Actualidade Santiago, 1 de maio de 2003
Por unha solución definitiva ao barco afundido, manifestación o domingo 4 de maio en Compostela Porque NON ESQUECEMOS, ¡Nunca Máis!
| |  | | A Plataforma “Nunca Máis” ve-se na obriga, no actual contexto, de convocar ao conxunto da sociedade galega a unha nova manifestación, o próximo 4 de maio en Santiago de Compostela, porque NON ESQUECEMOS. | | | Case médio ano despois do desastre do “Prestige” continua a mesma situación de desamparo e indefensión do noso país diante das marés negras, e o mesmo comportamento sobérbio e prepotente do Governo español e da Xunta de Galiza. Despois de numerosas promesas fixo-se pública recentemente a confirmación de que non existe solución definitiva nen urxente aos restos do “Prestige”.Seguen a aparecer manchas de fuel no noso litoral, e cinco meses despois do afundimento, resulta escandaloso que a dia de hoxe non exista un só buque anti-contaminación que poida neutralizar as manchas ali onde hai que facé-lo, no mar, antes de que cheguen ás costas. Prometeron-nos investimentos inexistentes e non orzamentados –“Plan Galicia”-, aprobaron unha normalidade “por decreto”, criminalizaron a tod@s aqueles que cuestionamos a actuación governamental. Pero non resolveron o problema. A Plataforma “Nunca Máis” ve-se na obriga, no actual contexto, de convocar ao conxunto da sociedade galega a unha nova manifestación, o próximo 4 de maio en Santiago de Compostela, porque NON ESQUECEMOS, e porque exiximos o cumprimento de: - É prioritário eliminar os vertidos procedentes dos restos do “Prestige”. A demanda dunha solución imediata e definitiva a esta fonte de contaminación é esencial para garantir o futuro da actividade pesqueira e marisqueira.
- Elaboración e execución dun plano de limpeza e rexeneración dos fundos mariños de toda a plataforma continental e das rias, e de todo o ecosistema danado pola maré negra, contando coa comunidade científica galega e co sector pesqueiro. Este ten que ser o primeiro paso para a posta en marcha dun plano de repovoación por zonas de espécies e recursos mariños afectados, co obxectivo de devolver-lle ao noso litoral a sua inxente riqueza.
- Promover a economia produtiva (pesca, marisqueo, acuicultura, e inducidos), coa finalidade de impedir a emigración, mellorar as rendas no sector, e a riqueza das comarcas afectadas. Cumpre, xa que logo, a elaboración dun Plano Sócio-Económico destinado tamén a mellorar as infraestruturas e os servizos.
- Exixir que a apertura de zonas á pesca e ao marisqueo se faga sempre de acordo co sector e con todas as garantias de control e seguranza alimentar. Mantemos a nosa oposición a propostas condicionadas por intereses de aforro económico e de aparéncia de “normalidade”.
- Exixir responsabilidades políticas a aqueles que mentiron, censuraron información, manipularon á opinión pública, e adoptaron decisións que converteron o desastre do “Prestige” na maior catástrofe económica, social e ecolóxica da nosa história.
|