Allende 30 anos
11 de setembro de 1973 / 10 de setembro de 2003
E así é como hoxe se governa a Chile, sen o povo
Para matar ao hombre da paz
Para golpear a súa fronte de pesadelos
Tiveron que converterse en pesadelo,
Para vencer ao home da paz
Tiveron que congregar a todos os ódios
E ademías os avións e os tanques
Para bater ao home da paz
Tiveron que bombardealo, facelo chama,
Porque o home da paz era unha fortaleza.
Para matar ao hombre da paz
Tiveron que desatar a guerra turbia,
Para vencer ao home da paz
E afogar a súa voz modeata e taladrante
Tiveron que empurrar o terror até o abismo
E matar máis para seguir matando
Para bater ao home da paz
Tiveron que asasinalo moitas veces
Porque o home da paz era unha fortaleza.
Para matar ao hombre da paz
Tiveron que imaxinar que era unha tropa,
unha armada, unha hoste, unha brigada,
Tiveron que crer que era outro exército,
Pero o home da paz era tan só un povo
E tiña nas súas mans un fúsil e un mandato
E eran necesários máis tanques, máis rancores
Máis bombas, máis avións máis oprobios
Porque o home da paz era unha fortaleza.
Para matar ao home da paz
Para golpear a súa fronte limpa de pesadelos
Tiveron que converterse en pesadelo,
Para vencer ao hombre da paz
Tiveron que afiliarse sempre à morte
Matar e matar máis para seguer a matar
E condearse à blindada soiedade,
Para matar ao home que era un povo
Tiveron que quedarse sen o povo.
Mario Benedetti.