Actualidade  Vigo, 11 de marzo de 2003
Convenio da Banca Privada Comunicado nº 3
A sesión da reunión da Mesa Negociadora do Convenio do xoves 6 de marzo, limitouse á exposición das distintas plataformas dos sindicatos nela presentes.
Na mesma, unha vez máis, quedou constatada a negativa por parte da patronal AEB, á solicitude da CIG, ELA e LAB, de constituír Mesas Negociadoras en Galiza e Euskadi. Como denominador común en tódalas plataformas, destacamos os seguintes puntos: - De ningunha maneira se pode asinar un convenio por catro anos.
- A perda de poder adquisitivo dos nosos salarios ten que levar a unha suba salarial que teña en conta a recuperación desta perda. Dende a CIG defendemos un incremento do 6% con cláusula de revisión á alza do IPC + 2 puntos.
- Xornada de 35 horas semanais de 8 a 15 horas, cos sábados libres.
- Ampliar o número de licencias retribuídas e incrementar os días de vacacións.
- Revisar aspectos regresivos recollidos no actual convenio vixente como son:
- Eliminación da Mobilidade Xeográfica a 25 km.
- Categorías e funcións.
- Eliminación da Cláusula de Absentismo.
- Recoñecer o dereito aos complementos de pensións para o persoal ingresado despois de marzo do 80.
Como remate da reunión, a patronal AEB tomou a palabra para comunicarnos que nos dará unha resposta na vindeira xuntanza do día 18 de marzo, se é que ten tempo de estudiar tódalas propostas presentadas. Seguiremos informándovos da marcha das Negociacións. Galiza, a 7 de marzo de 2003.
|