ActualidadeVolver


Vigo, 26 de xuño de 2003

Percorreron as rúas de Santiago en representación dos 13.000 traballadores do sector na Galiza
250 delegados/as de CIG-Banca e Aforro, contra o bloqueo na negociación dos convenios colectivos
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 Clic para aumentar
Foron perto de 250 representantes sindicais dos 13.000 traballadores e traballadoras que ten o sector na Galiza os que percorreron as rúas de Compostela. A mobilización ía encabezada por unha pancarta co lema “Bancos e Caixas. Paremos a Patronal. Convenios Dignos, Convenios Galegos”, que foi levada por membros do Secretariado Nacional da Federación e polo secretario xeral da CIG, Suso Seixo. (Ver reportaxe gráfica).
Clic para aumentar
 
Delegados e delegadas de tódolos comités de empresa de Galiza do sector financeiro participaron na Manifestación Nacional convocada pola Federación de Banca e Aforro da CIG ante a parálise da negociación colectiva no sector. Os convenios colectivos que regulan as condicións laborais do persoal destes sectores perderon a súa vixencia no ano 2002, e malia os 6 meses transcorridos non houbo avances na negociación.

Foron perto de 250 representantes sindicais dos 13.000 traballadores e traballadoras que ten o sector na Galiza os que percorreron as rúas de Compostela. A mobilización ía encabezada por unha pancarta co lema “Bancos e Caixas. Paremos a Patronal. Convenios Dignos, Convenios Galegos”, que foi levada por membros do Secretariado Nacional da Federación e polo secretario xeral da CIG, Suso Seixo.

Tamén destacaba unha segunda pancarta co lema “Auxiliares Aforro, ascenso XA”, portada por traballadores de caixas entre os que había algúns que xa interpuxeran demandas contra as súas empresas por este motivo.

Durante a manifestación, que fixo unha parada na sede central do BBVA e que rematou na de Caixa Galicia (como entidades representativas dos dous sectores), escoitáronse berros en apoio ás reivindicacións básicas da CIG: “Recuperación poder adquisitivo”, “Sábados libres, serán dos xoves libres”, “Ascenso Auxiliares de Aforro Xa” ou “Convenios Xustos, Convenios Galegos”. Tamén participou na manifestación unha representación da CIG-Mocidade que se destacou durante os berros contra a precariedade laboral: “Emprego digno, fóra as ETT's”, “Non á escravitude, fóra as ETT's”, etc.

Con esta manifestación, a Federación de Banca e Aforro da CIG, dá inicio a un proceso de mobilizacións no sector financeiro, motivado pola prepotencia das patronais da Banca (AEB) e das Caixas (ACARL), no anticipo dun outono quente.


Vigo, 25 de xuño de 2003.

 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 26/06/2003
cig.informatica