ActualidadeVolver


Vigo, 21 de abril de 2003

1º de Maio, Dia Internacional da Clase Traballadora
Por Galiza, pola paz, contra o imperialismo
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 Clic para aumentar
A unidade de toda a clase traballadora galega ten que servir para enfrontar-nos con máis forza ás políticas neoliberais, ás agresións imperialistas, aos atentados contra o meio ambiente, á irresponsabilidade dos políticos (PP) que nos gobernan, e poidamos desde o movemento obreiro contribuír co noso esforzo á conquista dunha sociedade galega máis libre, máis xusta, máis solidaria, máis igualitaria e máis soberana.
 
Afrontamos a celebración deste 1º de maio nunha situación a nível galego e a nível internacional marcada polas grandes mobilizacións sociais en resposta á catástrofe do Prestige e a invasión de Iraque.

O modelo capitalista neoliberal, imperante hoxe a nível mundial, baseado no lucro, na especulación, no control monopolístico dos principais sectores económicos, na concentración do poder económico, político e militar, na desigualdade entre clases e pobos, na inxustiza social, etc, non está disposto a respeitar nen o ecosistema, nen os direitos humanos, nen a soberanía dos pobos, diante do seu afán e necesidade de obter beneficio económico ao custo que sexa, incluíndo a agresión, a destrucción e o asasinato masivo.

Este modelo de capitalismo neoliberal, capitaneado polo imperialismo americano, e que conta co respaldo do Goberno español e do PP, é o causante de accidentes como a marea negra que emporcou as costas galegas, da invasión de Iraque, do recorte de direitos laborais, da reducción e privatización do sistema público de protección social, da precariedade laboral e do paro, fame e miseria de millóns de cidadáns no mundo.

A clase traballadora galega, a sociedade en xeral, seguimos a ter moito que reivindicar e polo que seguer a mobilizar-nos. A catástrofe ocasionada polo afundimento do Prestige segue estando presente, segue habendo aínda moito fuel no mar, fixo-se unha lavada de cara das nosas costas pero a recuperación do meio mariño e as inversións para contrarrestar os negativos efectos económicos e sociais da marea negra, non aparecen por ningures.

 
Manifestacións 1º de Maio de 2003
HoraLocalidadeLugar
12:00A CoruñaPraza da Palloza.
12:00A MariñaCasa do Mar.
12:00FerrolPraza da Constitución (Cantón).
12:00PontevedraPraza da Ferreiría.
12:00VigoCruce Urzaiz con Travesía de Vigo (Os Choróns).
12:00VilagarcíaConcello.
12:30LugoEdificio Multiusos da Xunta.
12:30OurensePavillón Municipal dos Remedios.
12:30SantiagoAlameda.
 
Os EEUU gañaron a guerra en Iraque e fixeron-se co petróleo, pero a catástrofe humanitaria que provocaron, a inestabilidade mundial xerada coa súa política belicista e imperial son unha realidade actual e incuestionabel.

As políticas neoliberais que está a aplicar o PP de recorte de direitos laborais e sociais, de privatización dos servizos públicos ou de recorte do poder adquisitivo dos salarios seguen-nos a afectar todos os dias.

A todo esto temos que engadir-lle a necesidade da clase traballadora galega de contar cun marco proprio de relacións laborais, con plenas competencias en materia de emprego, formación, negociación colectiva, etc.

A unidade de toda a clase traballadora galega ten que servir para enfrontar-nos con máis forza ás políticas neoliberais, ás agresións imperialistas, aos atentados contra o meio ambiente, á irresponsabilidade dos políticos (PP) que nos gobernan, e poidamos desde o movemento obreiro contribuír co noso esforzo á conquista dunha sociedade galega máis libre, máis xusta, máis solidaria, máis igualitaria e máis soberana.

 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 29/04/2003
cig.informatica