Actualidade CIG-Comunicación- Os dados de Europa Press eran os seguintes: 60.000 en Vigo, 15.000 en cada unha das mobilizacións de A Coruña e Ferrol, 10.000 en Lugo, 7.000 en Pontevedra, 5.000 en Compostela e Ourense (nesta última cidade as centrais sindicais convocantes acreditaban 7.000 manifestantes) e 3.000 en Vilagarcía. Na Mariña de Lugo serian máis dun cento os concentrados en San Cibrao. Foron, sen dúbida, as manifestacións do 1º de Maio máis grandes da historia de Galiza. Estas mobilizacións tiveron como eixo central a oposición á guerra e ocupación de Iraq, a esixencia de solucións pola catástrofe do Prestige e pedir responsabilidades e demisións, e medidas contra o desemprego e a precariedade laboral. Reproducimos a continuación a intervención na manifestación de Vigo do secretario xeral da CIG, Suso Seixo. Compañeiras e compañeiros: En nome da dirección da CIG, un saúdo fraternal e solidario e o noso agradecemento pola vosa participación nesta enorme manifestación que estamos a celebrar na cidade de Vigo, ao igoal que en todas as cidades de Galiza e do mundo, para conmemorar o 1º DE MAIO, unha data simbolo da loita de todos os traballadores e traballadoras pola conquista dos nosos direitos e da nosa liberdade como clase. Afrontamos a celebración deste 1º de maio, nunha situación, a nível galego e a nível internacional, moi marcada por acontecementos como a catástrofe ecolóxica e económica que sofreu Galiza, debido ao afundimento do petroleiro Prestige perto das nosas costas, asi como, pola recente agresión militar e ocupación colonial de Irak. Feitos que teñen provocado unha resposta masiva do noso pobo, coa participación en numerosos actos e manifestacións de rexeitamento a estes atentadados contra a economia, os direitos e a dignidade dos pobos e das persoas. O modelo de capitalismo neoliberal, triunfante hoxe en todo o mundo, capitaneado polo imperialismo americano, que conta en moitos casos coa complicidade da Unión Europeia, e de forma clara co apoio do Goberno Español e do Partido Popular, é o causante da agresión contra o pobo iraquiano, ao igual que foi no seu momento da agresión ao pobo iugoslavo ou ao pobo de Afganistán. Pero este modelo é tamén o responsabel de accidentes como o da marea negra, do recorte de direitos sociais e laborais que nos levaron a facer duas folgas xerais en Galiza nos dous últimos anos, da reducción e privatización dos servizos públicos e sociais, asi como do paro, da precariedade laboral e da miseria que sofren millóns de seres humanos en todo o mundo.
As traballadoras e traballadores galegos temos que erguer a nosa voz en contra deste mundo unipolar que se está a conformar, un mundo hexemonizado e dominado militarmente por unha potencia que nunca representou nen representa, a defensa das liberdades ou dos direitos humanos. A historia, a tráxica historia que ten sobre as suas costas de asasinatos masivos, de invasión de outros paises, de apoio ás dictaduras máis sanguinarias, ou o seu apoio ao xenocidio de pobos como o palestino, son todo un conxunto de exemplos que poñen de manifesto que EEUU representa para a humanidade un enemigo terribel que leva anos sementando guerra, fame, medo e destrucción. Nesta escalada belicista e agresiva, que atenta contra a paz mundial, os Estado Unidos están a contar co respaldo do Goberno español e do Partido Popular. Un apoio cargado de hipocresía, un apoio interesado, un apoio que busca sacar rédito económico para o capital financieiro español, un apoio demostrativo do racismo e de ansias imperiais do Sr. Aznar, do Sr. Fraga e dos demais dirixentes deste partido. As galegas e os galegos coñecemos ben o talante reaccionario, caciquil, españolista e antidemocrático do PP. Levamos moitos anos sofrendoo nas nosas proprias carnes. O último acontecemento demostrativo da incompetencia dos dirixentes do PP e do seu desprecio para con Galiza, témo-lo co seu comportamento diante da catástrofe ocasionada polo afundimento do Prestige perto das costas galegas. A Xunta de Galiza estuvo desaparecida, converteu-se nunha subdelagación provincial do Goberno español e puxo de manifesto a súa pouca identificación e o seu nulo intere-se na defensa dos intereses de Galiza e das súas xentes. Tuveron que ser os proprios afectados, os traballadores e traballadoras do mar, os que se organizaran e cos seus proprios e escasos meios, se enfrontaran a marea negra, impedindo que a catástrofe ecolóxica i económica tuvera consecoencias ainda máis graves das que está a ter. Mentras tanto, a actitude do PP foi recorrer á mentira, á manipulación, á ocultación da catástrofe, á persecución e descalificación dos miles de galegos e galegas que saímos a rua a manifestar a nosa solidariedade cos afectados, a pedir solucións e a exixir responsabiliadades. Hoxe, seis meses despois da catástrofe, o Partido Popular segue a actuar como se non hoube-se existido, segue a manipular a información ao respeito da mesma e segue a falar de Planos de inversións para Galiza que son pura propaganda. É por esto, que a Plataforma NUNCA MÁIS, ven de covocar de novo a toda a cidadania galega, a unha manifestación nacional a celebrar o domingo, dia 4 de maio, en Santiago de Compostela, e que eu desde esta tribuna animos a todos e a todas a participar na mesma. Compañeiros e compañeiras, a mostra de dignidade que as clases traballadoras galegas demos coas mobilizacións feitas nos últimos meses, de rechazo a política do PP, unha política contraria aos nosos intereses como traballadores/as e como pobo, unha política e unha maneira de gobernar prepotente, arrogante, antidemocrática e de tintes neofranquistas, esa mostra de dignidade, temos que pola tamén de manifesto á hora de exercer o noso voto. O próximo dia 25 de maio temos a primeira oportunidade. Deamos-lle ao noso voto o valor que realmente ten. Utilizemo-lo para por ao frente das insitucións políticas, neste caso nos concellos, a aquelas forzas políticas que teñen demostrado coa sua práctica o seu firme compromiso cos direitos de Galiza e os das suas clases traballadoras, que non teñen dependencia de intereses ou de extratexias alleas a nós. Deamos-lle o noso voto a aqueles homes e mulleres que pelexaron e pelexan porque no noso Pais exista unha democracia real e non a democracia violada que representa o PP. Temos que desde as organizacións sociais, desde a esquerda, desde os movementos antiimperialistas, a traves da organización, da contestación e da mobilizacións social, crear un verdadeiro contrapoder ao poder do capital e do imperialismo. Un contrapoder democrático e popular, un contrapoder que faga posibel o construir a nível internacional unha realidade política i económica nova, baseada na xustiza, na igualdade, no respeito aos direitos humanos e a soberania de todos os pobos do mundo, con ou sen Estado proprio. COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS, SE NOS ORGANIZAMOS, SE NOS MOBILIZAMOS, FAREMOS REALIDADE QUE OUTRO MUNDO SEXA POSIBEL E OUTRA GALIZA TAMÉN. Viva a clase traballadora galega. Viva a unidade e solidariedade dos traballadores e traballadoras de todo o mundo.
| |||||||||
ÚLTIMA REVISIÓN: 02/05/2003 |