Actualidade Santiago, 16 de setembro de 2003
A CIG exixe que o PP obrigue ao alcalde de Dozón a cumprir a lei e cese o acoso contra Ana Lois
| |  |  | | Despois de catro anos de loita e máis de vinte sentenzas xudiciais a favor dos traballadores, o conflito de Dozón está enquistado ante as bulras do alcalde, Adolfo Campos, ás decisións xudiciais e a vista gorda do sistema de xustiza ante os abusos reiterados da autoridade municipal. | | | | Unha concentración multitudinária diante da sé central do PP de Galiza, en Santiago, fixo entrega á dirección dese partido de máis de 2.000 postais exixindo que se tomen medidas políticas para que o alcalde de Dozón, Adolfo Campos, cumpra a lei e cese o acoso contra a delegada da CIG nese Concello, Ana Lois Navaza.Delegadas e representantes da Secretaria da Muller da CIG, ademáis dun significativo número de cadros e delegados/as da central sindical nacionalista fixeron acto de presenza o pasado mércores 13 de setembro na rua do Hórreo, en Compostela. Despois de catro anos de loita e máis de vinte sentenzas xudiciais a favor dos traballadores, o conflito de Dozón está enquistado ante as bulras do alcalde ás decisións xudiciais e a vista gorda do sistema de xustiza ante os abusos reiterados da autoridade municipal. Hai unha bulra total ás decisións xudiciais por parte do alcalde. Cada vez que a CIG gaña un proceso, o alcalde o executa de mala gana e toma outra decisión imediatamente que anula de feito a sentenza anterior. Eso obriga a recurrir esta nova decisión. O alcalde ordena cada vez novos actos administrativos o que obriga a estar permanentemente recurrindo as suas decisións. Entón, se gaña un acto, si, pero cria outro e así xa levamos máis de 20 sentenzas.
|