Actualidade CIG-Comunicación-
Celebrarase unha Mesa Redonda o día 7 de marzo ás 18:30 horas, para debater sobre a Precariedade Laboral no local do Sindicato en A Coruña.
Celebrarase unha concentración o día 10 de marzo ás 18:30 horas, na Rúa Real de Ferrol. Haberá unha Mesa Redonda o día 20 de marzo, para debater sobre a Precariedade Laboral no local do Sindicato en Ferrol.
Celebrarase unha concentración o día 7 de marzo ás 12 horas, diante da Confederación de Empresarios de Lugo.
Haberá unha Asemblea de delegadas o día 7 de marzo ás 10:00 horas no local do Sindicato en Pontevedra. Posteriormente, o mesmo día ás 12:00 horas, levarase a cabo unha concentración na Praza da Ferrería.
Celebrarase unha Mesa Redonda o día 7 de marzo ás 17:00 horas, para debater sobre a Precariedade Laboral no local do Sindicato en Santiago. Posteriormente, o mesmo día ás 20:00 horas, levarase a cabo unha concentración na Praza do Toural.
Celebrarase unha concentración de delegadas o día 7 de marzo ás 10:00 horas no local do Sindicato en Vigo para posteriormente saír á rúa para levar a cabo un acto público de carácter lúdico-reivindicativo, sobre ás 12:00 horas. O mesmo día 7 de marzo, ás 17:30 horas, levarase a cabo a proxección da película “Pan e Rosas” no Salón de Actos do sindicato en Vigo, para posteriormente manter un debate sobre a situación actual das traballadoras galegas. | ||||||
ÚLTIMA REVISIÓN: 05/03/2003 |