ActualidadeVolver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade


Vigo, 7 de marzo de 2003

Convenio de Aforro
Comunicado nº 1
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


O 5 de marzo de 2003 constituíuse en Madrid a Mesa Negociadora do Convenio Colectivo das Caixas de Aforros. A Federación de Aforro da CIG presentou a súa plataforma en aras da consecución do Convenio Galego de Caixas de Aforros, que reproducimos a continuación.


Plataforma Convenio Galego de Aforro


Vixencia

Ano 2003.

Salarios

Suba Salarial: 6% con cláusula de revisión á alza IPC + 2 puntos.

Número de pagas persoal nova entrada: Fin da discriminación para o persoal de nova entrada.

Salario base categorías inferiores: Equiparación do Salario Base para aquelas categorías con retribucións por baixo do Salario Mínimo máis alto dos regulados por lei na Unión Europea.

Xornada e Tempo de Libranza

Xornada laboral: 35 horas en cómputo semanal. Libranza dos xoves polo serán. Horario de 8 a 15 horas.

Vacacións: Incremento das vacacións a 27 días hábiles.

Permisos: Seis días de licencia retribuída.

Premio aos 25 anos de servicio: 27 días hábiles máis de vacacións.

Horas extras: Calquera extensión da xornada deberá ser comunicada previamente aos Comités de Empresa.

Mobilidade Xeográfica

Dada a dispersión da poboación e a propia orografía do país, eliminación na Galiza dos desprazamentos ata os 25 km.

Emprego

Oferta Pública de Emprego: Regularase o acceso ás Caixas de Aforros mediante oposicións públicas. Compromiso de creación de emprego por empresas e por territorios.

Contratación: A contratación será en tódolos casos mediante contrato indefinido, cun período de proba de 3 meses.

Calquera contratación temporal dará dereito á percepción dunha indemnización de cinco días por mes traballado que se pagará rateada en cada nómina mensual.

Utilización de ETT's: Durante a duración do Convenio as entidades comprometeranse á non utilización dos contratos de posta a disposición. O persoal que durante os últimos anos fora contratado por medio desta modalidade, formará parte dunha bolsa para a súa incorporación ao cadro de persoal das empresas.

Carreira Profesional

Auxiliares e Oficiais Segundas: Creación dun sistema de ascenso de categoría, promoción dende Auxiliar Administrativo "A" a Oficial Segunda en cinco anos; ascenso a Oficial Primeira aos dez anos.

Clasificación de Oficinas: Categoría mínima en postos de responsabilidade Xefe de 6ª B.

Saúde Laboral

Creación dun Servicio Mancomunado Galego de Saúde Laboral.

Recoñecemento dos postos de ventaíña como postos de traballo PVD (pantallas de visualización de datos). Regulación como dereito das recomendación establecidas na Lei de Saúde Laboral.

Comisións Internas a Nivel de Empresa

Creación dunha Comisión pola Igualdade de Oportunidades, que regulará o seguinte:

  • Medidas para garantir a promoción profesional das mulleres no seo das empresas camiño da igualdade real.

  • Eliminación da linguaxe sexista en toda a documentación da empresa.

  • Regulará a figura de "acoso sexual", definindo o concepto e recollendo as canles de denuncia internas.

  • Introducción de revisións xinecolóxicas e urolóxicas voluntarias nas revisións médicas anuais que se efectúan nas empresas.

  • Garantir e determinar períodos de descanso, cambios de posto de traballo e excedencias a compartir por xestación, lactacións e maternidade.

Comisión pola Normalización Lingüística:

Esta Comisión constituirase como contribución á normalización lingüística do uso do galego nas empresas.

Velará pola realización de cursos de idioma galego dentro do Plano de Formación Profesional; a súa asistencia e bo aproveitamento do curso serán compensadas cun permiso especial de dous días libres.

Dentro dos cursos de Formación no ano 2003, un 50% serán impartidos en galego.
As entidades procederán a galeguización de tódolos impresos de persoal, da normativa interna da empresa, etc.

Como criterio xeral para a cobertura de vacantes en oficinas situadas en Galiza, as Entidades comprometeranse a nomear traballadores/as con coñecemento do galego falado e escrito.

Comisión de Formación:

Esta Comisión participará tanto na elaboración dos Planes de Formación, como nos criterios de Selección do Persoal que asistirá aos cursos.


Galiza, 6 de marzo de 2003.

 
Volver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 07/03/2003