao absorber a maioria dos anteriores a tempo parcial. Os contratos eventuais por circunstáncias da produción, que se están a converter nos máis utilizados polas mulleres, son contratos de moi escasa duración; aproximadamente no 50% dos casos teñen unha duración inferior ao mes, e como moito duran 6 meses. Os contratos de interinidade son contratos asinados por mulleres nun 70% dos casos. Dentro dos indefinidos temos que salientar que os subscritos ao abeiro da lei 63/97 aumentaron considerabelmente neste último ano entre as mulleres, convertendo-se estas en maioritárias dentro da modalidade. Á vista do anterior é lóxico que, xunto coa elevada temporalidade, persista unha alta rotación do emprego. No ano 2002, 115.300 mulleres con contrato temporal asinaron unha média de 2,5 contratos ao ano, o que nos dá unha aproximación da escasa duración dos contratos temporais. Á alta temporalidade e elevada rotación do emprego temos que sumar as altas taxas de desemprego, como a seguir se especifica: | Taxas de paro por idade e sexo |  | | | Homes | Mulleres | Total | 2001 | 2002 | 2001 | 2002 | 2001 | 2002 | | Menores de 29 anos | 17,5 | 18,5 | 30,2 | 29,7 | 20,0 | 23,4 | | De 30 a 45 anos | 5,8 | 6,9 | 14,8 | 16,5 | 9,6 | 11,1 | | Máis de 45 anos | 4,7 | 4,3 | 5,1 | 6,3 | 4,7 | 5,0 | | Total | 7,7 | 8,2 | 15,6 | 17,5 | 11,0 | 12,2 |  | | Fonte: EPA. IGE. Médias anuais. Dados en %. |
En xeral, as mulleres sofren unha taxa de desemprego que máis que dobra á dos homes (17,5% fronte a 8,2%), feito que se agravou no último ano ao aumentar médio ponto a taxa de paro masculina e case 2 pontos a feminina. Entre as mulleres novas a situación ainda é máis grave, perto do 30% das mesmas non encontran traballo; cando nestas idades a formación non ten por que ser un atranco, a diferenza cos homes segue a ser importante: 11,2 pontos. Xunto ás elevadas taxas de paro, a permanéncia nesta situación é moito máis elevada no caso das mulleres que no dos homes; de feito o 69,2% dos parados de longa duración son mulleres. Á vista de todo o exposto, podemos resumir que a situación laboral da muller en Galiza é moi preocupante, e dista moito de ter acadado os níveis de igualdade que as leis lle recoñecen: - baixa taxa de actividade: 41,6% mulleres, 62,2% homes
- altas taxas de paro: 17,5% mulleres, 8,2% homes
- alta temporalidade no emprego: 38% mulleres, 32,85 homes
- forte rotación no emprego
- períodos longos de permanéncia como paradas: 69,2% dos parados de longa duración son mulleres...
A desigualdade, a discriminación e a precariedade encontran-se en todo o percorrido laboral da muller: na fase de incorporación, na permanéncia no mesmo e incluso na salida. Cumpren, xa que logo, medidas efectivas que rompan con esta situación, perniciosa non só para as mulleres, senón para o desenvolvemento xusto e equilibrado dunha sociedade. Vigo, 28 de febreiro de 2003.
Natividade López Gromaz. Gabinete Técnico Confederal.
|