ActualidadeVolver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade


Vigo, 23 de xullo de 2003

Convenio de Aforro
Comunicado nº 7
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


A patronal deixa o convenio para setembro


Na reunión do día 22 de xullo, a patronal enumerou as materias sobre as que están dispostos a falar, pero sen facer propostas concretas:

1. Revisión salarial

Farán unha proposta ao final da negociación.

2. Xornada

Non falarán de xornada, horarios, horas extras nin vacacións.

3. Beneficios sociais

Están dispostos a falar da mellora das condicións dos préstamos, vinculando esta mellora a unha revisión do límite de endebedamento. Esta medida prexudicaría ao persoal con salarios máis baixos.

4. Emprego

Están dispostos a falar de estabilidade e da transformación dos contratos temporais en indefinidos. A cambio, solicitan a ampliación do período de proba dos contratos (período de tempo no que o traballador/a pode ser despedido libremente e sen dereito a indemnización).

5. Xubilacións anticipadas e parciais

Ligado ao punto de emprego, solicitan tamén acollerse aos beneficios para as empresas derivados da Lei 35/2002. Os traballadores/as sen cotizacións á Seguridade Social anteriores ao ano 67, non tiñan o dereito á xubilación anticipada, polo que nos casos de prexubilación nas caixas, continuaban en activo ata os 65 anos. Coa modificación proposta, este persoal tería dereito á xubilación anticipada aos 61 anos, cesando a obriga das caixas de cotizar á Seguridade Social e de pagar os complementos de prexubilación. Estes custes serían asumidos agora pola caixa da Seguridade Social.

6. Formación

Insisten en limitar a axuda de estudios ás materias relacionadas coa actividade económica das entidades.

7. Varios

Estarían dispostos a falar tamén de ciberdereitos, autorizando aos sindicatos para que usen o correo electrónico interno, e estarían dispostos a regular o acoso sexual.


Pouco a pouco imos coñecendo as intencións, que non propostas, da ACARL. Teremos que agardar ao 18 de setembro, data da seguinte reunión, para seguir coñecendo as arelas das caixas de aforros.

O convenio queda para setembro.


Galiza, 22 de xullo de 2003.

 
Volver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 23/07/2003