Actualidade / Opinión  Santiago, 15 de abril de 2003
Sen embargo, viva Cuba (ou Saramago ou Roque Dalton)
| |  | | Un poeta –e guerrilleiro– salvadoreño, de nome Roque Dalton, morto por cousa do imperialismo ianque, dixo unha vez algo así como que estaba moi ben morrer pola Revolución (xustiza social, igualdade, liberdade...) pero que tamén, chegado o caso, había que saber matar por esa mesma Revolución (xustiza social, igualdade, liberdade...). Case nada. | | | Mentres o imperialismo segue a invadir países e esperanzas (Iraq hoxe é só unha cruz máis no plano da hexemonía mundial ianque), algo pasa en Cuba: a revolución resístese á dominación... e Saramago di (El País, 14 de abril) que xa non pode máis, que disinte, que ata aquí chegou, que xa non vai seguir o ronsel da revolución cubana. Os últimos feitos acontecidos, marcados pola acedume da represión sobre a disidencia pro-ianque, afastan ao premio Nobel portugués de Cuba. E un lembra que un poeta –e guerrilleiro– salvadoreño, de nome Roque Dalton, morto por cousa do imperialismo ianque, dixo unha vez algo así como que estaba moi ben morrer pola Revolución (xustiza social, igualdade, liberdade...) pero que tamén, chegado o caso, había que saber matar por esa mesma Revolución (xustiza social, igualdade, liberdade...). Case nada. Así as cousas, é triste estar na tesitura de ter que sucumbir ás palabras de Saramago ou ás de Roque Dalton, mais tal día como hoxe hai que optar. A miña elección é por Cuba, polo pobo cubano e a súa Revolución, e contra o imperialismo. Se fose posíbel, hoxe querería parecerme a un home que se chamou Roque Dalton. Santiago de Compostela, 14 de abril de 2003.
|