ActualidadeVolver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade


Vigo, 28 de marzo de 2003

Convenio de Aforro
Comunicado nº 2
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


Nós puxemos a leña, agora faise o lume

O 25 de marzo tivo lugar a 2ª reunión da Mesa Negociadora do Convenio Colectivo de Aforro.

ACARL fixo públicas as súas liñas básicas para este convenio:

  • Carreira profesional:

Creación de grupos profesionais en lugar de categorías, segmentando os salarios. Nova estructura focalizada nun sistema obxectivo dirixido aos salarios inferiores.

  • Antigüidade:

Transformación da antigüidade nunha retribución variable.

  • Axuda de estudios:

Vinculada exclusivamente a estudios relacionados coa actividade das caixas.

  • Revisión salarial:

Dependerá do resultado global da negociación.

Pola banda sindical subliñamos a coincidencia nas reivindicacións básicas:

  • Carreira profesional:

Creación dun sistema de ascenso na escala administrativa para cubrir o baleiro do XIII convenio.

  • Salarios:

Recuperación do poder adquisitivo por riba do IPC.

  • Recuperación pagas persoal nova entrada:

Anular o articulado do convenio dos anos 95-97 no relativo á diminución das pagas para o novo persoal.

  • Xornada:

Reducción da xornada laboral e incremento do tempo de descanso.

Dende a CIG, propuxemos unha Resolución da Mesa A prol da Paz e Contra a Guerra, que foi apoiada por CCOO e UGT. Os representantes de ACARL non se adheriron manifestando que non estaban facultados. Así mesmo, solicitouse sensibilidade por parte das entidades para que permitan a participación do conxunto de traballadores e traballadoras nos paros que se están convocando.

A próxima reunión será o día nove de abril.


Galiza, 26 de marzo de 2003.

 
Volver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 28/03/2003