ActualidadeVolver


Vigo, 14 de abril de 2003

Pese á dura oposición da patronal, o paro de dúas horas tivo unha incidencia do 80% nos centros con máis de 50 traballadores
Paros e mobilizacións contra a guerra
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 Clic para aumentar
Clic para aumentar
Polo serán houbo manifestacións en todas as cidades, neste caso tamén se sumou CCOO a nivel de Galiza, ademais da CIG e UGT, e reuniron a miles de persoas malia a forte chuvia. En Vigo foron 50.000 persoas segundo as organizacións convocantes (e a Voz de Galicia) e 20.000 segundo a policía (3.000 para o Correo Gallego).
 
Centos de empresas pararon durante o día 10 de abril en Galiza contra a agresión imperialista a Iraq, convocadas pola CIG e máis a UGT. O paro, de dúas horas por quenda, tivo especial relevancia nas grandes e medianas empresas (un 80% de incidencia nos centros con máis de 50 traballadores). Pódese dicir que foi un éxito, tendo en conta a dificultade que ofrece un paro que non abranga a toda a xornada como se realiza normalmente, e ademais a dura oposición da patronal.

Os empresarios saíron a contestar a folga considerándoa ilegal, por política, como se as súas posturas nono foran tamén e ameazando aos empregados que a secundaran. Pola súa banda CCOO non convocou e o seu organismo executivo e o secretario xeral manifestáronse publicamente en contra, aínda que moitos delegados apoiaron a protesta. Esta postura insolidaria que ademais bota unha man ao governo da direita xeroulle moito debate interno.

A patronal, máis unha vez, e compre dicilo en voz alta, demostrou unha falta total de solidariedade e sensibilidade, como se non lle importaran os mortos e feridos, un país desfeito, e as consecuencias humanitarias e para o futuro dunha guerra ilegal e inxusta. Non todos os empresarios serán iguais, haberá algúns que teñan outra ética, mais os seus dirixentes amosaron que o único que lles importa son os cartos, os beneficios, custe o que custe obtelos, mesmo nas condicións máis noxentas e arrepiantes.

 Clic para aumentar
“La Voz de Galicia” salientaba que o paro foi practicamente do cen por cen en empresas como Citroën, Izar, Adolfo Domínguez, Endesa, Barreras, Pescanova ou Santa Bárbara, e dun 70% na Banca e na Administración.
 
“La Voz de Galicia” salientaba que o paro foi practicamente do cen por cen en empresas como Citroën, Izar, Adolfo Domínguez, Endesa, Barreras, Pescanova ou Santa Bárbara, e dun 70% na Banca e na Administración. Neste xornal destacaban ademais que o ministro Rajoy dicía “que facer folga era un disparate” , que o presidente da Confederación de Empresarios (CEOE) opúñase a doar os salarios perdidos para as ONGs que operan en Iraq, e que o secretario xeral de CCOO fora abucheado na manifestación de Madrid.

O “Faro de Vigo” indica que o paro afectou na comarca de Vigo a Citroën, Pescanova, Vulcano, Freire, Barreras, Asientos de Galicia, Carnaud, Viza, Astra Zeneca, Cerqueira, Orbe, Conservas Iglesias, Seragua, Garevol, Prevent Vigo, Genentech España, Dalphi Metal, Plymouth Ribber, Erma, Pegufrom Iberica, Rodman Poliships... Pola súa parte a patronal asegura que a incidencia da folga foi practicamente nula, manténdose nos seus niveis ordinarios a producción.

 Clic para aumentar
As concentracións que se fixeron pola mañá, e que contaron co apoio dos estudantes que pararon durante a xornada, axuntaron miles de persoas en todas as cidades. Por exemplo: máis de catro mil en cada unha das manifestacións de Vigo e Ferrol.
 
As concentracións que se fixeron pola mañá, e que contaron co apoio dos estudantes que pararon durante a xornada, axuntaron miles de persoas en todas as cidades. Por exemplo: máis de catro mil en cada unha das manifestacións de Vigo e Ferrol. Xogou en contra de concentracións máis numerosas o feito de que dúas horas de paro non daba tempo material para se desprazar dende os centros de traballo industriais ate os lugares de reunión, por eso a maioría das empresas concentráronse ás portas das factorías e centros de traballo, como xa estaba previsto.

Polo serán houbo manifestacións en todas as cidades, neste caso tamén se sumou CCOO a nivel de Galiza, ademais da CIG e UGT, e reuniron a miles de persoas malia a forte chuvia. En Vigo foron 50.000 persoas segundo as organizacións convocantes (e a Voz de Galicia) e 20.000 segundo a policía (3.000 para o Correo Gallego); en Ferrol 10.000 (5.000 segundo la Voz), A Coruña máis de 10.000, Pontevedra 3.000, Compostela 2.000, e outros tantos en Ourense e Lugo.

 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/04/2003
cig.informatica