ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 10 de setembro de 2003

Concentración o 11 de setembro diante do local da CIG, ás 18h
30 aniversario do golpe de Estado en Chile e do inicio do xenocidio latinoamericano

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 Clic para aumentar
30 anos do golpe de Estado en Chile. Non a impunidade dos xenocidas.
 
O 11 de setembro, ás 18 horas terá lugar, diante do local da CIG, unha concentración co obxectivo de manifestar solidariedade cos traballadores e o povo de Chile no 30 aniversario do golpe de Estado realizado polo xenocida Augusto Pinochet.

Con este acto queremos homenaxear ao presidente Salvador Allende, a Miguel Enríquez, a Víctor Jara e a tantos en tantos miles de militantes políticos, sindicais e sociais que foron asasinados pola ditadura no marco do Plan Condor dirixido polo imperialismo norteamericano.

Este acto é tamén unha homenaxe a todas as vítimas do xenocidio latinoamericano: Arxentina, Uruguai, Colombia, Perú, Guatemala etc. Centos de miles de persoas que desapareceron, foron asasinadas, estiveron presas ou tiveron que exiliarse.

Tamén queremos recordar a vítimas galegas dese xenocidio: Elsa Martínez Mesejo; Inés Ollero, Ramón García Ulloa, Dolores Iglesias, José Nicasio Fernández Álvarez, Rubén Castro Fernández, Juan Carlos Casariego de Bel, Urbano López Fernández, Manuel Ramón Souto Leston, Manuel Gómez Aguirre, María Seoane Toimil, José Caamaño Uzal, Antonio Adolfo López, Ernesto Fernández Vidal, Víctor Vázquez, José Manuel Monteagudo Ferreiro, Salvador Barbeito, Carmen Aida Castro, Miguel Ángel Cornes, etc.

Convoca: CIG (Confederación Intersindical Galega).

Apoia: Asociación Arxentinos no Exterior e Asociación Uruguaios polo Mundo.

Día: Xoves 11 de setembro de 2003.

Hora: 18 horas.

Lugar: Na porta de entrada do local da CIG en Gregorio Espino, 47, Vigo.

Programa de actividades: Durante o acto lerase un poema de Mario Benedetti comemorativo do 30 aniversario da morte de Allende, e Lorena Lores cantará a canción “Yo pisaré las calles nuevamente”.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 10/09/2003